Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Situar axeitadamente o estudo do compoñente fónico. Recoñecemento dos órganos e funcións concretas no aparato fonador. Descrición e familiarización coas unidades da análise fonética.
2. Coñecer e empregar os símbolos fonéticos do Alfabeto Fonético Internacional. Aplicar a transcrición fonética a textos do español nas súas diversas variedades.
3. Estudar e reflexionar sobre os conceptos básicos da fonética articulatoria e da fonética acústica. Descrición dos trazos segmentais e suprasegmentais articulatorios e acústicos dos sons do español.
4. Comprender as relacións e diferenzas entre os sons do español actual, así como entre grafemas e sons.
5. Describir e comprender a estrutura silábica e os fenómenos de coarticulación en español.
6. Asimilar uns principios de análise fonolóxica e coñecer os conceptos fundamentais da fonoloxía desde un punto de vista funcional.
7. Familiarizarse coas unidades fonolóxicas do español actual: Sistema e subsistemas fonolóxicos, unidades fonemáticas e variantes.
TEMA 1. Introdución ao estudo do compoñente fónico. Oralidade e escritura.
O compoñente fónico: fonética e fonoloxía. Ramas da fonética. Análise fonética e as súas aplicacións. Transcrición fonética.
TEMA 2. Fonética e fonoloxía articulatorias
O aparato fonador. Características articulatorias. Clasificación articulatoria dos sons. Os sons do castelán dende o punto de vista articulatorio. Feitos de variación. Grupos de sons en castelán. Feitos de variación. Características suprasegmentais. Fonoloxía de base articulatoria: conceptos fundamentais e sistema fonolóxico do español.
TEMA 3. Fonética acústica e fonoloxía
O lugar do estudio acústico. A onda sonora. A representación gráfica do son. A fonación. Características acústicas. Propiedades dos sons españois desde o punto de vista acústico. Análise do acento e da entoación do castelán. Fonoloxía española de base acústica.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alarcos Llorach, Emilio: Fonología Española, Gredos, Madrid, 1971.
Borrego Nieto, Julio y José Jesús Gómez Asencio: Prácticas de Fonética y Fonología, Salamanca, Universidad de Salamanca, 1989.
Clegg, J. Halvor y Willis C. Fallis: Manual de fonética y fonología españolas, London/New York, Routledge, 2018.
Crystal, David: Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, Madrid, Taurus, 1994 (traducción y adaptación de Juan Carlos Moreno Cabrera de la 1ª ed., 1987). Parte IV.
Fernández Planas, Ana M.ª: Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española, Barcelona, Horsori, 2005.
Gil Fernández, Juana: Los sonidos del lenguaje, Madrid, Síntesis, 1988.
Gil Fernández, Juana: “Fonética”, en Gutiérrez-Rexach, Javier (ed.): Enciclopedia de Lingüística Hispánica, London/New York, Routledge, 2016, págs. 64-80.
Hidalgo Navarro, Antonio y Mercedes Quilis Merín: La voz del lenguaje: Fonética y Fonología del español, Valencia, Tirant lo Blanch, 2012.
Martínez Celdrán, Eugenio y Ana M.ª Fernández Planas: Manual de fonética española. Articulaciones y sonidos del español, Barcelona, Ariel, 2007.
Martínez Celdrán, Eugenio: El sonido en la comunicación humana. Introducción a la fonética, Barcelona, Octaedro, 2003 (2.ª ed. revisada, 1.ª ed. 1996).
Martínez-Gil, Fernando: “Fonema I: Contraste y materia fónica” y “Fonema II: Análisis fonémico y morfofonémico”, en Gutiérrez-Rexach, Javier (ed.): Enciclopedia de Lingüística Hispánica, London/New York, Routledge, 2016, págs. 595-619.
Navarro Tomás, Tomás: Manual de entonación española, New York, Hispanic Institute in the United States, 1944. Manual de entonación española, Madrid, Guadarrama, 1974
Navarro Tomás, Tomás: Manual de pronunciación española, Madrid, CSIC, 1985 (22.ª ed., 1.ª ed. 1918).
Quilis, Antonio: El comentario fonológico y fonético de textos, Madrid, Arco/Libros, 1988.
Quilis, Antonio: Principios de fonología y fonética españolas, Madrid, Arco/Libros, 1997.
RAE y ASALE: Nueva gramática de la lengua española. Fonética y Fonología, Madrid, Espasa, 2011.
