Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar aos/ás estudantes unha visión máis completa do mundo británico e irlandés, incluíndo o estudo das tradicións e crenzas co fin de favorecer a identificación dos/das estudantes coa súa propia cultura e coa cultura das illas británicas e/ou Irlanda. O estudo desta materia axuda ao alumnado na súa formación humanística.
Un segundo obxectivo supón facilitar a correcta asimilación por parte do estudantado dos contidos que aparecen na seguinte sección.
Esta visión xeral da materia inclúe aspectos da cultura e tradicións de Irlanda e as illas británicas.
TEMAS
1. Cultura e Folklore. Definicións. A cultura e o folklore de Gran Bretaña e Irlanda.
2. Britannia e Hibernia: Mito e orixe
3. Personaxes histórico-mitolóxicos e lexendarios, heroes/heroínas, lendas
4. Seres sobrenaturais: fadas, pantasmas e animais fantásticos
5. Música
6. Xogos e deporte
7. Festividades e festivais
8. "Typically British"
O tema 6 deberá ser preparado polo estudantado de forma autónoma en forma de test. A profesora proporcionará tanto o test como os contidos. Polo menos unha pregunta das do test incluirase no exame final.
Bibliografía básica:
Ashe, G. 1990. Mythology of the British Isles. (Guild Publishing. London).
Folklore, Myths and Legends of Britain. (Published by the Reader´s Digest Association Limited. London, 1973).
Hole, C. 1995. A Dictionary of British Folk Customs. (Helicon Publishing Ltd. Oxford).
Marc, Alexander. 2002. A Companion to the Folklore, Myths and Customs of Britain. Stroud, Gloucestershire: Sutton.
Rabley, Stephen. 1996. Customs and Traditions in Britain. Essex, England : Addison Wesley Longman.
Westwood, J. 1987. Albion. A Guide to Legendary Britain (Paladin. Grafton Books. London).
Bibliografía complementaria:
Ashdown-Hill, John. 2015. The Mythology of Richard III. Stroud, Gloucestershire: Amberley.
Boán Francis, Iago. 2020. El bestiario rowlingiano en la saga Harry Potter : fuentes literarias y mitológicas: tesis de doctorado.
Bord, J. and C. 1986. Sacred Waters: Holy Wells and Water Lore in Britain and Ireland. (Paladin. Grafton Books. London).
Bradshaw, B & Roberts, P. British Consciousness and Identity. (Routledge, 1998).
Briggs, K. 1979. A Dictionary of Fairies. (Penguin Books).
Briggs, K. 2004. A Dictionary of British Folk-Tales in the English Language. London & New York: Routledge.
Carson, Annette. 2008. Richard III: The Maligned King. Stroud: The History Press.
Evans, E. E. 1979. Irish Folk Ways. (Routledge & Kegan Paul. London).
Gardiner, J. ed. Who's Who in British History. (Collins & Brown, London, 2000).
Gusdorf, F. & John Wisdom. 2008. Anglofun. Great Britain. Ellipses.
Hutton, R. 1996. The Stations of the Sun. A History of the Ritual Year in Britain. (Oxford University Press).
Kightly, C. 1986. The Customs and Ceremonies of Britain. An Encyclopaedia of Living Traditions. (Thames & Hudson. London).
Kramer, J. Britain and Ireland. A Concise History. (Routledge, London & New York, 2007).
Lindop, C. and Fisher, D. Discover Britain. A Practical Guide to the Language, Country and People. (Cambridge University Press, Cambridge,1986).
Longman. Longman Dictionary of English Language and Culture. (Longman, 1993).
MacDowall, D. Britain in Close-up. (Longman, Essex, 1997).
Morgan, K.O. ed. The Young Oxford History of Britain and Ireland. (Oxford University Press, Oxford, 1996).
Morgan, K.O. ed. The Oxford Illustrated History of Britain. (Oxford University Press, Oxford, 1997, 2009).
Norman, E. A History of Modern Ireland. (Penguin, Suffolk, 1971).
