A Universidade de Santiago de Compostela aproba no ano 2016 o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero. Esta formación pretende ser unha ferramenta que achegue o mencionado instrumento á realidade do PDI, visibilizandoo e clarificando diversos aspectos sobre o mesmo e sobre a situación do acoso no ámbito universitario.
O ACOSO SEXUAL E ACOSO POR RAZÓN DE SEXO, ORIENTACIÓN SEXUAL E IDENTIDADE DE XÉNERO.
- Concepto.
- Delimitación lexislativa e modelos teóricos.
- Tipoloxía.
- Persoas involucradas.
- O acoso na universidade.
O PROTOCOLO DE ACOSO SEXUAL E ACOSO POR RAZÓN DE SEXO, ORIENTACIÓN SEXUAL E IDENTIDADE DE XÉNERO NA USC.
- Obxectivos.
- Conceptos.
- Persoas destinatarias.
- Órganos competentes.
- Procedemento.
- Comportamentos constitutivos de acoso na USC.
PERCEPCIÓN E SITUACIÓN ACTUAL
Milena Villar Varela. Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Pedagoxía e Didáctica.