Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O principal obxectivo da materia Historia e cultura dos países de fala inglesa é ofrecer ao/á estudante de Filoloxía Inglesa unha visión o máis completa posible non só dos principais acontecementos históricos máis importantes dos distintos períodos que conforman a historia das Illas Británicas, a Commonwealth a os Estados Unidos desde as súas orixes ata a actualidade senón tamén das características socioculturais máis relevantes de cada un deles co fin de profundar na formación humanística do/da estudante e favorecer a súa identificación coa cultura das Illas Británicas, dos Estados Unidos e da Commonwealth.
Un segundo obxectivo será que o/a alumno/a asimile con éxito os contidos que se detallan na seguinte sección.
Esta materia ofrece unha perspectiva xeral da historia das illas británicas desde o período prehistórico ata o momento contemporáneo, prestando especial atención a aqueles aspectos económicos, sociais e culturais que teñen contribuido a que a cultura británica acadara un papel destacado no contexto mundial actual. Esta materia ofrecerá ademáis aos estudantes unha perspectiva xeral da historia dos Estados Unidos de América desde o período precolonial ata os acontecementos máis salientables do século XXI, centrándose nos aspectos que sentaron as bases do que hoxe chamamos cultura dos Estados Unidos. O programa se completa cunha perspectiva da historia da Commonwealth británica.
UNIDADES
1.- Prehistoria: introducción xeral. Celtas e Romanos
2.- Saxóns, Daneses e Normandos
3.- A Idade Media
4.- O Renacemento
5.- O século XVIII
6.- A Revolución Industrial e o Imperio Británico
7.- O Século XX en Gran Bretaña e Irlanda. Perspectivas do Século XXI
8.- Norteamérica Pre-colonial e Colonial. A Revolución Americana
9.- O Século XIX: A Conquista do Oeste e o Conflicto Norte-Sur
10.- O Século XX en EE. UU. Perspectivas do Século XXI
11.- A Commonwealth Británica
Para os contidos dos temas 4 a 7, o/a alumno/a deberá responder unhas preguntas nas fichas proporcionadas pola profesora. Esta tarefa é materia de exame
Esta lista bibliográfica concíbese como unha guía xeral. Para cada un dos temas proporcionarase bibliografía máis específica en clase.
As Illas Británicas
Bibliografía básica:
Arnold-Baker, Charles. The Companion to British History. (Routledge, London & New York, 2001).
Cannon, J. & Griffiths. The Oxford Illustrated History of the British Monarchy. (Oxford University Press, Oxford, 1988).
Cannon, J. The Oxford Companion to British History. (Oxford University Press, Oxford, 2002).
Fry, S. & Plantagenet, P. A History of Ireland. (Routledge, London & New York, 1993).
Gardiner, J. ed. Who's Who in British History. (Collins & Brown, London, 2000).
Lang, S. 2011. British History for Dummies. Wiley (John Wiley & Sons Ltd Publication).
Morgan, K.O. ed. The Young Oxford History of Britain and Ireland. (Oxford University Press, Oxford, 1996).
Morgan, K.O. ed. The Oxford Illustrated History of Britain. (Oxford University Press, Oxford, 1997, 2009).
Norman, E. A History of Modern Ireland. (Penguin, Suffolk, 1971).
Oakland, J. British Civilization. (Routledge, London, 1991).
Pounds, N. J. G. The Culture of the English People. (Cambridge University Press, Cambridge, 1994).
Valdés Miyares, J.R. & Tazón Salce, J.E. A Sourcebook of British Civilization. (Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones, 1996).
Bibliografía complementaria:
Black, J. A. A History of the British Isles. (MacMillan Press Ltd., London, 1996).
Black, J. A. A New History of England. (Sutton Publishing, Reading, Berkshire, 2000).
Bradshaw, B & Roberts, P. British Consciousness and Indentity. (Routledge, 1998).
Briggs, A. A Social History of England. (Penguin Books, 1991).
Cunliffe, B. Facing the Ocean. The Atlantic and its People (Oxford University Press, Oxford, 2001).
Gusdorf, F. & John Wisdom. 2008. Anglofun Great Britain. Ellipses.
Kearny, H. The British Isles. A History of Four Nations. (Cambridge University Press, Cambridge, 1995).
Kramer, J. Britain and Ireland. A Concise History. (Routledge, London & New York, 2007).
Lindop, C. and Fisher, D. Discover Britain. A Practical Guide to the Language, Country and People. (Cambridge University Press, Cambridge,1986).
Longman Dictionary of English Language and Culture. (Longman, 1993).
MacDowall, D. Britain in Close-up. (Longman, Essex, 1997).
Marshall, P. J. ed. The Cambridge Illustrated History of the British Empire. (Cambridge University Press, Cambridge, 1996).
Miles, D. The Tribes of Britain (Phoenix, London, 2006).
