Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir ao alumnado no estudo dos séculos XVI, XVII e XVIII atendendo aos alicerces socioeconómicos e ideolóxicos dos comportamentos colectivos, así como ás estruturas e procesos históricos a nivel relixioso, político e cultural. A estrutura do sistema de estratificación social e os procesos que o caracterizan procuran que o alumno adquira un bon coñecemento da vida das persoas en sociedade, para o cal tamén abordaránse as diferentes facetas do cultural, a nivel de cultura popular, letrada, etc., e as diferentes implicacións do relixioso a distintos niveis.
Preténdese que o alumno adquira conciencia crítica das coordenadas espacio-temporais, quer co concernido coa propia evolución da historia quer nas súas variadas implicacións no mundo da arte.
1. Idade Moderna: Periodización e caracteres esenciais.
2. Desenvolvemento do estado moderno e as relacións internacionais.
3. Os marcos da vida económica e social no mundo moderno.
4. Estrutura e características do sistema de estratificación.
5. Os indicadores sociais. Imaxe, rituais, xustificación simbólica.
6. Cultura popular e das elites.
7. Os medios de difusión da cultura. Educación, libro e imprenta.
8. Humanismo e Renacemento cultural.
9. As reformas protestante e católica.
10. A cultura do Barroco. A Ilustración.
Bibliografía obrigatoria:
LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Madrid, 2008.
Bibliografía básica:
ANDERSON, M.S., The Rise of Modern Diplomacy, 1450-1919, Nueva York, 1993.
ATKINSON, J., Lutero y el nacimiento del protestantismo, Madrid, 1980
BELY, Les relations internationales en Europe, XVII-XVIII siècles, Paris, 1992.
BURKE, P., La cultura popular en la Europa Moderna, Madrid, 1991.
CHARTIER, R., Libros, lecturas y lectores en la Edad Moderna, Madrid, 1993.
EISENSTEIN, E., La revolución de la imprenta en la Edad Moderna, Madrid, 1994.
FLORISTÁN IMIZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, 2015.
HINRICHS, E., Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, 2001.
TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-XVIII, Barcelona, 2000.
Bibliografía complementaria:
ALCALA, A., Literatura y ciencia ante la Inquisición española, Madrid, 2001.
ANKERLOO, B. (edt.), Early modern Europe witchcraft: centres and peripheries, Oxford, 1993.
BARRY, J. (edt.), Witchcraft in Early Modern Europe. Studies in culture and belief, Cambridge, 1996.
BETHENCOURT, F., La Inquisición en la Epoca Moderna. España, Portugal, Italia, ss. XV-XIX. Madrid, 1997.
CAPITAN DIAZ, A., Historia de la educación en España, Madrid, 1991.
CASSIRER, E., La filosofía de la Ilustración, México, 1980.
CHATELET, F. (dir.), Historia de las ideologías, Madrid, 1989.
DAUMAS, M., Images et sociétés dans l’Europe moderne, 15e.-18e siècles, Paris, 2000.
DAVIS, N. Z., Sociedad y cultura en la Francia Moderna, Barcelona, 1993.
DESPLAT, Ch., La vie, l’amour, la mort: rites et coutumes, XVIe-XVIIIe siècles, Biarritz, 1995.
ELLIOT, J. et al., Revoluciones y rebeliones en la Europa moderna, Madrid, 1984.
FRANCO RUBIO, G., Cultura y mentalidad en la Edad Moderna. Sevilla, 1998.
FURET, F., Lire et écrire. L'alphabetisation des français de Calvin à Jules Ferry, París, 1977.
GARCIA CARCEL, R., Inquisición: Historia Crítica, Madrid, 2000.
GONZÁLEZ ENCISO, A., El nacimiento del Capitalismo en Europa, Madrid, 2011.
GOUBERT, P., El Antiguo Régimen. La sociedad., Madrid, 1980.
