O recoñecemento as actividades de formación faise atendendo os seguintes requisitos:
- O máximo de horas recoñecidas para cada actividade de formación será de 20 horas.
- O número mínimo de participantes será de 10 persoas.
- Só se poderán recoñecer un máximo de dúas accións por entidade organizativa e curso académico.
Quedan excluídos os congresos e xornadas de difusión do coñecemento, agás aquelas destinadas especificamente á formación do PDI no ámbito docente.
As actividades desenvolveranse entre os meses de setembro e xullo do curso vixente.
As actividades programadas estarán contextualizadas á situación particular de cada centro e encadradas nun dos seguintes ámbitos de formación do PFID.
- Tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á docencia.
- Metodoloxía: estratexias de ensino-aprendizaxe, titoría, avaliación.
- Desenvolvemento profesional.
As solicitudes axustaranse aos modelos normalizados, estarán dirixidas á Coordinación do PFID e serán subscritas pola persoa responsable do centro (decano/a ou director/a) e pola persoa responsable da acción formativa. O periodo de solicitude permanecerá aberto de outubro a xuño de cada curso académico.