Morgan, D. A Short History of the British People. (Verlag Enzyclopädie, Leipzig, 1989).
O' Hegarty, P.S. A History of Ireland under the Union. (Methuen, London, 1952).
Pryor, F. Britain B.C. Life in Britain and Ireland before the Romans. (Harper Perennial, London, 2004)
Ranelagh, J. O´Beirne. A Short History of Ireland. (Cambridge University Press, Cambridge, 1994).
As páxinas web que se mencionan a continuación poden ser tamén de gran axuda e interese para o/a alumno/a:
Xerais:
www.britannia.com
www.royal.gov.uk
http://www.bbc.co.uk/history/
www.wikipedia.org
Específicas:
Os celtas: http://www.historyworld.net/
A Britannia romana: http://www.roman-britain.org/
A Inglaterra anglo-saxona:
http://www.britainexpress.com/History/dark_ages_index.htm and
http://www.regia.org/history/history.htm
Os vikingos en Inglaterra: www.viking.no/e/england/index.html
O tapiz de Bayeaux: http://www.bayeuxtapestry.org.uk/
Ricardo I e as Cruzadas: http://www.templarhistory.com/richard.html
Inglaterra e as Cruzadas: http://wwwcrusades.boisestate.edu/Europe/england/
Economía e sociedade nas cidades medievais:
http://www.trytel.com/~tristan/towns/townint7.html
Economía e sociedade na Inglaterra medieval:
http://history.wisc.edu/sommerville/123/123%2013%20Society.htm
Inglaterra na Idade Media:
http://www.historylearningsite.co.uk/england_medieval.htm
As Guerras das Rosas e Ricardo III: www.richardiii.net
A era victoriana: http://www.victorianweb.org/
A Commonwealth: http://www.thecommonwealth.org/
Oliver Cromwell: www.olivercromwell.org
Guerra civil no período dos Estuardo: www.british-civil-wars.co.uk
A Igrexa Anglicana: www.cofe.anglican.org
Acontecimientos históricos e características socio-culturais de Gran Bretaña desde a Idade Media ata a actualidade: http://www.historylearningsite.co.uk/
EE. UU e Commonwealth
Bibliografía básica
Brogan, Hugh. Longman History of the United States. Nueva York: Longman, 1985.
Brogan, Hugh. The Penguin History of the United States of America. Londres: Penguin, 1985.
Cook, Chris. Longman Handbook of Modern American History 1763-1996. Londres: Longman, 1994.
Crothers, George. American History. Nueva Cork: Holt, Rinehart and Wnston, 1964.
Fawcet, Edmund and Tony Thomas. America, Americans. Londres: Collins, 1983.
Johnson, Paul. A History of the American People. Londres: Phoenix Press, 1997.
Johnson, Thomas H. The Oxford Companion to American History. Nueva York: Oxford UP, 1966.
Jones, Maldwyn A. The Limits of Liberty. American History 1607-1992. Nueva York: Oxford UP, 1995.
Nevins, Allan. A History of the American People from 1492. Londres: Oxford UP, 1970.
Purvis, Thomas. A Dictionary of American History. Cambridge, Ma: Blackwell, 1997.
Silverman, Jason. American History Before 1877. Nueva York: McGraw-Hill, 1989.
Zeuske, Max. A Short History of the United States of America. Leipzig: Verlag, 1989.
Bibliografía complementaria
Boorstin, Daniel Jr. (ed) Estados Unidos. Una civilización. Barcelona: Labor, 1974.
Burns, M. John et al. The National Experience. A History of the United States of America. Nueva York: Harcourt, Brace and World, 1963.
Caughney, John W. and Ernest R. Man. A History of the United States of America. Chicago: McNally, 1964.
Forner E and J. A. Garraty (eds). The Reader’s Companion to American History. Boston: Houghton/Mifflin, 1991.
Morrison, Samuel Eliot. The Oxford History of the American People. Nueva York: Oxford UP, 1965.
Requisitos previos:
Requírese que os/as alumnos/as teñan coñecemento previo da lingua inglesa (nivel medio-alto), español e galego. Así mesmo, terán que posuír unha certa base de coñecementos históricos xenerais adquirida na educación secundaria.
As competencias, destrezas e habilidades a desenvolver polo/a alumno/a nesta materia son as seguintes:
CG2 – Competencia na análise crítica da realidade socio-cultural xeral e dos países de fala inglesa en particular.
CG3 - Competencia lóxica: capacidade de interpretar e expresar con claridade e precisión datos e argumentacións. Posta en práctica de procesos de razoamento que levan á resolución de problemas ou á obtención de información.
CG4 - Competencia social e cidadá: o alumnado convértese en individuos plurilingües que desenvolven a conciencia intercultural e que lle capacita para aprender outras linguas e abrirse a novas experiencias culturais. Capacidade para amosar un sentimento de cidadanía global compatible coa identidade local.
CG5 - Competencia cultural e artística: desenvolvemento da capacidade creativa a través do coñecemento da literatura, a cultura e a civilización anglosaxona. Capacidade de apreciar o feito cultural e creativo; de comprender, valorar, e apreciar a dimensión histórica das diferentes manifestacións culturais e artísticas en lingua inglesa.
CG6 - Competencia de autonomía e iniciativa persoal: capacidade de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.
CG7 - Competencia de aprender a aprender: conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal. Desenvolvemento do pensamento estratéxico e da capacidade de cooperar, de autoavaliarse e de manexar con eficiencia un conxunto de recursos e técnicas de traballo intelectual. Adquisición de técnicas de estudo e formación continua.
CG8 - Competencia no tratamento da información nunha segunda lingua, así como da súa cultura e literatura.
CG9 - Competencia no uso das TICs: habilidade para buscar, obter, procesar e comunicar información e para transformala en coñecemento, desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das TICs como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.
CE11 - Coñecemento dos acontecementos históricos e das características culturais que teñen condicionado e condicionan o desenrolo da lingua e a producción literaria en lingua inglesa.
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5 da Memoria verificada do título.
A metodoloxía a empregar ten sempre como alicerce fundamental ao/á alumno/a polo que se tratará de fomentar a súa participación, que é básica para o funcionamento da clase, mediante actividades, ilustracións e explicacións prácticas.
Aínda que é certo que os contidos da materia préstanse máis a unha explicación principalmente teórica, procurarase combinar o enfoque teórico cunha aproximación de carácter máis práctico. Para conseguir este fin, contaremos co apoio de materiais ilustrativos como mapas, fotocopias, copias de documentos históricos, proxección de escenas de películas e series de televisión históricas e/ou documentais, retratos e biografías dos principais personaxes e personalidades da época a tratar, artigos, etc.
En xeral, a nosa estratexia didáctica segue o modelo de Baker e Westrup coñecido como PPP: tres fases consecutivas de presentación, práctica e produción. Na fase de presentación (2 horas teóricas á semana), a profesora ofrece unha aproximación ós contidos esencialmente teórica (sempre co apoio dos materiais ilustrativos anteriormente mencionados). Para a fase práctica (1 hora á semana), os/as alumnos/as realizarán diversas actividades relacionadas co tema. Finalmente, dentro da fase de produción, o/a alumno/a deberá acometer tarefas de corte máis autónomo como tests, debates, presentacións, etc. , que terán un peso importante na avaliación continua da materia.
Todas estas actividades teranse en conta para a avaliación continua de cada estudante. Deste xeito, incídese na competencia da responsabilidade xa que o/a alumno/a participa no proceso da avaliación continua porque se fai responsable do seu propio traballo.
Además, antes da explicación de cada tema, o/a alumno/a lerá a sección correspondente no manual Lang, S. 2011. British History for Dummies. Wiley (John Wiley & Sons Ltd Publication) e outras fotocopias. Non se recomenda ningún libro de texto. Con todo, estas lecturas axudarán ao/á estudante a obter unha visión xeral dos contidos de cada tema. Desta forma, poderá asimilalos máis facilmente e achegarse a eles con espírito crítico. Ademais, foméntase a participación porque o/a alumno/a posuirá, deste xeito, o coñecemento suficiente como para facer comentarios e preguntas sobre cuestións que non entenda. En cada tema incluirase, ademais, bibliografía máis específica.
Aparte das tareas deseñadas para a nota da avaliación continua, poderanse propoñer seminarios e/ou conferencias especializados nun tema histórico e/ou cultural. A asistencia é obrigatoria e terase en conta para a avaliación continua.
As actividades da avaliación continua serán completadas dentro do prazo estipulado. En caso contrario, a tarefa non será considerada para a avaliación continua.
Os/as estudantes terán que realizar as actividades deseñadas polas profesoras para a avaliación continua e facer o exame final na primeira e/ou segunda oportunidade.
A nota da avaliación continua conta un 40% da nota final da materia e o exame final conta un 60%.
IMPORTANTE: é ABSOLUTAMENTE NECESARIO ACADAR UN MÍNIMO DE 3 de 6 no exame para que este faga media coa nota da avaliación continua. Se non se acada este mínimo no exame, suspéndese a materia.
A aqueles/as estudantes que estean exentos/as oficialmente de asistencia a clase avaliaráselles unicamente co exame final que contará o 100% da nota final da materia en ambas oportunidades.
Igualmente, en ambas as oportunidades, aqueles/as estudantes cuxo horario da materia lles coincida parcial ou totalmente co doutra materia (débese entregar xustificante; por exemplo, copia escaneada da matrícula) e/ou repetidores/as poderán ELIXIR unha das seguintes modalidades:
a) só exame final: 100% da nota final da materia.
b) a avaliación estándar: nota da avaliación continua (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
c) Só no caso do estudantado que repita a materia: nota da avaliación continua do curso pasado (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
Ademais, estes/ as alumnos/ as DEBERÁN comunicar a súa decisión á coordinadora da materia antes do domingo, 6 de outubro. En caso contrario, este alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación estándar: nota da avaliación continua (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
A nota da avaliación continua gárdase para a segunda oportunidade.
O sistema de avaliación será o mesmo en ambas oportunidades.
Os exames e tarefas deberán redactarse en inglés. O uso correcto da lingua será tido en conta á hora de puntuar estas actividades.
IMPORTANTE: a repetición de erros gramaticais básicos no exame terá como resultado o suspenso directo do mesmo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo plaxio suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas.
A materia abrangue 15 semanas:
Semana 1: Tema 1
Semana 2: Tema 1
Semana 3: Tema 1
Semana 4: Tema 2
Semana 5: Tema 2
Semana 6: Tema 2
Semana 7: Tema 3
Semana 8: Tema 3
Semana 9: Tema 3
Semana 10: Tema 3
Semana 11: Tema 3
Semana 12: Tema 3
Semana 13: Tema 8*
Semana 14: Tema 9
Semana 15: Temas 10 y 11
Xa que esta é unha materia ECTS, o/a estudante necesitará 150 horas (presenciais e de traballo autónomo) para superala.
* Como se mencionou con anterioridade, para os contidos dos temas 4 a 7, o/a alumno/a deberá responder unhas preguntas nas fichas proporcionadas polas profesoras e esta tarefa é materia de exame.
Recoméndase moi especialmente a asistencia a clase así como a complementación dos contidos dados en clase coa bibliografía recomendada correspondente e a realización de todas as actividades programadas para a materia. Desta forma, o/a alumno/a accede a dúas notas (a da avaliación continua e a do exame final) no canto de ter que depender tan só dunha única nota final nunha das oportunidades ou nas dúas.
Tamén se animará aos/ás alumnos/as a asistir a calquera tipo de actividade que lles poida pór en contacto con aspectos históricos, sociais ou culturais da historia de Gran Bretaña, Irlanda, EEUU e Commonwealth (representacións teatrais, películas históricas, etc.), por exemplo, estreas de películas históricas no cine. A profesora pode propor tamén a lectura opcional de libros de ficción enmarcados nunha determinada época da histórica británica, irlandesa ou americana como The Pillars of the Earth ou World without End de Ken Follet ou The Sunne in Splendour de Sharon Penman sobre a Guerra das Rosas. Poderánse proporcionar outros títulos previa petición do/ da alumno/a.
Ademais das páxinas web recomendadas na sección da bibliografía deste programa, recoméndase moi especialmente o seguinte servizo:
Servizo EzProxy (acceso remoto a 12000 títulos de revistas, máis de 51000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico):
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html
A materia impartiráse preferiblemente en inglés, ainda que ocasionalmente se poderá usar o galego e o castelán
Non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet
IMPORTANTE:
Normas básicas na aula:
1- Nas clases tanto expositivas como interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) salvo cando o autorice expresamente a profesora.
2- Os/as estudantes deberán chegar á aula non máis tarde de 10 minutos despois do inicio da clase. En caso contrario, o/a estudante non poderá acceder á aula.
3- O/a estudante deberá dirixirse á profesora polo seu nome de pila completo ou de calquera outra xeito que a profesora considere apropiado.
IMPORTANTE: Non se respostarán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do alumno/a (enderezo da USC).
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Susana Maria Jimenez Placer
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811855
- Correo electrónico
- susanamaria.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Mouron Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811832
- Correo electrónico
- cristina.mouron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raquel Pereira Romasanta
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- raquel.romasanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 (E-L)+(S-Z) | Inglés | C10 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 (A-D)+(M-R) | Inglés | D11 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 (E-L)+(S-Z) | Inglés | C10 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 (A-D)+(M-R) | Inglés | D08 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | Inglés | C07 |
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | Inglés | C08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | Inglés | C07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | Inglés | C08 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | C10 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | C10 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | C10 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-D)+(M-R) | C10 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (E-L)+(S-Z) | C10 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | C10 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | C11 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (E-L)+(S-Z) | C11 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | C11 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | C11 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-D)+(M-R) | C11 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | C11 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (E-L)+(S-Z) | C12 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-D)+(M-R) | C12 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | C12 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | C12 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | C12 |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | C12 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (E-L)+(S-Z) | C10 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | C10 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | C10 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-D)+(M-R) | C10 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | C10 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | C10 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | C11 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | C11 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | C11 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | C11 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (E-L)+(S-Z) | C11 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-D)+(M-R) | C11 |