Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Situar as obras de lectura nos seus respectivos contextos históricos, culturais e literarios.
2. Lectura atenta e análise pormenorizada de cada unha das obras, tendo en conta tanto as características estético-formais como a relación cos contextos.
3. Fomentar a lectura crítica e razoada por parte do estudantado, que deberá proporcionar as súas propias interpretacións ben informadas e razoadas.
4. Acadar unha visión ben fundamentada da evolución da chamada “tradición literaria estadounidense” ao longo dos séculos XX e XXI.
Estudo dos aspectos estético-formais e temáticos das seguintes obras, que se situarán, igual que os autores, nos contextos históricos e literarios en que xurdiron:
Xeración perdida
F. S. Fitzgerald. The Great Gatsby
"Echoes of the Jazz Age" "The Crack-Up"
E. Hemingway. "The Killers", "Hills like White Elephants"
Rexurdimento sureño
W. Faulkner. "Barn Burning", "A Rose for Emily"
Renacemento de Harlem
Langston Hughes, "I, Too", "The Negro Speaks of Rivers", "Harlem"
Realismo social
John Steinbeck, The Grapes of Wrath
Harper Lee, To Kill a Mockingbird
Teatro
Tennessee Williams, A Streetcar Named Desire
Arthur Miller, The Crucible
Toni Morrison, Beloved (fragmentos)
Outros textos de lectura opcional
Lorraine Hansberry, A Raisin in the Sun
Flannery O’Connor. “A Good Man Is Hard to Find”
Leslie Marmon Silko, "Yellow Woman"
Sandra Cisneros, Woman Hollering Creek (1964)
Os contidos poderán ser moderadamente reducidos se as docentes da materia o consideran oportuno para mellorar a dinámica da clase
BÁSICA:
Os textos primarios de lectura obrigatoria do apartado de contidos.
COMPLEMENTARIA:
Bercovitch, Sacvan, ed. The Cambridge History of American Literature. Vol. VIII: Poetry and Criticism, 1940-1995. Cambridge UP, 1996
----------, ed. The Cambridge History of American Literature. Vol. VII: Prose Writing, 1940-1990. Cambridge UP, 1999
Breslin, James E. B. From Modern to Contemporary: American Poetry, 1945-1965. Chicago: The U of Chicago P, 1983
Chase, Richard. The American Novel and Its Tradition. The Johns Hopkins UP, 1975
Conn, Peter. Literature in America. Cambridge UP, 1989
Cunliffe, Marcus. The Literature of the United States. 4th ed. Penguin, 1986
Elliot, Emory, ed. The Columbia Literary History of the United States. Columbia UP, 1988
----------, ed. The Columbia History of the American Novel: New Views. Columbia UP, 1991
Fiedler, Leslie. Love and Death in the American Novel. Revised ed. Penguin, 1984
UP, 1988
Gelpi, Albert. A Coherent Splendor: The American Poetic Renaissance, 1910-1950. Cambridge: Cambridge UP, 1987
González, Constante, On Their Own Premises: Southern Women Writers and the Homeplace. València: Universitat de València, 2008.
Gurpegui, J. A., ed. Historia crítica de la novela norteamericana. Salamanca: Almar. 2001
Hart, James D., and P. Leininger, eds. The Oxford Companion to American Literature. Oxford UP, 1995
Massa, Ann. American Literature in Context IV: 1900-1930. London: Methuen, 1982
Parini, Jay, ed. The Columbia History of American Poetry. New York: Columbia UP, 1994
Ruland, Richard and Malcolm Bradbury. From Puritanism to Postmodernism: A History of American Literature. Viking. 1992
Salzman, Jack, ed. The Cambridge Hadbook of American Literature. Cambridge UP, 1986
Walker, Marshall. The Literature of the United States of America. 2nd ed. Macmillan, 1988
Básicas CB1, CB2, CB3, CB4, CB5
Xerais CG3, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9,
Específicas CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE10
Proporcionaráse unha lista detallada das competencias na aula virtual, e explicará cómo se aplicarán ás actividades
Darase instrución teórica sobre os contextos literarios e culturais, sobre aspiracións estéticas e principios éticos dos autores, así como as pautas necesarias para acercarse a cada unha das obras.
A docencia combinará sempre o teórico co práctico, tanto nas clases expositivas como nas interactivas. En tódalas clases terase en conta a participación activa
Empregaremos ferramentas como o "close reading" para a análise de textos, os obradoiros que fomentan a avaliación por pares, e o debate, no que se participa activamente no traballo individual e en grupo.
É imprescindible realizar a lectura analítica e atenta das obras ANTES da sua explicación e discusión na clase
A avaliación da aprendizaxe comprende a AVALIACIÓN CONTINUA, que computará o 70% da nota, e o EXAME FINAL, que computa un 30% da nota total.
A AVALIACIÓN CONTINUA constará de varios tipos de actividades, que non se poderán repetir para a segunda oportunidade.
*20% da nota final: Obradoiro con avaliación por pares: os estudantes realizarán unha presentación sobre un tema asignado pola profesora, que subirán ao campus virtual, y avaliaránse uns a outros seguindo unha rúbrica proporcionada a tal efecto, ademais de facer un feedback detallado sobre os traballos presentados
*40% da nota final. (20% da nota final para cada debate) 2 DEBATES. Ao principio do curso formaránse grupos que debatirán, nas datas programadas, aspectos relevantes de dúas das obras do programa.
