Nos últimos anos a comunidade universitaria está a amosar unha crecente preocupación polo benestar psicolóxico do estudantado. Ademais da existencia na USC dun servizo de atención psicolóxica para atender os problemas que presentan os estudantes, con este curso tratarase de dotar de ferramentas para poder dar unha primeira resposta efectiva ante situacións de risco psicolóxico que se pode dar no contexto universitario e reducir a incerteza que con frecuencia aparece á hora de afrontar estas situacións
-
PROBLEMAS DE TIPO PSICOLÓXICO MÁIS FRECUENTES ENTRE O ESTUDANTADO UNIVERSITARIO
-
CARACTERÍSTICAS E ASPECTOS A TER EN CONTA Á HORA DE PRESTAR AXUDA AOS ESTUDANTES CON PROBLEMAS PSICOLÓXICOS
-
RECURSOS EXISTENTES PARA PRESTAR ATENCIÓN PSICOLÓXICA AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS
-
CARACTERÍSTICAS E FUNCIONAMENTO DA UNIDADE DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA AOS ESTUDANTES DA USC
-
ASPECTOS RELACIONADOS COA CONFIDENCIALIDADE
Pilar Bárcena Daban, Sara Purcell Sobrino e Ana López Durán. Psicólogas Xeral Sanitarias. Servizo de Atención Psicolóxica ós estudantes da USC.