Oakland, J. British Civilization. (Routledge, London, 1991).
Pounds, N. J. G. The Culture of the English People. (Cambridge University Press, Cambridge, 1994).
Pryor, F. 2010. The Making of the British Landscape. (Allen Lane. London).
Seymour, J. 1990. The Forgotten Arts. (Dorling Kindersley Ltd. London).
Snyder, C. A. 2003. The Britons. (Blackwell Publishing. London).
The Wordsworth Dictionary of Phrase and Phable. 1993. Ware, Hertfordshire: Wordsworth Editions.
Thompson, E. P. 1991. Customs in Common. (The Merlin Press, Ltd.London).
Valdés Miyares, J.R. & Tazón Salce, J.E. A Sourcebook of British Civilization. (Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones, 1996).
Wales, Prince of. A Vision of Britain. (Doubleday, London, 1989).
Moi recomendable:
Servizo EzProxy (acceso remoto a 12000 títulos de revistas, máis de 51000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico):
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html
O estudantado debe de ter un nivel intermedio-avanzado de inglés así como de castelán e galego. Tamén debe ter unha serie de coñecementos de historia e cultura das Illas Británicas e Irlanda adquiridos na materia de primeiro ano Historia e cultura dos países de fala inglesa. Terá que ser capaz, ademais, de establecer correspondencias e semellanzas entre os costumes e tradicións dos seus respectivos países e Irlanda e as illas británicas.
O estudantado desenvolverá as seguintes destrezas e habelenzas:
-Lectura comprensiva e análise de textos culturais.
-Capacidade de relacionar aspectos culturais diversos correspondentes a diferentes períodos históricos.
-Capacidade de debate.
-Responsabilidade do seu propio traballo.
-Estimulación do pensamento crítico e independente.
-Aceptación da diversidade cultural.
-Creatividade.
-Práctica e consolidación da expresión escrita e oral en inglés.
Competencias básicas e xerais da materia na memoria verificada do título en: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/graos/grao_ingles/grao_ingles.ht…
CB1- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e normalmente seencontra a un nivel que, ben que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que normalmente sedemostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
CB5- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1- Competencia lingüístico-comunicativa: utilización da lingua inglesa como medio de comunicación oral e escrito, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento, e da organización e auto-regulación do pensamento, das emocións e da conduta. Os coñecementos, actitudes e destrezas propios desta competencia permiten expresar en lingua inglesa pensamentos, emocións, vivencias e opinións, así como dialogar, formarse un xuízo ético e crítico, xerar ideas, estruturar o coñecemento, dar coherencia e cohesión ao discurso e ás propias accións, adoptar decisións e gozar lendo, escoitando ou expresándose de forma oral ou escrita.
CG8-Competencia no tratamento da información nunha segunda lingua, así como da súa cultura e literatura.
O método didáctico que se utilizará en clase depende da participación do estudantado, motivo polo cal se intentará propiciar a actitude participativa por medio de diversas actividades, utilización de ilustracións e explicacións prácticas.
Aínda que parte dos contidos da materia requiren unha explicación máis teórica, intentaremos combinar esta explicación teórica cunha aproximación máis práctica. Por iso a exposición dos contidos de cada unidade apoiarase no uso de materiais ilustrativos como mapas, fotocopias de documentos históricos-culturais, proxeccións de escenas de películas, series televisivas e/ou documentais históricos, retratos e biografías de personaxes relevantes históricos, lendarios ou mitolóxicos, artigos, información e contidos en internet, etc.
En xeral, adaptamos a nosa estratexia didáctica ao modelo de Baker e Westrup coñecido como PPP: tres fases consecutivas de presentación, práctica e produción. Na fase de presentación (dúas horas teóricas cada semana), a profesora ofrece unha aproximación aos contidos esencialmente teórica (sempre co apoio de ilustracións prácticas como fotocopias, mapas, documentos histórico-culturais, etc). Na fase práctica (unha hora á semana), o estudantado terá que facer actividades relacionadas con cada unidade. Finalmente, na fase produtiva, o estudantado terá que levar a cabo e producir actividades autónomas como as que se sinalan no apartado da avaliación deste programa e que conforman a nota da avaliación continua da materia.
