A Intelixencia Artificial (IA) parece algo de antonte, pero trátase dun campo científico e tecnolóxico con máis de seis de seis décadas de vida. O seu impacto social e económico é xa enorme e crece cada día. Está presente en moitos máis sitios dos que pensamos, pero non en todos nos que se di. Como xa non é posible nin vivir nin traballar sin Intelixencia Artificial, mellor saber que é, que podemos esperar dela e como podemos evitar, ou cando menos reducir, os seus riscos. Esta acción formativa será comprensible para calquera persoa, e realizarase mediante unha exposición polo docente, seguida dun tempo para preguntas e diálogo.
-
ORIXE DA IA E BREVE PERCORRIDO HISTÓRICO
-
PRINCIPAIS ESTRATÉXICAS COAS QUE OPERAN OS SISTEMAS BASEADOS EN IA
-
DESENVOLVEMENTO ACTUAL DA IA
-
ALGÚNS EXEMPLOS DE APLICACIÓN
-
IMPACTO SOCIOECONÓMICO DA IA
-
PRINCIPAIS RISCOS DERIVADOS DUN USO INADECUADO DA IA
-
IA FIABLE
Senén Barro Ameneiro. Dpto.Electrónica e Computación. Facultade de Física. USC.