O Plan de Melloras Bianual (cursos 2018-2019 e 2019-2020) contemplou desenvolver unha acción de mellora, consistente en crear o repositorio de boas prácticas, que se mantivo no plan de melloras seguinte (2021-2022).
O obxectivo desa acción é fomentar a cultura da calidade e estimular as iniciativas que desenvolven os centros neste eido.
As boas prácticas presentadas deben cumprir os seguintes requisitos:
- Solucionar un problema ou contribuír á mellora continua dunha dimensión do sistema de garantía de calidade do centro.
- Ter completado o ciclo de planificación, implementación, avaliación, axuste e mellora.
- Estar aplicándose ou xerando os seus efectos no momento de ser presentada
- Ser eficaz respecto aos obxectivos formulados, eficiente respecto aos recursos empregados e efectiva nas solucións de problemas ou na mellora continua desexada.
- Ser sostible, replicable e innovadora.
- Contar con suficientes evidencias do seu desenvolvemento e eficacia.