A calidade percibida polos axentes ou grupos de interese implicados nos nosos programas formativos mostra o grao de satisfacción coas súas necesidades e expectativas, que deben ser avaliadas e satisfeitas con criterios de excelencia.
A medición da satisfacción realízase na nosa universidade a través, fundamentalmente, de enquisas dirixidas aos distintos grupos de interese. O seu obxectivo é recoller e analizar información válida e fiable respecto da satisfacción do estudantado e dos outros grupos de interese cos programas formativos que permita contribuír á súa mellora e á mellora da nosa universidade.