Como se mencionou no apartado de 'Contidos', o tema 6 deberá ser preparado polo estudantado de forma autónoma en forma de test. A profesora proporcionará tanto o test como os contidos. Polo menos unha pregunta das do test incluirase no exame final.
Os/as estudantes terán que realizar as actividades deseñadas polo profesorado para a avaliación continua e facer o exame final na primeira e/ou segunda oportunidade.
A nota da avaliación continua conta un 40% da nota final da materia e o exame final conta un 60%.
IMPORTANTE: é ABSOLUTAMENTE NECESARIO ACADAR UN MÍNIMO DE 3 de 6 no exame para que este faga media coa nota da avaliación continua. Se non se acada este mínimo no exame, non se superará a materia.
A aqueles/as estudantes que estean exentos/as oficialmente de asistencia a clase avaliaráselles unicamente co exame final que, nestes casos, contará o 100% da nota final da materia en ambas oportunidades.
Igualmente, en ambas as oportunidades, aqueles/ as estudantes cuxo horario da materia lles coincida parcial ou totalmente co doutra materia (débese entregar xustificante; por exemplo, copia escaneada da matrícula) e/ou repetidores poderán ELIXIR unha das seguintes modalidades:
a) só exame final: 100% da nota final da materia.
b) a avaliación estándar: nota da avaliación continua do curso presente 2025-2026 (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
c) Só no caso do estudantado que repita a materia: nota da avaliación continua do curso pasado (2024-2025) (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia). Se non se ten nota da avaliación continua no curso pasado (2024-2025), poderá gardarse aquela do curso inmediatamente anterior a este no que se dispoña dela.
Ademais, este estudantado DEBERÁ comunicar a través do correo electrónico institucional a súa decisión á coordinadora da materia (cristina.mouron [at] usc.es (cristina[dot]mouron[at]usc[dot]es)) antes das 23:59 h. do venres 3 de OUTUBRO. En caso contrario, este estudantado será avaliado mediante o sistema de avaliación estándar: nota da avaliación continua do presente curso 2025-2026 (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
A nota da avaliación continua gárdase para o exame da segunda oportunidade.
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidade.
As tarefas e exames deben escribirse tamén en inglés. O uso correcto da lingua inglesa terase en conta na avaliación.
IMPORTANTE: a repetición de erros gramaticais básicos no exame terá como resultado o suspenso directo do mesmo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo fraude suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas.
Para a avaliación continua, o estudantado terá que realizar as seguintes actividades e será avaliado cos criterios e a porcentaxe da nota da avaliación continua que se especifican para cada unha das diferentes tarefas:
- 1 presentación oral (ata 1 punto): Tarefa individual. Asignarase un traballo sobre un personaxe histórico, mitolóxico ou lexendario para a súa exposición na clase. Criterios de avaliación: profundidade e calidade da información e os contidos; claridade, coherencia e pertinencia dos contidos; corrección e coherencia na expresión oral; eficacia na presentación oral durante a exposición na aula.
- 1 ensaio breve sobre o filme Elizabeth (ata 1 punto). A realizar na clase. Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos; nivel de calidade acadado; precisión e claridade na expresión das ideas; capacidade de análise crítica; habilidade para integrar e relacionar contidos; corrección e coherencia na expresión escrita.
- 1 ensaio sobre a obra The Daughter of Time de Josephine Tey (1951) (ata 1,5 puntos). A realizar na clase tras a lectura da obra, guiada pola docente. Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos; nivel de calidade acadado; precisión e claridade na expresión das ideas; capacidade de análise crítica; habilidade para integrar e relacionar contidos; corrección e coherencia na expresión escrita.
