O curso analiza o novo Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de Grao e Máster da USC, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2024. O curso facilitará as ferramentas precisas para a interpretación e execución da norma que entra en vigor o 1 de febreiro de 2025, a través da súa abordaxe teórica e práctica, dirixidas cara unha xestión procedemental máis áxil e centrada no estudante.
-
REGULAMENTO EN MATERIA DE RECOÑECEMENTO E TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS PARA OS ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO E MÁSTER DA USC, APROBADO POR ACORDO DO CONSELLO DE GOBERNO DO 24 DE XULLO DE 2024: CUESTIÓNS XERAIS; RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS; TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS
-
DESENVOLVEMENTO DO REGULAMENTO
-
Ada Fernández Fernández. Xefa da División de Asuntos Xerais
-
Marta Otero Crespo. Directora da Área académica