A USC pon ao servizo dos seus empregados (PDI e PAS) un Servizo de Vixiancia da Saúde e un Servizo de Prevención de Riscos, que xestionan revisións médicas, plans de prevención e continxencias como accidentes laborais ou baixas por embarazo. Ademais, Galicia conta cunha rede de 14 hospitais públicos, repartidos polas súas catro provincias, complementada por unha vintena de hospitais de titularidade privada.
En Santiago de Compostela, o centro público de referencia é o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), e en Lugo, o Complexo Hospitalario Universitario de Lugo (CHUL).