Ir o contido principal

Aprendizaxe activa en grupos numerosos

  • 2023/2024

A utilización de metodoloxías activas vese dificultada con frecuencia pola presenza de moitos alumnos en clase (máis de 60). Certamente, as metodoloxías máis ambiciosas (por exemplo, a aprendizaxe baseada en proxectos) son inviables (ou moi difíciles de aplicar) nestas condicións. Pero outras moitas son posibles (e moi beneficiosas) sempre que exista unha planificación coidadosa do traballo que deben realizar os alumnos dentro e fóra de clase. No taller ofreceranse recomendacións e pautas para abordar este reto.