- British/Irish Music: The Songs of Our Lives (ata 0,5) puntos. Tarefa autónoma a realizar no Campus Virtual sobre cancións británicas e irlandesas. Posta en común na aula. Criterios de avaliación: entrega en prazo; nivel de calidade acadado; precisión e claridade na expresión das ideas; capacidade de análise crítica; habilidade para integrar e relacionar contidos; corrección e coherencia na expresión escrita, corrección e coherencia na expresión oral.
Tanto as datas de entrega, presentación, coma as instrucións para estas tarefas, estarán dispoñibles no CV do estudantado coa antelación suficiente para a súa correcta realización.
Co deseño de tarefas para a avaliación continua, incídese na competencia de autonomía e iniciativa personal (CG6 do título) , xa que o/a estudante participa no proceso da avaliación continua facéndose responsable do seu proprio autoaprendizaxe.
Ademais das tarefas deseñadas para a nota da avaliación continua, poderanse propoñer seminarios e/ou conferencias especializados nun tema histórico e/ou cultural que teñan lugar fóra do horario lectivo. A asistencia non é obrigatoria, pero poderá ser tida en conta cando a nota final da materia estea moi próxima á inmediatamente superior.
As actividades da avaliación continua serán completadas dentro do prazo estipulado. En caso contrario, a tarefa non será considerada para a avaliación continua.
IMPORTANTE: ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN
Asistencia: ASISTIR ao 75 por cento das horas totais da asignatura é OBRIGATORIO para superar a materia e para presentarse ao exame final.
Segundo o establecido no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC” aprobado o 25 de novembro de 2024 a xustificación da falta de asistencia a clase e ás probas de avaliación farase do seguinte xeito:
"Artigo 3.2 Xustificación da falta de asistencia a clase. En todo caso, serán causas xustificadas as seguintes:
a) A realización de exames oficiais ou probas selectivas na Administración, xustificada mediante a acreditación do órgano avaliador.
b) A presenza en órganos colexiados universitarios internos, ou externos á USC cando se asista en representación do colectivo, acreditada mediante a correspondente convocatoria e certificación da secretaría do órgano.
c) O ingreso en centros hospitalarios e as consultas médicas non reprogramables, acreditadas con xustificante do centro médico ou facultativo responsable.
d) A enfermidade que impida a presenza física no centro, debidamente acreditada.
e) O paro académico ou a folga doutros colectivos cando impida o acceso ás aulas.
f) A enfermidade grave ou falecemento dun familiar ata o 2º grao, debidamente acreditada.
g) O cumprimento dun deber público, debidamente xustificado.
h) A limitación oficial de mobilidade por inclemencia meteorolóxica ou estado de alerta, alarma ou excepción debidamente declarado.
i) A participación en actividades por parte de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento, conforme á normativa autonómica e a da USC.
j) Calquera causa de forza maior debidamente acreditada.
3. A acreditación da existencia de causa xustificada para a non asistencia a clase deberá realizarse ante o profesor ou profesora no prazo máximo de cinco días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia. De existir discrepancia de criterio entre o/a docente e o/a estudante sobre a acreditación, a decisión final corresponderá á dirección do centro ou comisión competente.
4. Entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas na programación docente das materias sen necesidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 10% das horas programadas [isto é: todas as horas da materia, tanto expositivas como interactivas], agás nos casos de actividades de realización obrigatoria.
Artigo 5. Falta de asistencia a probas de avaliación.
1. As causas de xustificación da non asistencia a clase recollidas no artigo 3.2. poderán alegarse tamén para xustificar a falta de asistencia a probas de avaliación, agás no caso de deportistas de alto nivel e alto rendemento no que só se flexibilizará o calendario de exames cando coincida coas competicións e con concentracións e adestramentos de seleccións oficiais, xustificados mediante certificación da federación deportiva correspondente.
2. De existir causa xustificada o/a estudante terá dereito a realizar a proba noutra data, que se fixará polo profesorado responsable da materia, preferiblemente de forma consensuada co/a estudante afectado/a e sempre con anterioridade á data de peche de actas da correspondente oportunidade. Entre a comunicación da nova data de avaliación e a realización da proba deberá transcorrer, sempre que sexa posible, un mínimo de dous días hábiles."
A materia impártese en 15 semanas:
Semana 1: Tema 1
Semana 2: Tema 1
Semana 3: Tema 2
Semana 4: Tema 2
Semana 5: Tema 3
Semana 6: Tema 3
Semana 7: Tema 3
Semana 8: Tema 4
Semana 9: Tema 4
Semana 10: Tema 5
Semana 11: Tema 5
Semana 12: Tema 7
Semana 13: Tema 7
Semana 14: Tema 8
Semana 15: Tema 8
Como se mencionou no apartado de 'Contidos' e 'Metodoloxía', o tema 6 deberá ser preparado polo estudantado de forma autónoma en forma de test. A profesora proporcionará tanto o test como os contidos. Polo menos unha pregunta das do test incluirase no exame final.
Dado que esta é unha materia ECTS o/a estudante necesitará realizar 150 horas (presenciais e de traballo autónomo) para superala.
A asistencia e participación en clase son obrigatorias, así como a complementación dos contidos dados en clase coa lectura e estudo da bibliografía recomendada correspondente e a realización de todas as actividades programadas para a materia. Desta forma, o/a estudante accede a dúas notas (a da avaliación continua e a do exame final) no canto de ter que depender tan só dunha única nota final nunha das oportunidades ou nas dúas.
Animarase tamén aos/ás estudantes a asistir a calquera tipo de actividade que os poida poñer en contacto con aspectos, sociais ou culturais de Gran Bretaña e Irlanda; por exemplo, representacións e estreas de películas no cine ou mesmo actividades na Facultade. Ademais, a profesora pode suxerir a lectura opcional de bibliografía especializada, libros (de ficción ou non), películas, series de televisión e documentais que traten sobre aspectos históricos, sociais e culturais de Gran Bretaña e Irlanda, tamén a petición do/da estudante.
A materia impartirase en inglés, aínda que ocasionalmente poderase empregar o galego e o castelán.
A práctica fraudulenta en calquera das actividades do curso non será tolerada baixo ningunha circunstancia.
IMPORTANTE:
De acordo co establecido no artigo 36 da Ley Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), que especifica no seu apartado c) entre os deberes do estudantado: ‘Observar las directrices del profesorado y de las autoridades universitarias’, as normas de convivencia na aula serán as seguintes:
1- Nas clases tanto expositivas como interactivas non está autorizado o uso de teléfonos móbiles, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos/as docentes, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Poderán empregarse tablets ou ordenadores portátiles, exclusivamente para a toma de apuntes e consulta de material no Campus Virtual. Non está permitido o uso de calquer dispositivo electrónico durante a realización de calquera actividade de avaliación, salvo que o profesorado autorice o seu emprego.
2- Os/as estudantes deberán chegar á aula non máis tarde de 10 minutos despois do inicio da clase.
3- Non está permitido consumir comida na aula durante o desenvolvemento das clases.
4- Para que unha sesión poida computarse como asistencia, é necesario permanecer na aula ata a finalización da clase, agás en casos xustificados como unha indisposición física sobrevida.
IMPORTANTE: De acordo co "Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC" (30 de marzo de 2023), o estudantado deberá ter en conta o seguinte:
1. Artigo 44: O comportamento inadecuado na aula poderá ser igualmente penalizado coa apertura dun procedemento disciplinario.
2. Artigo 43: Impedir reiteradamente o normal desenvolvemento das actividades docentes podería considerarse como unha falta grave e, como tal, pode ser sancionada con ata un mes de expulsión ou a perda do dereito á convocatoria da materia en que se cometa a falta.
IMPORTANTE: Non se responderán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do/da estudante (enderezo da USC).
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Cristina Mouron Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811832
- Correo electrónico
- cristina.mouron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D04 |
15.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D09 |
15.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
10.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
10.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D09 |