GRAFF, H.J., Storia dell'alfabetizzazione occidentale. L'etá moderne, Bolonia, 1989.
HALL, A.R., La Revolución científica, 1500-1750, Barcelona, 1985.
HAMPSHER-MONK, I., Historia del pensamiento político moderno: los principales pensadores políticos de Hobbes a Marx, Barcelona, 1996.
HAZARD, P., El pensamiento euripeo en el siglo XVIII, Madrid, 1985.
JULIA, D. y otros (eds.), Les Universités européennes du XVI au XVIII siècle: histoire sociale des populations étudiants, París, 1986.
LASLETT, P., El mundo que hemos perdido. Familia, comunidad y estructura social en la Inglaterra preindustrial, Madrid, 1987.
LE GOFF, J. y REMOND, R., Histoire de la France religieuse, XIV-XVIII siècles, Paris, 1988.
LEBRUN, F., Croyances et cultures dans la France d'Ancien Régime, Paris, 2001.
LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Madrid, 2009.
MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona,
2008.
MARTÍNEZ MILLÁN, J.; CARLOS MORALES, J., Religión, política y tolerancia en la Europa Moderna, Madrid, 2011.
MOUSNIER, R., Les hiérarchies sociales: de 1450 a nos jours, Paris, 1969.
RENOUVIN, P., Historia de las relaciones internacionales, Madrid, 1964.
SABINE, G., Historia de la teoría política, Madrid, 1994.
THOMPSON, E.P., Costumbres en común; Barcelona, 1995.
TILLY, Ch., The Formation of National States in Western Europe, Princeton, 1975.
WO
Procúrarase que o estudante acade un coñecemento sobre as fontes da historia social e cultural, e as liñas principais de desenvolvimento histórico sobre esta temática, de xeito que favoreza as destrezas do aluno de cara á dedicación docente, o traballo en arquivos, bibliotecas ou museos, en actividades relacionadas coa xestión do patrimonio documental, cultural e artístico, etc., axudando así a desenvolver unha metodoloxía científica en relación coa Historia da Arte.
Usar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos.
Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos de coñecemento e información dispoñibles.
Traballar a capacidade de argumentación lóxica no debate e tamén a capacidade de traballar en grupo.
Fomentar os valores que valoricen a obra artística desde a perspectiva da sua orixe, orixinalidade e o seu contexto histórico.
A docencia expositiva e interactiva será presencial.
-As clases teóricas consistirán basicamente en leccións impartidas na aula polo profesor para a exposición dos contidos teóricos.
-As clases prácticas na aula permitirán a adquisición de habilidades e posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal do alumnado e da súa exposición ante o grupo.
-Con respecto aos seminarios prácticos, todas as tarefas do alumno/a -estudos, traballos, lecturas, exercicios, exposicións...- serán orientadas polo profesor e conducirán á realización e exposición de traballos individualmente ou en grupo.
-Sobre as titorías individualizadas ou en grupo moi reducido, atenderase aos estudantes presencialmente para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calqueira outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
-A práctica de campo consistirá na visita a algunha destacada institución ou edificio monumental que gozara de relevancia durante a Idade Moderna (Pazo fidalgo, mosteiro, etc.). A realización de dita práctica de campo dependerá da dispoñibilidade orzamentaria pola Facultade. En caso de existir esta financiación a práctica de campo será obrigatoria e avaliable dentro da porcentaxe da cualificación correspondente ás prácticas interactivas. En caso de non realizarse dita práctica de campo sustituiráse por outra actividade.
-Como complemento, o alumnado poderá facer uso da Aula virtual da asignatura, na que encontrará explicacións puntuais sobre o funcionamento do curso, abundantes materiais de traballo para a parte expositiva e interactiva da materia, así coma un útil canal de comunicación co profesor.
