Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1) Coñecer o sistema lingüístico latino nos seus aspectos sintácticos, principalmente nunha perspectiva sincrónica (con especial atención á época clásica), pero tamén desde unha perspectiva diacrónica.
2) Saber analizar e interpretar as estruturas sintácticas que aparecen nos textos latinos.
3) Desenvolver a capacidade de teorización lingüística mediante a avaliación crítica de diversas propostas explicativas.
A) TEORÍA
1. Introdución: delimitación do concepto “sintaxe”; conceptos básicos; unidades de análise sintáctica; características do corpus latino.
2. A oración simple: concepto, estrutura, constituíntes e niveis, tipos.
3. Categorías de xénero, número e caso. A concordancia.
4. Sintaxe dos casos: nominativo e vocativo; acusativo; xenitivo; dativo; ablativo.
5. O adxectivo.
6. Os pronomes.
7. As preposicións.
8. Adverbios e partículas.
9. Categorías do verbo: persoa e número; tempo e aspecto; modo e modalidade; voz.
10. Formas nominais do verbo.
11. A oración complexa. Coordinación. Subordinación.
12. Oracións completivas.
13. Oracións de relativo.
14. Oracións temporais e causais.
15. Oracións finais, consecutivas e comparativas.
16. Oracións condicionais e concesivas.
17. Orde de palabras.
18. "Consecutio temporum". Atracción modal.
19. Discurso indirecto.
B) PRÁCTICA
Exercicios de análise sintáctica de textos latinos diversos nos que se poñan de manifesto os distintos aspectos sintácticos estudados.
1. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: MANUAIS DE SINTAXE LATINA
BALDI, Ph. & CUZZOLIN, P. (eds.), New Perspectives on Historical Latin Syntax. Syntax of the Sentence, 4 vols., Berlin 2009-2011
BAÑOS, J. M. (coord.), Sintaxis del latín clásico, Madrid 2009
BAÑOS, J. M. (coord., ed.), Sintaxis Latina, I-II, Madrid 2021
BASSOLS DE CLIMENT, M., Sintaxis histórica de la lengua latina, 2 vols., Barcelona 1945-1948
BASSOLS DE CLIMENT, M., Sintaxis latina, 2 vols., Madrid 1956
BENNETT, CH.E., Syntax of Early Latin, 2 vols., Boston 1910-1914
BLATT, F., Précis de syntaxe latine, Lyon-Paris 1952
ERNOUT, A.-THOMAS, F., Syntaxe latine, Paris 1953 (2ª ed.)
GUILLÉN, J., Sintaxis estructural de la lengua latina, Salamanca 1961
HAPP, H., Grundfragen einer Dependenz-Grammatik des Lateinischen, Göttingen 1976
HOFMANN, J. B.-SZANTYR, A., Lateinische Syntax und Stilistik, München 1965
KÜHNER, R.-STEGMANN, C., Ausführliche Grammatik der lateinischen Sprache. II: Satzlehre, 2 vols., revis. A. THIERFELDER, Darmstadt 1980 (8ª ed.)
LÖFSTEDT, E., Syntactica. Studien und Beiträge zur historischen Syntax des Lateins, 2 vols., Lund 1962 (4ª ed.)
PANHUIS, D. G. J., Latin Grammar, Ann Arbor 2006
PINKSTER, H., Sintaxis y semántica del latín, Madrid 1995
PINKSTER, H., The Oxford Latin Syntax. I: The Simple Clause, Oxford 2015
PINKSTER, H., The Oxford Latin Syntax. II: The Complex Sentence and Discourse, Oxford, 2021.
RUBIO, L., Introducción a la sintaxis estructural del latín, Barcelona 1989 (3ª ed.)
SCHERER, A., Handbuch der lateinischen Syntax, Heidelberg 1975
SERBAT, G., Les structures du latin, Paris 1994 (4ª ed.)
SIHLER, A. L., New Comparative Grammar of Greek and Latin, Oxford 1995
TOURATIER, CH., Syntaxe latine, Louvain-la-Neuve 1994
TOVAR, A., Gramática histórica latina. Sintaxis, Madrid 1946
TRAINA, A.-BERTOTTI, T., Sintassi normativa della lingua latina, Bologna 1985 (2ª ed.)
WOODCOCK, E. C., A New Latin Syntax, London-Cambridge 1962
2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
A bibliografía específica sobre cada tema concreto será facilitada na clase no momento oportuno.
1) Capacidade de definir e delimitar a “sintaxe” como disciplina de análise lingüística.
2) Capacidade de identificar e analizar os aspectos sintácticos propios da lingua latina.
3) Capacidade de traballar cos principais enfoques e metodoloxías da descipción e da análise sintáctica aplicables á lingua latina.
4) Habilidade na utilización dos “instrumenta philologica” pertinentes.
Unha parte dos contidos será explicada pola profesora e, eventualmente, outra lida e comentada polos alumnos; especialmente esta última contará con sesións de exposición de dúbidas e comentarios críticos suscitados. Ademais, faranse prácticas (tradución e comentario sintáctico) sobre as construcións e aspectos abordados nas sesións teóricas.
O material de apoio para as explicacións teóricas e, eventualmente, para os exercicios prácticos serán aloxados no aula virtual da asignatura.
Asistencia e participación activa nas clases: ata un 20% da cualificación
Exercicios prácticos: ata un 20% da cualificación
Proba final: ata un 60% da cualificación. (*)
(*) No caso de que se realizase algún parcial da materia, a cualificación obtida só sería válida para facer a media co segundo parcial(/final) no caso de que as dúas partes resultasen aprobadas; non se pode aprobar a materia cun parcial suspenso.
Si por algún motivo dos contemplados onde corresponde non se dese a asistencia a clase (dispensa de asistencia recoñecida, cursar xa a asignatura e ter coincidencia horaria con outra materia) o 100% da nota corresponderá ao exame final final. Nestes casos, o estudante deberá poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso.
Na segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos, reuníndose nunha soa proba o exame dos contidos das dúas partes posibles. Enténdese que as notas conseguidas a través da participación activa e os exercicios prácticos serán as que se teñan ao finalizar a primeira oportunidade (01/2025).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e traballo persoal depende en boa medida da capacidade de cada alumno. Recoméndase polo menos unha media de 5 horas de estudo e traballo semanales.
Véxanse os apartados de "Metodoloxía da ensinanza" e de "Tempo de estudos e traballo persoal".
É conveniente que o estudante teña cursadas as materias de "Lingua Latina 1-2" para posuír xa uns coñecementos básicos de sintaxe latina e unha certa familiaridade cos textos latinos.
A materia impartirase en castelán.
Nas sesións iniciais do curso daranse instrucións máis pormenorizadas.
Concepcion Virtudes Cabrillana Leal
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811806
- Correo electrónico
- concepcion.cabrillana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Benjamin Vidal Estevez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- benjamin.vidal.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | C04 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | C09 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C01 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C09 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |