Galicia conta cunha rede de autoestradas públicas e de xestión privada que unen todas as capitales de provincia galegas —A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra— entre elas e coas principais cidades da comunidade, como Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo, e que a conectan coa rede de autoestradas española e portuguesa.
Santiago tamén conta con conexión de tren de alta velocidade (Alvia) con Madrid e Barcelona, e no aeroporto Santiago-Rosalía de Castro ofrecen servizo oito compañías, con vos directos a varias cidades españolas (Alicante, Almería, Barcelona, Bilbao, Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote, Madrid e Málaga) e capitais europeas (Basilea, Bolonia, Frankfurt, Xinebra, Londres e París). O aeroporto de Santiago está a unha hora e media de Lugo por estrada e a tres horas en tren.
Santiago de Compostela e Lugo son cidades de tamaño moderado, onde moitos percorridos poden facerse a pe, pero que contan tamén con boas redes de transporte público mediante autobuses.