Avaliación continua formativa combinada con exame final presencial
O 50% de la cualificación final conséguese do modo seguinte:
Farase un exame final presencial na data que sinale o calendario oficial elaborado pola secretaría da facultade, no que o alumno/a deberá respostar a cuestións relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas, que computará por valor do 50% da cualificación final.
Para aprobar a asignatura o alumno/a obterá en dito exame unha cualificación mínima de 4 sobre 10. Se en dita parte expositiva, ou tamén na interactiva, o alumno/a non chega ao 4 suspenderá a asignatura, alén de que en casos puntuais a media superase o 5 (nestes casos a puntuación cuantitativa do suspenso sería un 4,9)
O 50% da cualificación final conséguese do modo seguinte:
-Un 5% será o resultado das intervencións presenciais do alumno nas clases interactivas, de xeito que o que realízase o máximo de intervencións sumará un 0,5, e dita puntuación descenderá proporcionalmente ao número de intervencións.
-O 45% restante obtense polas diferentes cualificacións do alumno/a nas probas e actividades relacionados coas clases interactivas. Puntuarase con un cero calqueira traballo ou actividade que non fose entregada.
-Só se considerarán non presentados aqueles alumnos/as que non realizasen o exame e ningunha das actividades ou tarefas da parte interactiva.
O profesor indicará na aula o método para avaliar a lectura obrigatoria do libro: LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Madrid, 2008.
*Etapas de avaliación e convocatorias posteriores:
-Os alumnos que houbesen obtido en interactivas unha puntuación media igual o superior a 5 gardaráselles a nota, tamén ata o curso seguinte –sempre e cando non haxa un cambio de profesor-; tendo tan só que realizalo exame do temario das clases expositivas.
-Se un alumno/a suspende a asignatura pero aproba o exame (puntuación de 5 ou mais) gardaráselle a nota do exame, tamén para o curso seguinte –sempre e cando non haxa un cambio de profesor-, sen necesidade de repetilo exame, aínda que tendo que elaborala parte interactiva, alén da nota obtida nesta.
-En relación coas tarefas interactivas puntuadas en base a exposicións orais ou probas non escritas, o profesor indicará que tipo de actividade concreta sustitúe a éstas na etapa de avaliación de xullo ou convocatorias posteriores.
- Os alumnos/as que obtiveran dispensa de asistencia a clase, serán avaliados/as a través dun exame (50 %) e de traballos prácticos obrigatorios (50 %).
Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno (lecturas, consulta de bibliografía, atlas históricos, etc.) dunhas duas horas aproximadamente.
Asemade, para complementar e perfeccionar cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno/a debería aplicar unha media de catro horas de traballo persoal.
En virtude do devandito e da carga docente da asignatura, estímase que o tempo de traballo persoal de cada alumno/a debería estabelecerse en torno ás 150 horas.
- Recoméndase que a formación do alumno sexa de perfil humanístico.
- Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos modernistas.
-Polo carácter da materia, de perfeccionamento sobre un campo específico da Historia Moderna, no que os coñecementos básicos sobre os grandes movementos culturais, relixiosos e científicos deben dominarse dende os cursos precedentes, a recomendación básica é a lectura de bibliografía especializada, co obxectivo de ir ao compás da evolución da materia e de ver en directo a aplicación das distintas metodoloxías a fontes que, á súa vez, sexan diversificadas; esas lecturas deben ter en conta de modo especial a consulta de revistas relacionadas co tema. Para acadar un control do comentario de textos, gráficas e táboas, debe dárselle especial atención a este tipo de contidos na bibliografía; sería desexable un esforzo por reunir ese tipo de material de forma persoal para facer a súa análise e para aplicar as recomendacións teóricas. A consulta de páxinas web especializadas como, por exemplo, a da "Voltaire Foundation" e outras vinculadas con centros de estudo da cultura ben acreditados, pode ser unha axuda interesante.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Hortensio Sobrado Correa
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812606
- Correo electrónico
- hortensio.sobrado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
17.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
17.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
23.06.2025 15:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |