Ir o contido principal

Publicacións (CES)

O Centro de Estudos de Seguridade publica regularmente obras relacionadas cos seus eidos de investigación.

Axuntamos ligazóns a algunha das publicacións dos investigadores do centro dispoñibles en formato on line e a outras accesibles en formato físico para todo aquel que estea interesado na súa compra. Non obstante, é posible consultar persoalmente a nosa biblioteca.

Daniel Sansó-Rubert Pascual, secretario adxunto do CESEG, publicou a monografía Terrorismo, seguridad y retraimiento democrático: El declive del Estado de derecho na que se aborda unha cuestión que ven ocupando a atención de todos os países democráticos dende hai décadas: como operar con éxito contra o terrorismo e limitar o seu impacto negativo multinivel. Trátase dunha cuestión fundamental posto que na contenda contra o terrorismo non só está en xogo lograr a súa completa derrota, senón conseguilo ao tempo que se garante a existencia e protección dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, o Estado de dereito e a propia supervivencia da esencia da democracia. Este libro pode mercarse nesta ligazón. Previamente, o profesor Sansó-Rubert publicou Democracia sin democracia. El escudo constitucional contra el poder del crimen organizado, que recolle unha visión ampla do reto que representa o crime organizado e de como esta realidade representa abertamente, non só un problema de seguridade e público e orde públicos, senón unha ameaza grave e directa para os sistemas democráticos e para a orde constitucional. Fronte a este panorama, o autor, tras unha análise en profundidade do fenómeno da delincuencia organizada e da súa repercusión, propón unha serie de medidas que contribúen a conformar un sólido escudo constitucional fronte ao poder do crime organizado que permita a defensa dos sistemas democráticos, as institucións e, especialmente, os dereitos e liberdades públicas protexidos constitucionalmente contra esta lacra. Este último libro pódese adquirir nesta ligazón.

Luis Velasco Martínez, secretario adxunto do CESEG e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, vén de publicar en Bos Aires o libro Fascismo de ultramar. El falangismo español en el Río de la Plata (1936-1943), no que, a través dunha prosopografía dos líderes da sublevación entre a colonia española no Río da Prata e da análise de documentación inédita, o autor reconstrúe a importancia real dalgunhas organizacións e un movemento que distaban de ser anecdóticos, así como tamén a súa dinámica interna, as súas loitas internas e algúns dos motivos que os levaron a ser esquecidos pola historiografía. O libro pódese mercar na seguinte ligazón.

Lorena Casal Otero, secretaria adxunta do CESEG e profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela, publicou co director do CESEG e catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, José Julio Fernández Rodríguez, o artigo "Protección de datos personales en la universidad: hábitos, actitudes y conocimiento del profesorado" no número 26 de Facultade, Revista de Currículo e Formación do Profesorado da Universidade de Granada. O contido deste artigo está accesible na seguinte ligazón. Do mesmo xeito, ambos os dous autores participaron no libro Mejorar la docencia mediante la innovación educativa co capítulo "Aprendizaje-servicio e innovación educativa en la universidad: una experiencia interdisciplinar en torno al discurso de odio" Pódese acceder ao índice do citado libro premendo na seguinte aquí, e tamén se pode adquirir premendo na seguinte ligazón.

Outro dos secretarios adxuntos do centro, Rubén Miranda Gonçalves, profesor da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e do Máster en Seguridad, Paz y Conflictos Internacionales da Universidade de Santiago de Compostela, entre outras publicacións, participou como coordinador no libro Artificial intelligence and human rights, accesible nesta ligazón. Entre a súa obra, tamén destaca o recente artigo "La organización para la seguridad y cooperación en Europa y la promoción y asistencia a los estados miembros en el ámbito de la libertad religiosa y creencias personales", publicado na Revista Brasileira de Estudos Políticos, que se pode consultar aquí.

Do mesmo xeito, outros colaboradores do CESEG publicaron libros e artigos moi recentes. Entre outros, destaca "La privatización de los servicios de inteligencia. ¿Futuro o una vuelta al pasado?" de Miguel Anxo Bastos Boubeta, accesible aquí. Tamén o artigo "Criminal sanctions and IUU fishing: the case of Spain", accesible nesta ligazón e publicado no tomo 147 (ano 2023) da Revista Marine Policy, de Carlos Teijo García, profesor titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC. Do profesor Teijo García, tamén se pode destacar o capítulo "La limitada integración de la lucha contra la pesca ilegal en las estrategias de seguridad marítima de España y la Unión Europea", no libro España e Unión Europea na orde internacional. Este último pódese atopar aquí.

 

No siguiente enlace pódese acceder aos artigos de opinión que José Manuel Estévez-Saá, colaborador do CESEG, columnista, analista de política internacional e profesor universitario, escribe no xornal El Correo Gallego. O acceso á web de contacto do profesor Estévez-Saá atópase nesta ligazón.

Ademais, recomendamos a lectura das seguintes obras e recensións. Cómpre indicar que os títulos están na súa lingua orixinal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2024.