1. BÁSICAS E XERAIS DO GLLE
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento indutivo e dedutivo, combinando a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
2. ESPECÍFICAS DO GLLE
CE4. Identificación e comprensión dos elementos que definen e articulan os estudos lingüísticos como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE9. Desenvolvemento dun coñecemento máis profundo da lingua española grazas ao estudo reflexivo da gramática e dos usos discursivos dos falantes.
CE10. Comprensión da complexidade dos feitos lingüísticos.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
3. ESPECÍFICAS DA MATERIA
CEM1. Capacidade para o estudo dos sons de calquera lingua a partir dun coñecemento sólido das realizacións fónicas do español.
CEM2. Identificación dos principais métodos de caracterización acústica e capacidade para interpretar os seus resultados.
CEM3. Adquisición e comprensión das liñas teóricas que sustentaron a fonoloxía clásica e as do estruturalismo continental, e con iso habilidade para a análise estrutural doutros compoñentes da lingua (como o lexicolóxico).
CEM4. Manexo da bibliografía sobre fonética e fonoloxía xerais e do español.
CEM5. Utilización das TIC aplicadas á descrición e investigación en fonética.
Nas sesións expositivas presentaranse os puntos máis relevantes de cada tema con material didáctico e de apoio, o que non excluirá a formulación de cuestións para a discusión, tomando como referencia lecturas ou exercicios propostos, polo que se espera unha actitude participativa do alumnado, á vez que se insiste na importancia do seguimento regular da materia. Nas sesións interactivas exporanse exercicios varios relacionados cos temas explicados, exercicios que se realizarán, ben durante a sesión de que se trate, ben como traballos máis elaborados fóra do horario de clases (en grupo ou individualmente).
As titorías realizaranse nos horarios establecidos ou fóra deles con previa solicitude de cita e terán carácter presencial.
Na docencia desta materia utilizarase o campus virtual como repositorio de materiais, lugar de realización de actividades formativas e como canle de comunicación entre profesorado e alumnado, con indicacións sobre o seguimento da docencia. É recomendable que todo o alumnado teña acceso á aula virtual da materia. A comunicación por medios remotos levarase a cabo a través do correo electrónico institucional ou pola mensaxería do campus virtual.
O profesorado garante a accesibilidade aos materiais que constitúen a base para o estudo da materia: presentacións, bibliografía básica e materiais multimedia. Todos os materiais estarán dispoñibles de maneira paulatina no campus virtual, sempre cumprindo coas normativas relativas á propiedade intelectual e protección de datos.
Primeira oportunidade
O alumnado poderá optar entre dous procedementos:
a. Primeiro procedemento
A avaliación será continua e terá en conta a resolución dunha serie de probas ou actividades presenciais ou na aula virtual e dun exame final.
As probas ou actividades realizaranse en datas comunicadas con antelación e consensuadas co alumnado e supoñerán o 25 % da cualificación da materia.
O exame final realizarase na data oficial fixada pola Facultade de Filoloxía. Corresponderalle o 75 % da cualificación da materia se non se renuncia ás cualificacións obtidas nas probas ou actividades e o 100 % se se renuncia a esas cualificacións. No exame final haberá unhas casas destinadas a que o alumnado indique por que modalidade desexa optar: só exame final ou combinación de exame final e probas ou actividades.
b. Segundo procedemento
A avaliación levarase a cabo a través dun exame final (100 % da cualificación) que se realizará na data oficial fixada pola Facultade de Filoloxía.
Segunda oportunidade
A avaliación consistirá nun exame final (100 % da cualificación) que se realizará na data oficial fixada pola Facultade de Filoloxía.
Alumnado con dispensa de asistencia a clase
Para o alumnado con dispensa de asistencia a clase acreditada, a avaliación limítase ao exame final, que supoñerá o 100 % da cualificación e que se realizará nas datas oficiais fixadas pola Facultade de Filoloxía. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As actividades non presenciais ocuparán ao alumnado 102 horas de traballo, o que sumado ás 48 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
É moi recomendable que o alumnado teña un dominio instrumental avanzado da lingua española (en estudantes non nativos recoméndase nivel de español B2).
Maria Paula Santalla Del Rio
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811908
- Correo electrónico
- mpaula.santalla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Castelán | C12 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Castelán | C12 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Castelán | C12 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C07 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C07 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C07 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C08 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C08 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C08 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C07 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C07 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C07 |