Ir o contido principal

Marco de acollida e xestión de persoal

A USC pon a disposición dos investigadores e investigadoras que se incorporan á universidade en calquer estadio da súa carreira —predoutoral, postdoutoral ou líder de grupo junior ou senior— unha serie de documentos e recursos que facilitan a súa acollida, así como o coñecemento do marco profesional no que se vai desenvolver a súa actividade.

A continuación, se compendian documentos e plataformas de referencia neste ámbito:

Aprobado polo Claustro da USC en maio de 2007, o Código recolle os principios éticos polos que se rixe a universidade, sustentados na liberdade, igualdade, solidariedade e responsabilidade.

Descarga o Código Ético da USC

Este documento compendia toda a información que requiren os estudantes que queren realizar o seu doutoramento na USC, dende o procedemento de matrícula, a definición do Plan de Investigación ou as prescripcións para a convalidación de títulos estranxeiros.

Descarga o Manual de acollida da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS)

O portal Carreira Investigadora da USC creouse co obxectivo de recoller todas as medidas de acompañamento e servizos de apoio, aplicados a facilitar a incorporación de persoal investigador de excelencia e impulsar o desenvolvemento da súa carreira científica. Para o persoal investigador posdoutoral e senior que se incorpora á USC resulta de especial interese a sección Impulso á consolidación científica.

Accede ao portal Carreira Investigadora

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2022.