* 5% da nota final. Breves presentacións voluntarias na clase
*5% da nota final. Outras actividades realizadas na clase
IMPORTANTE: é ABSOLUTAMENTE IMPRESCINDIBLE ACADAR UN MÍNIMO DE 2,5 de 5 (5 de 10) na AVALIACIÓN CONTINUA para poder presentarse ao exame final. Se non se acada este mínimo no exame, suspéndese a materia.
AVALIACIÓN SEGUNDA OPORTUNIDADE (XUÑO): aplicaranse os mesmos criterios e porcentaxes. A nota da avaliación continua gárdase para a 2ª oportunidade
Tanto nos exames como nos traballos, valorarase positivamente a capacidade crítica e de síntese, a estruturación adecuada dos ensaios e a claridade no manexo dos conceptos.
En lugar dunha mera repetición de información memorística, as docentes valorarán a aplicación dos conceptos aprendidos en novos casos de análise, así como a interrelación de ideas orixinadas a partir da información recibida
AVALIACIÓN ESTUDANTADO REPETIDOR
Asimesmo, en ambas as oportunidades, aqueles/as estudantes cuxo horario da materia lles coincida parcial ou totalmente co doutra materia (débese entregar xustificante; por exemplo, copia escaneada da matrícula) e/ou repetidores/as poderán ELIXIR unha das seguintes modalidades:
a) só exame final: 100% da nota final da materia.
b) a avaliación estándar: nota da avaliación continua (70% da nota final da materia) e o exame final (30% da nota final da materia).
Ademais, estes/as estudantes DEBERÁN comunicar a súa decisión á coordinadora da materia antes do xoves 25 de setembro por correo electrónico (patricia.fra [at] usc.es (patricia[dot]fra[at]usc[dot]es)). En caso contrario, este estudantado será avaliado mediante o sistema de avaliación estándar: nota da avaliación continua (70% da nota final da materia) e o exame final (30% da nota final da materia).
AVALIACIÓN ESTUDANTADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA
A aqueles/as estudantes que estean exentos/as oficialmente de asistencia a clase avaliaráselles unicamente co exame final que contará o 100% da nota final da materia en ambas oportunidades.
ASISTENCIA
Salvo para o estudantado exento, asistir ao 75 % das horas totais da materia é OBLIGATORIO para presentar as actividades de avaliación continua e para presentarse ao exame final. Para controlar a asistencia, levaráse a cabo un rexistro de asistencia en cada sesión. Para que poida computarse como tal, é necesario permanecer na aula ata a finalización da clase, salvo en casos xustificados como unha indisposición física transitoria.
A xustificación das faltas de asistencia a clase están recollidas en el artículo 3.2. del "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grado y master da USC", aprobado o 25 de novembro de 2024. A acreditación das causas xustificadas para non asistir a clase realizaránse nun prazo de 5 días hábiles. Proporcionaráse ao estudantado máis detalle na aula virtual
USO DA LiNGUA INGLESA
Valoraráse globalmente a corrección no uso da lngua inglesa.
A acumulación de erros gramaticais, ortográficos, etc. suporá unha penalización na nota final de ata 3 puntos.
FRAUDE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións (artigo 16): "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo fraude, tanto de copia e o "cut and paste" (tanto nas presentacións e actividades por escrito coma no examen) serán penalizados cun SUSPENSO na materia, independentemente da nota que se obtivera en calquera outra proba de avaliación. Asimesmo, poderanse tomar as medidas disciplinarias establecidas.
3 horas presenciais de clase por semana.
6 horas semanais de traballo individual semanal para a lectura e preparación das obras.
Esta é unha materia ECTS, polo que o estudantado necesitará 150 horas (incluindo clases presenciais y traballo autónomo) para superala.
Recoméndase a participación activa nos debates, así como a entrega dos exercicios prantexados polas docentes, para acadar a avaliación continua
Recoméndase aclarar todas as dúbidas na clase ou en horario de titorías.
É moi importante que o estudantado estea atento ás mensaxes que reciban do profesorado na Aula Virtual e no seu e-mail corporativo con respecto a indicacións sobre a docencia, as tarefas, etc.
COMPUTADORES PORTÁTILES, TABLETAS, TELÉFONOS MÓBILES E DISPOSITIVOS SIMILARES poderán empregarse durante o desenvolvemento das clases SÓ E UNICAMENTE PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS RELACIONADAS COA APRENDIZAXE DA MATERIA ESPECÍFICA QUE SE ESTÁ IMPARTINDO, E EN NINGÚN CASO DEBE PERTURBAR O BO DESENVOLVEMENTO DO ENSINO E A APRENDIZAXE, A XUIZO DO DOCENTE.
NON ESTÁ PERMITIDO CONSUMIR COMIDA NA AULA DURANTE O DESENVOLVEMENTO DAS CLASES.
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Patricia Fra Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811879
- Correo electrónico
- patricia.fra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Inglés | D08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Inglés | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Inglés | D08 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C09 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C09 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C09 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C10 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C10 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C10 |
03.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
03.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D11 |
03.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D11 |
03.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D11 |