Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
• Afondar no coñecemento da fonética da lingua galega.
• Ampliar o coñecemento da compoñente fonolóxica da lingua galega.
• Coñecer os fundamentos da produción e da percepción da fala.
• Afondar no coñecemento dos conceptos e métodos da fonética acústica.
• Coñecer e ser capaz de utilizar técnicas instrumentais para a análise fonética, e en particular os métodos de análise da fonética acústica.
• Saber realizar análises espectrográficas de vogais e de consoantes empregando programas informáticos especializados.
• Coñecer os conceptos básicos e os métodos da fonoloxía estrutural, da fonoloxía xenerativa e da teoría da optimidade.
• Aplicar os métodos da fonoloxía a problemas da lingua galega.
• Ampliar a competencia fonética, activa e pasiva, da lingua galega, co coñecemento dos sons e dos sistemas fonolóxicos das variedades (estándar e non estándar) da lingua galega.
• Eliminar prexuízos sobre as variedades lingüísticas e reflexionar sobre as bases e as consecuencias da discriminación lingüística.
1. Fonética
1.1. Fonética articulatoria, fonética auditiva e fonética acústica
1.2. Fonética articulatoria
1.2.1. A voz
1.2.2. Articulación
1.3. Fonética acústica
1.3.1. A física do son
1.3.2. Espectro e espectrograma
1.4. Tecnoloxías da fala: nocións básicas de recoñecemento automático de fala e síntese de voz
2. Os sons do galego
2.1. Descrición articulatoria e acústica dos sons da lingua
2.1.1. Vogais e semivogais
2.1.2. Soantes
2.1.3. Fricativas e oclusivas
2.2. Acento e entoación
2.3. Variedades lingüísticas
2.3.1. Estándar oral e variedades non estándar
2.3.2. A lingua dos medios e da actividade pública
3. Fonoloxía
3.1. A teoría fonolóxica: a fonoloxía estrutural
3.1.1. Trazos fonolóxicos e oposicións
3.2. A fonoloxía xenerativa
3.2.1. Regras
3.2.2. Estrutura dos segmentos fonolóxicos
3.2.3. Sílaba
3.2.4. Acento
3.2.5. Fonoloxía prosódica
4. A Teoría da Optimidade
4.1. Compoñentes: GEN e EVAL. As constricións.
4.2. Sílaba e acento
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández Planas, Ana María (2005): Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara. Barcelona: Horsori.
Gussenhoven, Carlos & Heike Jakobs (1998): Understanding phonology. London / New York: Arnold.
Hayes, Bruce (2009): Introductory phonology. Chichester, UK: Wiley-Blackwell.
Martínez Celdrán, Eugenio (1998): Análisis espectrográfico de los sonidos del habla. Barcelona: Ariel.
Martínez Celdrán, Eugenio (2002): Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia.
Vidal Figueroa, Tiago (2000): “Fonética e fonoloxía”. F. Ramallo & G. Rei-Doval & X. P. Rodríguez Yáñez (coords.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 629-719.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Castro, Obdulia (1998): Aproximación a la fonología y morfología gallegas. New Orleans: University Press of the South.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1998): Gramática da lingua galega. Vol. 1: Fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra.
International Phonetic Association (1999): Handbook of the International Phonetic Association: a guide to the use of the International Phonetic Alphabet. Cambridge: Cambridge University Press.
Jonhson, Keith (1997): Acoustic and auditory phonetics. Oxford: Blackwell.
Kreiman, Jody & Diana Sidtis (2011): Foundations of voice studies. An interdisciplinary approach to voice production and perception. Malden, MA / Oxford: Wiley Blackwell.
Ladefoged, Peter (2000): Vowels and consonants. An introduction to the sounds of languages. Oxford: Blackwell [+1 CD-ROM].
Martínez Celdrán, Eugenio & Ana M. Fernández Planas (2007): Manual de fonética española. Articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel.
Mateus, María Helena & Ernesto d’Andrade (2000): The phonology of Portuguese. Oxford: Oxford University Press.
McCarthy, John J. (ed.) (2004): Optimality theory in phonology: a reader. Oxford: Blackwell.
Regueira, Xosé L. (2002): "A sílaba en galego: lingua, estándar e ideoloxía". R. Lorenzo (ed.): Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza.
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
Veiga, Amable (1976): Fonología gallega. Valencia: Bello.
Percibir, distinguir e saber explicar as características acústicas e articulatorias dos sons das diferentes variedades do galego.
Coñecer e saber utilizar o Alfabeto Fonético Internacional.
Coñecer os métodos e técnicas da fonética instrumental.
Saber interpretar espectrogramas e curvas de intensidade e de F0.
Saber realizar análises espectrográficas de vogais empregando programas informáticos especializados.
Coñecer os principios e os métodos da fonoloxía xenerativa e da teoría da optimidade, e ser capaz de utilizalos para resolver problemas da fonoloxía galega.
Ser capaz de realizar unha descrición fonética e fonolóxica dun texto oral.
Saber analizar a variación fonética e fonolóxica nun texto oral e relacionala con variables sociolingüísticas e sociolóxicas.
As clases expositivas consisten na explicación dos conceptos e procedementos dos diferentes modelos teóricos estudados, e posteriormente na súa aplicación a problemas da fonética e da fonoloxía do galego. Nelas fomentarase a intervención activa das alumnas e alumnos.
Nas clases expositivas levarase a cabo a audición de textos e fragmentos de producións orais de diferentes variedades da lingua galega, para a discriminación e a identificación de sons e de compoñentes fónicos, a transcrición fonética de textos orais e a discusión de problemas que requiran a aplicación dos conceptos e técnicas estudados. Tamén se requirirá a lectura de textos de fonética e de fonoloxía para seren analizados e comentados nas clases sucesivas.
As prácticas de laboratorio desenvólvense na aula de informática, e nelas o alumnado utilizará os recursos de internet e outros recursos informáticos propios para afianzar os coñecementos das clases teóricas e para poñelos en práctica, mediante a gravación e a análise de secuencias fónicas, incluído o tratamento estatístico dos datos obtidos.
Esta materia dispón dunha aula virtual no campus virtual da USC, onde as alumnas e alumnos poderán encontrar materiais, gráficos, esquemas, arquivos de powerpoint, etc., utilizados nas aulas, así como outros complementarios. Nesa aula virtual estará habilitado tamén un foro de discusión e consulta e a través dela poderán realizarse actividades e probas.
A avaliación desta materia realizarase determinando o grao de consecución dos obxectivos mediante o seguimento do traballo feito nas clases teóricas e prácticas e a realización dunha proba escrita na data e lugar fixada oficialmente.
Desde xeito, as compoñentes da avaliación, os criterios e os instrumentos para a súa determinación, así coma a súa importancia relativa no resultado final serán:
I) Avaliación continua (50%):
a) Asistencia e participación: participación activa nas clases, debates e comentarios (orais e escritos), seguimento comprensivo da materia (determinado por medio da observación, notas do profesor e cuestionarios específicos), prácticas entregables: 25%
b) Realización dun traballo en grupo (de tema acordado co profesor): 25%.
II) Probas presenciais (50%):
a) Exame oral: competencia activa e pasiva (produción e recoñecemento) dos sons da fonética galega: 10%
b) Proba final: comprensión e dominio dos coñecementos teóricos e prácticos e a súa aplicación: 40%
A asistencia activa ás clases teóricas e prácticas é un elemento relevante para a obtención dos resultados académicos desexados. Para poder optar ao 25% da cualificación por este concepto, será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 75% das clases programadas. Unha asistencia ás clases de entre o 50% e o 75% só permitirá obter o 50% desta cualificación. Unha asistencia menor a un 50% das clases programadas non dará dereito a cualificación por este concepto. En casos xustificados poderá compensarse coa realización dun traballo individual escrito, mais só no caso de que se acorde este procedemento co profesor antes de finais de setembro.
A proba escrita constará de varias preguntas sobre fonética e fonoloxía, e nela deberá mostrarse unha correcta comprensión dos conceptos básicos da materia, así como a capacidade para aplicar os métodos e conceptos aprendidos a diferentes cuestións de fonética e fonoloxía do galego.
A corrección lingüística é un requisito imprescindible, tanto no que se refire á lingua escrita (corrección ortográfica e gramatical, adecuación expresiva) como á lingua oral (corrección e adecuación fónica). As cualificacións das prácticas e exames escritos e das exposicións e intervencións orais poderán verse reducidas se este requisito non se cumpre.
Na segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Nesta convocatoria soamente se realiza unha proba escrita e o exame oral, que contarán como máximo o 40% e o 10% da nota final respectivamente. Manteranse, no seu caso, as demais cualificacións obtidas durante o período de clases. Adicionalmente, as alumnas e alumnos poderán realizar traballos complementarios acordados co profesor para apoiar parcialmente a cualificación.
O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá realizar un traballo escrito, así como algúns traballos e prácticas concretas dirixidas polo profesor, e realizar o exame escrito. As valoracións serán de 25% para os traballos e prácticas encargados polo profesor, 25% para o traballo escrito de tema escollido pola alumna ou alumno dentro dos contidos da materia, 10% para o exame oral e 40% para o exame final escrito.
O alumnado que repita curso poderá estar exento da asistencia ás clases, sempre que nalgún curso anterior mantivese unha asistencia regular. Nese caso, poderá manter a parte de avaliación continua obtida. En todo caso, poderá repetir ou entregar novos traballos, exercicios e prácticas, para completar a avaliación correspondente ao traballo continuado. Igualmente, poderá realizar un traballo individual, pactado co profesor a comezos do semestre.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais (docencia teórica e práctica, titorías personalizadas e exame): 54
Horas de traballo autónomo do alumno (lectura de bibliografía, estudo e elaboración de materiais): 96
Dado que esta materia está orientada cara a unha formación fundamentalmente práctica (aplicada), a aprendizaxe memorística resulta de pouca utilidade. A asistencia e a participación nas clases é, en cambio, vivamente recomendada para poder comprender os conceptos fundamentais da fonética e da fonoloxía, así como a súa aplicación a problemas concretos da lingua galega, necesarios para superar a materia.
Esta materia consta de dúas partes diferenciadas, unha centrada na fonética e outra na fonoloxía. Ambas as disciplinas son de carácter moi diferente polo obxecto de estudo e polos métodos empregados. Aínda que nunha primeira aproximación os estudantes consideran máis difícil (por descoñecida) a fonética acústica, a experiencia de anos anteriores mostra que na parte de fonoloxía, por operar con conceptos abstractos e con modelos teóricos complexos, é onde os estudantes encontran problemas máis importantes. Recoméndase, por tanto, a lectura de bibliografía de apoio (recollida na sección “Bibliografía”) de maneira especial para esta segunda parte.
Xose Luis Regueira Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811984
- Correo electrónico
- xoseluis.regueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D08 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C07 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C07 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C01 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C01 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |