Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O/A alumno/a deberá:
O-1 Coñecer a estructura diacrónica xeral da Historia Universal dende 1945, aínda que con énfase no continente europeo.
O-2 Coñecer os procesos de continuidade e cambio dende a Segunda Guerra Mundial: políticos, económicos, sociais e culturais
O-3 Entender criticamente os factores/axentes que foron configurando a sociedade actuais, e con eles as principais claves explicativas do presente.
O-4 Coñecer as distintas perspectivas e principais debates historiográficos según os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción.
O-5 Saber analizar o presente dun xeito crítico a través da súa perspectiva histórica e dotarse de elementos para unha xenealoxía histórica dos problemas e debates do mundo no que vivimos (crise ecolóxica, conflictos bélicos, dialéctica movementos sociais / institucións políticas, os dilemas da multiculturalidade, etc.).
1º Os procesos de descolonización dende a II Guerra Mundial.
- A causas: a crise das potencias coloniais, a nova dinámica resultante da Guerra Fría, as ideoloxías xustificadoras…
- As vías do proceso de descolonización nos diferentes Imperios.
- O día despois da descolonización: a herdanza da dominación, os condicionantes para a viabilidade dos novos Estados, os atrancos para o nation-building, as interferencias producto da Guerra Fría.
2º EEUU de 1945 á actualidade.
- A evolución do sistema político de 1945 ós anos sesenta.
- As transformacións sociais. O problema racial.
- A revolución conservadora.
- Dinámicas recentes da sociedade estadounidense.
3º. O bloque comunista.
- A URSS entre o stalinismo e a Perestroika.
- Os países satélites: evolución política, cultural e socioeconómica.
- A caída do bloque do Leste.
- Herdanza e memoria do “socialismo real”.
4º. A Europa Occidental.
- A inmediata postguerra. A depuración, a reconstrucción institucional, a recuperación económica. O proceso de construción europea.
- Aspectos xerais e contexto histórico: democracia e sociedades de benestar.
- A cultura democrática. Movilización e carácter difuso do apoio social: os novos movementos sociais.
- Maio do 68. Análise e consecuencias.
- A crise dos anos setenta.
5ª A Aldea Global no século XXI
- O proceso de “globalización capitalista”. Transformacións tecnolóxicas e dinámica económica finisecular. O poder da comunicación.
- As transformacións na sociedade: o ‘posfordismo’. Novas formas de protesta social.
- A nova sociedade civil. O espacio de participación non lucrativo. As ONG.
- A diversidade étnica e cultural. A emigración no mundo da globalización. Racismo e xenofobia.
- Nacionalpopulismo. Unha reacción occidental?
- As dinámicas de xénero.
- Os retos medioambientais.
6º. As guerras do noso tempo.
- A guerra fria. Dinámica global do enfrontamento entre bloques.
- A guerra nos comezos do século XXI. Redes e conflicto internacional.
- Os novos formatos de conflicto: terrorismo internacional .
Bibliografía básica
-ARTOLA, M., PÉREZ LEDESMA, M., 2005, Contemporánea: la historia desde 1776,
Madrid, Alianza.
-BOSCH, A.; 2019, Historia de Estados Unidos, 1776-1945, Crítica, Barcelona.
(http://pdfhumanidades.com/sites/default/files/apuntes/05_-_Bosch_Aurora…-)
FONTANA, J;2011, Por el bien del Imperio, Pasado & Presente, Barcelona (Parcial).
(http://pdfhumanidades.com/sites/default/files/apuntes/Fontana_Por_el_bi…
HOBSBAWN, E.J. (1997), Historia del siglo XX: 1914-1991, Barcelona, Crítica (http://pdfhumanidades.com/sites/default/files/apuntes/152_-pag_61_90_Ho…)
- JUDT, T., (2006), Postguerra: una historia de Europa desde 1945, Madrid, Taurus.
- NOUSCHI, M. (1996), Historia del siglo XX: todos los mundos, el mundo, Madrid, Cátedra.
- PAREDES, J. (coord.), (2004), Historia Universal Contemporánea, Barcelona, Ariel.
-SABORIDO, J.;2009, Historia de la Unión Soviética, EMECE, Madrid.
(http://pdfhumanidades.com/sites/default/files/apuntes/Saborido_historia…)
- VILLARES, R., BAHAMONDE, A., (2001), El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus.
-ZAMAGNI, V., (2001), Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica.
Bibliografía específica e complementaria
Tema 1
Chakrabarty, D., (2009), El humanismo en la era de la globalización ; La descolonización y las políticas culturales, Madrid, Katz.
Darwin, J., (2009), The empire project : the rise and fall of the British world-system, 1830-1970, Cambridge University Press.
Martínez Carreras, J. (1987), Historia de la descolonización : 1919-1986 : las independencias de Asia y Africa, Madrid, Istmo.
Tema 2.
Engelhardt, T. (1997), El fin de la cultura de la victoria, Barcelona, Paidós.
Jones, M.A. (1996), Historia de Estados Unidos, 1607-1992, Madrid, Cátedra.
Palomares Lerma, G. (1999), Política y gobierno en los Estados Unidos (1945-1999), Valencia.
Tema 3
Haslam, J. (2011), Russia's Cold War.
Martín de la Guardia, R.M. (1995), La Europa del Este de 1945 a nuestros días, Madrid, Síntesis.
Service, R. (2000), Historia de Rusia en el siglo XX, Barcelona, Crítica.
Taibo Airas, C. (2010), Historia de la Unión Soviética, 1914-1991, Madrid, Alianza.
Tema 4
Judt, T.-Snyder, T. (2012), Pensar el siglo XX, Madrid, Taurus.
Vinen, R. (2002), Europa en fragmentos: historia del viejo continente en el siglo XX, Barcelona, Península.
Wasserstein, B. (2010), Barbarie y civilización: una historia de la Europa de nuestro tiempo, Barcelona, Ariel.
Tema 5
Castells, M., (2009), Comunicación y poder, Madrid, Alianza.
Herranz de Rafael, G., (2008), Xenofobia y multiculturalidad, Valencia,Tirant lo Blanch.
MacLuhan, M., (1996), La Aldea global : transformaciones en la vida y los medios de comunicación mundiales en el siglo XXI, Barcelona, Gedisa.
Tema 6
Mann, M. (2004), El imperio incoherente. Estados Unidos y el nuevo orden internacional, Barcelona, Paidós.
Veiga, F., (2006), La paz simulada : una historia de la Guerra Fría, 1941-1991, Madrid, Alianza.
Snyder, T. (2018), El camino hacia la no-libertad, Barcelona, Galaxia Gutenberg.
Específicas
O/A alumno/a será capaz de:
CE-1 Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural contemporánea e os acontecementos e problemáticas actuais.
CE-2 Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes do mundo actual.
CE-3 Explicar en termos históricos a diversidade do mundo actual, atopando as raíces de trazos do mundo contemporáneo como os movementos migratorios, a crise ecolóxica, a desigualdade económica, a coexistencia de diferentes culturas, etc.etc.
CE-4 Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
CE-5 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ó século XX.
Transversais
O/A alumno/a será capaz de:
CT-1 Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas, así como facer un uso axeitado dos recursos dixitais, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais disponibles
CT-2 Aprendizaxe autónoma.
CT-3 Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
CT-4 Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
CT-5 Organizarse e traballar en equipo
Metodoloxía da ensinanza
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula..
- Clase interactiva na que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. Preferentemente presenciais.
- Titorización personalizada.Poden realizarse parcialmente de xeito virtual.
Nas clases expositivas e interactivas os estudantes afondarán nos temas sinalados. Os métodos poden ser variados: comentarios críticos, asistencia a conferencias, proxección documentais e películas, comentario de gráficos e imaxes, exposición e debates respecto dos traballos individuais e de grupo.
A docencia expositiva abordará a totalidade dos temas. Terán lugar dúas prácticas individuales obrigatorias ó longo do Curso, ademais das correspondentes ás clases interactivas.
Indicase ademais bibliografía básica accesible que será completada si ten lugar algunha alteración que impida o desenvolvemento da docencia presencial.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A cualificación final resultará da suma das seguintes compoñentes:
- proba escrita, que constará dunha pregunta tema e un comentario de texto, 60%.Preferentemente presencial.
- prácticas na aula, 40%. Preferentemente presenciais.
Dado que a avaliación é continua a asistencia ás aulas é obrigatoria, polo que unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o/a alumno/a poida ser avaliado/a. Para aprobar hai que obter un mínimo de dous puntos na proba escrita.
A realización e superación do curso “Competencias en información. Nivel avanzado. Humanidades” impartido pola Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da USC poderá complementar en 0.5 puntos a cualificación da docencia interactiva.
Con causa xustificada e documentada obterase dispensa das prácticas puntuables e poderán ser sustituídas por recensións.
Na avaliación de xullo ofrecerase ó alumnos á posibilidade ben de repetir todas as probas, ben de recuperar só aquelas nas que acadasen resultados menos satisfactorios, mantendo a nota do resto.
Criterios conforme ós cuales se calificarán os traballos dos alumnos
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e razonamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- A presentación e organización en xeral dos exercicios.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
8. Penalizarase o emprego acrítico e sen citar de material obtido da rede.
Mecanismos de seguemento:
Comentarios de texto
Titorías
Participación na clase
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na
Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións.
Poderase engadir 0,5 puntos na cualificación final da materia ao alumnado que acredite a realización durante o semestre do curso avanzado de formación en competencias da información ofertado pola Biblioteca.
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Depende dunha chea de factores inherentes ó alumno (capacidade de lectura, interese pola materia, entusiasmo pola aprendizaxe...). Malia a teima burocrático-pedagóxica a Universidade debe insistir nos RESULTADOS e non no esforzo persoal, que é un paso necesario pero non suficiente. Polo tanto considérase totalmente indiferente, imposible e innecesario cuantificar o "tempo de estudos e de traballo persoal" que lle requira a cada alumno esta materia.
De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas dedicadas polo estudante á materia son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
É fundamental que o alumnado asimile a filosofía e esixencias do sistema de avaliación continua establecido pola nova metodoloxía á boloñesa.
A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
- A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na clase, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Miguel Cabo Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812580
- Correo electrónico
- miguel.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Emilio Francisco Grandio Seoane
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812681
- Correo electrónico
- emiliofrancisco.grandio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Stefania Barca
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- stefania.barca [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
Martes | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
20.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
20.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
26.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |