Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O propósito do curso é que o estudante comprenda, por medio da análise microeconómica -tanto positiva como normativa-, o papel dos mercados e de outras institucións nos procesos de asignación de recursos, nun entorno no que, tipícamente, a información relevante para a toma de decisións distribúese asimétricamente entre os axentes involucrados nun problema económico.
O curso divídese en catro partes: en primeiro lugar, ofrécese unha presentación rigurosa da Teoría Neoclásica do Equilibrio Xeral e dos principios fundamentais da Economía do Benestar. O obxectivo de dita presentación es poñer de manifesto os supostos necesarios para afirmar que a asignación correspondente a un mecanismo de libre mercado é eficiente.
En segundo lugar, estúdanse diferentes situacións nas que, debido a incumprimentos nalgún dos supostos enriba mencionados, os mercados poden fallar no obxectivo area de asignar recursos de xeito eficiente. Ademais, se discute (se resulta posible, mediante presentacións realizadas por los alumnos) se o gobierno e outras institucións poden corrixir estes fallos do mercado. Nesta discusión, porase un énfase especial no feito de que a posibilidade de corrixir un fallo de mercado depende crucialmente de como se distribúe a información entre os individuos que participan nun problema de asignación.
En terceiro lugar, se discuten difrentes nocións de benestar social, xustiza eigualdade propostas por economistas e filósofos ao longo da historia do pendsamiento reecente, poñendo de manifiesto as dificultades relacionadas coa inbformación para atinxir unha sociedad mellor en térmos de Benestar social, Xustiza e Igualdade.
En cuarto lugar partir da discusión anterior, preséntase a Teoría (debida principalmente aos premios Nobel de Economía del año 2007 L.Hurwicz y R. Myerson) do Deseño de Mecanismos como ferramenta para avaliar mecanismos e institucións cando a información dos axentes é asimétrica. Para facilitar a exposición, preséntanse as principais contribucións de dita teoría (O Principio de Revelación, a noción de compatibilidade cos incentivos e o Teorema de Equivalencia dos pagos ) no contexto más simple de deseño de poxas. Posteriormente, estes resultados trasládanse a outros a contextos, como a provisión de bens públicos, os mecanismos de licitación, imposición óptima, etc. Para rematar o curso, analízanse as consecuencias da teoría para la avaliación de medidas de política económica. Porase especial énfase na comprensión dos problemas a través do uso de modelos matemáticos, a álxebra, o cálculo diferencial, o razoamento lóxico e gráfico. Aínda que se pretende ir a orixe dos problemas, sintetizando e simplificando a súa presentación co fin de extraer e comprender os seus elementos esenciais, presentaremos continuamente exemplos e exercicios cos que ilustrar as teorías.
Tema 1: Modelos estáticos (o de comercio simultáneo) de Equilibrio Xeral.
1.1 O problema económico da distribución e a troca.
1.2 A noción de eficiencia paretiana na asignación de recursos.
1.3 O libre mercado como mecanismo de asignación de recursos.
1.3.1 O núcleo nunha economía de intercambio.
1.3.2 O equilibrio walrasiano nunha economía de intercambio.
1.4 Os Teoremas Fundamentais do Benestar.
1.4 Existencia, unicidade e estabilidade do equilibrio.
1.5. O problema económico da produción: equilibrio xeral en economías productivas.
1.7. A asignación de recursos ao longo do tempo en economías sen incerteza: equilibrio xeral con comercio secuencial.
Tema 2: Modelos dinámicos de Equilibrio Xeral con Incerteza
2.1 Economías de Arrow-Debreu e de Arrow-Radner
2.2 O Teorema de Equivalencia de Arrow
2.3 Mercados Incompletos: causas, efectos, remedios
Tema 3: Benestar, elección social, xustiza e igualdade
3.1. A "nova" Economía do Benestar
3.2. A Teoría da Elección Social e o Teeorema de Imposibilidade de Arrow
3.3. Xustiza máis aló da distribución de recursos:A Filosofía Política do Século XX
3.4. Benestar e Xustiza nun mundo con información privada
Tema 4: Economía da Información e fallos de mercado.
4.1. Os fallos de mercado.
4.2. Os fallos do mercado con información completa: o Teorema de Coase.
4.3. Os fallos de mercado con información incompleta: Introducción ao Deseño e Avaliación de Mecanismos
4.3. Sobre a Noción de Eficiencia en Economía
A guía docente detallada do curso (na que se describe de xeito pormenorizado o sistema de avaliación, os contidos de cada tema, os boletíns de exercicios, o material de apoio, as actividades complementarias, etc.), proporcionaranse a través da aula virtual do curso.
a. Básica
Textos del Profesor (disponibles en el aula virtual)
Pérez-Nievas, M. (2024): Modelos de Equilibrio General con Comercio Simultáneo.
Pérez-Nievas, M. (2024): Equilibrio General, Tiempo e Incertidumbre
Pérez-Nievas, M. (2024): Bienestar, Elección Social, Justicia e Igualdad.
Pérez-Nievas, M. (2024): Fallos de Mercado e deseño de Mecanismos
b. Complementaria
Antelo, M. (2000), Tópicos en Microeconomía Teórica. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.
Gravelle, H. y R. Rees (2005), Microeconomía. 3ª edición. Madrid: Pearson Educación.
