Ir o contido principal

Pensións

O Plan de Pensións da USC é un plan de pensións do sistema de emprego, voluntario, na modalidade de achega definida, no que poden facer a súa dotación o persoal universitario, como partícipes, e a propia USC, como promotora.

  1. Poderá ser partícipe no Subplan/Colectivo de Pensiones 1 o persoal que teña unha relación laboral coa Universidade de carácter fixo ou indefinido así como o persoal laboral con contrato de natureza temporal cun mínimo de un mes de prestación de servizos na USC.
  2. Poderá ser partícipe no Subplan/Colectivo de Pensiones 2 o persoal funcionario de administración e servizos que preste os seus servizos na Universidade mediante unha relación funcionarial indefinida así como de interinidade con un mes de prestación de servizos na USC.
  3. Poderá ser partícipe no Subplan/Colectivo de Pensiones 3 o seguinte persoal docente que preste os seus servizos na Universidade:
    • O persoal de Corpos Docentes Universitarios que se encontre en servizo activo.
    • O persoal docente contratado, que prestase servizos á USC polo período mínimo de un mes nas seguintes categorías:
    • Axudante
    • Profesorado axudante doutor
    • Profesorado colaborador
    • Profesorado contratado doutor
    • Profesorado asociado
    • Profesorado funcionario interino
    • Profesorado interino de substitución.
    • O profesorado emérito queda expresamente excluído deste plan ao estar constituído por persoas xubiladas

O cómputo do mes non se interromperá polo cambio de categoría ou contrato

Para adherirse ao plan as persoas interesadas deben manifestar a súa vontade de integrarse nel, ter a capacidade de obrigarse nos termos establecidos no Texto Refundido de la Ley de Planes y Fondos de Pensiones e disposicións complementarias ou substitutorias e aceptar na súa totalidade e sen limitación algunha as normas de funcionamento deste Plan e as do seu correspondente Fondo.

 

As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario que recibirán na Xerencia da USC, onde comprobarán os datos e encadrarán ao persoal no subplan que corresponda.

Dende a xerencia tramitaranse as solicitudes de alta con Abanca. Cando a alta estea formalizada, dende a sucursal de Abanca elixida na solicitude contactarán coa persoa interesada para concertar unha cita na que se concretarán e asinarán as condicións exactas de adhesión ao Plan de Pensións da USC (contía das achegas, periodicidade etc.

Por parte dos partícipes as achegas poderán ser:

  • Periódicas, cunha periodicidade mensual, trimestral, semestral ou anual
  • Extraordinarias. Son aquelas que o partícipe pode realizar a vontade, de forma única ou non, e sen acollerse a ningunha frecuencia ou contía preestablecida.

Pola súa parte, a Universidade de Santiago de Compostela, cando así se recolla nos seus orzamentos anuais, achegará ao plan unha cantidade anual que se repartirá proporcionalmente entre todos os partícipes en activo do plan.

Segundo o establecido na Lei de IRPF, con carácter xeral, as achegas dos partícipes e as que realiza a universidade, de forma conxunta, no poden exceder o límite financeiro de 8.000 €. Estes límites poden variar en función da normativa estatal, e poden consultarse na páxina da Axencia Tributaria (www.aeat.es).

As achegas realizadas pola universidade, no caso de habelas, teñen un efecto “neutro” na declaración da renda posto que se integrarán como rendementos do traballo e se reducirán da base impoñible.

As achegas individuais (periódicas ou extraordinarias) que realiza o partícipe reduciranse da base impoñible do seu IRPF cos límites fiscais que establece a lei.

Poderá recuperarse o diñeiro do Plan de Pensións cando se produza algunha destas circunstancias:

  • Xubilación ou situación asimilable do partícipe.
  • Incapacidade permanente absoluta, total e grande invalidez que afecte ao partícipe.
  • En caso de dependencia severa ou de gran dependencia.
  • As persoas beneficiarias recuperarán o diñeiro polo falecemento do partícipe.

Así mesmo, os partícipes poderán facer efectivos os seus dereitos consolidados, nos seguintes supostos excepcionais:

  • Enfermidade grave.
  • Desemprego de larga duración.

Contía

A prestación virá  determinada polas achegas realizadas máis os rendementos netos obtidos; a  suma dos dous conceptos denomínase "dereitos consolidados".

Formas de cobro

Poderá percibir a prestación das seguintes formas:

  • Capital: pago único.
  • Renda: temporal ou vitalicia, que pode ser de dous tipos:
    • Renda financeira temporal
    • Renda actuarial vitalicia.
  • Mixta: combinación capital - renda.
  • Outras: Pagos aperiódicos.

A lei permite ao partícipe a máxima flexibilidade á hora de determinar a forma e prazo de cobro da prestación.

Tributación

Cando se percibe a prestación dun Plan de Pensións, esta integrarase totalmente na base impoñible xeral do IRPF, en concepto de rendemento do traballo.

Respecto ás achegas realizadas antes do 31 de decembro de 2006 a lei de IRPF prevé un réxime transitorio polo cal o partícipe terá unha redución do 40 % na contía da prestación, sempre que esta se perciba en forma de capital.

Os propios partícipes adquirirán a condición de beneficiarios/as cando exerzan o dereito a percibir as prestacións que lles correspondan por algunha das seguintes continxencias:

  • Xubilación ou situación asimilable
  • Incapacidade permanente total e absoluta
  • Grande invalidez
  • Dependencia severa ou gran dependencia.

Tamén serán beneficiarias as persoas físicas que exerzan o dereito a percibir prestacións de viuvez, orfandade ou a favor doutros herdeiros por falecemento do partícipe, segundo a última designación expresa das persoas beneficiarias feita polo partícipe.

Se non hai designación expresa por parte do partícipe, serán persoas beneficiarias, por orde preferente e excluínte:

  1.  Os/as fillos/as e descendentes, respecto dos seus pais/nais e ascendentes.
  2. A falta de fillos ou descendentes, os pais/nais e ascendentes respecto dos fillos/as e descendentes.
  3. Cónxuxe viúvo.
  4. Outros herdeiros legais.

Os partícipes do Plan de Pensións da USC, poderán en calquera momento dirixirse a calquera sucursal de Abanca para formular a designación expresa das persoas beneficiarias, ou para modificar unha designación xa feita.

O traspaso dun Plan Individual ao Plan de Pensións da USC non supón custe económico nin fiscal ningún, sendo Abanca Vida e Pensións quen se ocupe de realizar a xestión coa entidade xestora do Plan Individual.

Se se opta por facer o traslado, gozará das seguintes vantaxes:

  • Pagaranse menos comisións
  • Disporase dun maior control, grazas á existencia da Comisión de Control (figura que non existe nos Plans Individuais).

É importante que os partícipes teñan en conta que os dereitos consolidados no Plan Individual, unha vez incorporados ao Plan de Pensións da USC, só poderán ser mobilizados no caso de cese da relación laboral coa universidade ou pola terminación del Plan de Pensións da USC.

 

A mobilización a un plan Individual unicamente é posible en dous casos:

  • Cando a persoa cese na súa relación laboral coa universidade e o regulamento do plan de pensións o permita
  • Por terminación do plan.

A universidade poderá mobilizar a totalidade das partes correspondentes aos dereitos do persoal a outro plan de pensións. Para iso, a Comisión de Control do Plan deberá aprobalo contando coa maioría de votos indicada no regulamento do plan.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2024.