O curso presentará a metodoloxía aprendizaxe-servizo no marco da educación superior. Deste xeito, nun primeiro módulo os/as asistentes poderán coñecer as potencialidades que ten a ApS e diferenciala doutras iniciativas pedagóxicas. Nun segundo momento, deberase deseñar un proxecto. Para isto, irase guiando as/aos participantes na súa construción vinculando as áreas de coñecemento de cadaquén e procurando a súa viabilidade.
1- QUE É A ApS?.
2- A ApS NA UNIVERSIDADE: ORIXES E DESENVOLVEMENTO.
3- A ApS COMO METODOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS DE APRENDIZAXE.
4- O DESEÑO DUN PROXECTO DE ApS.
5- EXPLICACIÓN DE EXPERIENCIAS DE ApS.
Miguel A. Santos Rego. Dpto: Pedagoxía e Didáctica. USC
Mar Lorenzo Moledo. Dpto: Pedagoxía e Didáctica. USC.
Alexandre Sotelino Losada. Dpto: Pedagoxía e Didáctica.
USC. Javier Agrafojo Fernández. SEPIU