Kreps, D. (2004): Curso de Teoría Microeconómica. Madrid: McGraw-Hill.
Varian, L. (1999), Análisis Microeconómico . Barcelona: Antoni Bosch.
Villar, A., (2006), Microeconomía. Madrid. McGraw Hill.
Lecturas do curso (Artigos en revistas especializadas, prensa, posts...) Dispoñibles na aula virtual.
Casamiglia, X (1991): "Descentralización y Coordinación: una aproximación a la teoría de los Mecanismos de acción Colectiva", en Ramón Marimón y X.Casamiglia (eds.) Invitación a la Teoría Económica, Ariel.
a. Xenéricas
• Posuír e comprender os coñecemestos da Economía como disciplina, a un nivel que se apoia nos libros de texto avanzados e inclue algún dos aspectos que están na vangarda do coñecemento na materia.
• Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións económicas, tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal como dos nedios e técnicas de representación de modelos que se usan en Economía.
• Posuir os coñecementos xeráis de Economía e as as capacidades de aprendizaxe precisas para seguir estudando e emprender estudos especializados en economía ou en outras áreas especializadas, con un alto grado de automomía.
• Capacidade de análise e de síntese.
• Coñocementos das tecnoloxías da información relacionadas co ámbito de estudo.
• Capacidade de resolución de problemas.
• Autonomía na aprendizaxe.
• Traballo en equipo.
• Estímulo intelectual.
b. Específicas de la materia
• Coñecemento dos fundamentos teóricos da toma de decisións.
• Coñecemento dos modelos teóricos empregados na Economía Pública e na Economía do Benestar.
• Contribuír á boa xestión dos recursos tanto no ámbito privado coma no público.
• Aportar racionalidade á análise e á descrición da actividade financeira.
• Evaluar consecuencias das distintas alternativas de acción y seleccionar as mellores para uns obxectivos dados.
• Entender las Instituciones económicas como resultado y aplicación de representaciones teóricas y formales acerca de cómo funciona la economía
• Aplicar al análisis de los problemas criterios profesionales basados en el manejo de instrumentos teóricos propios de la Economía. en equipo.
Respecto á metodoloxía de ensinanza, o traballo na aula consistirá en exposicións teóricas combinadas con clases interactivas para la resolución de exercicios e para a análise de problemas económicos reais. Los alumnos disporán dunha Guía Docente con información detallada que indicará o contido específico de los temas, as referencias bibliográficas complementarias e calquera outra información relevante que sirva de orientación para o seu traballo persoal. Utilizarse tamén a Aula Virtual da USC.
Cada estudante deberá complementar o traballo na aula e reafirmar os coñecementos adquiridos a través da lectura das referencias indicadas e da resolución de exercicios. Parte das horas dispoñíbeis para a docencia en grupos interactivos poderá adicarse á realización de pequenas probas parciais que os estudantes deberán resolver de xeito autónomo e simultáneo. Porén, a pesar do carácter presencial da docencia, durante algunhas semanas se realizarán tarefas semanais (como exercicios, tests e pequenos ensaios) que o estudante deberá realizar fora da aula e que se terán en conta na avaliación das súas competencias.
Nas titorías, o estudante recibirá unha orientación sobre as cuestións discutidas nas aulas e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso.
O peso da avaliación continua (na que se terá en conta tanto as probas parciais simultáneas como as tarefas realizadas durante o curso) será de un 30 %, mentres que o 70% restante corresponderá ao exame fina. Estas cualificacións serán válidas tan só para o curso vixente, e non serán gardadas para cursos posteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión da cualificación".
-O sistema de avaliación na oportunidade extraordinaria de recuperación é o mesmo que na proba ordinaria
-O alumnado repetidor será avaliado do mesmo seito que o non repetidor
-O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clases de acordp coa normativa vixente poderá optar por facer o exame final, que se valorará co 100% da nota.
Ademais das 48 horas de traballo presencial nas aulas, cada estudante deberá dedicar 102 horas ao traballo persoal, que inclúe o estudio autónomo (individual o en grupo) y a realización de exercicios, lecturas e ensaios breves, así como la preparación dos exames.
Ademais das 48 horas de traballo presencial nas aulas, cada estudante deberá dedicar 102 horas ao traballo persoal, que inclúe o estudio autónomo (individual o en grupo) y a realización de exercicios, lecturas e ensaios breves, así como la preparación dos exames.
Recomendacións
Para superar a materia con éxito é recomendable que o alumno/a:
(a) se esforce e estudie continuadamente ao longo do curso,
(b) resolva e discuta os exercicios prácticos propostos,
(c) lea las referencias recomendadas,
(d) acuda a las titorías planificadas para resolver as dúbidas relacionadas coa materia.
Os estudantes deben ser conscientes de que o curso es un todo integrado e todos os temas están relacionados. No se deben ver los temas como independentes e pensar que pode entender un con independencia dos outros. O obxectivo é comprender o funcionamento d economía e para iso hai que ter moi presente como se relacionan todas as súas partes.
Observacións
Miguel Perez-Nievas Montiel
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811678
- Correo electrónico
- miguel.perez-nievas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
Martes | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 24 |
Xoves | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 24 |
Venres | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
19.12.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
30.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
30.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
30.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
30.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
30.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
30.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |