Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
CONCEPTUAIS.
1. Coñecer e comprender os principais modelos de estudo no campo da psicoloxía do desenvolvemento, diferenciando os constructos teóricos que caracterizan as distintas teorías, os principais modelos e métodos de investigación.
2. Recoñecer e interiorizar a relación desenvolvemento-educación, a través das diversas implicacións educativas das teorías do desenvolvemento, esencial para fomentar o interese do futuro profesorado na práctica educativa de 0 a 3 anos.
3. Coñecer o proceso evolutivo desde a o nacemento ata o final da infancia temperá (0-3 anos)
4. Recoñecer as principais pautas evolutivas e as capacidades, habilidades e destrezas propias e emerxentes en cada momento madurativo da etapa 0-3 anos nos diversos ámbitos do desenvolvemento: intelectivo, afectivo, lingüístico, comunicativo, comportamental e social.
5. Recoñecer as características evolutivas e a súa función educativa no ámbito de 0 a 3 anos
6. Coñecer os diversos contextos de desenvolvemento do neno e a súa relación coa aprendizaxe, os distintos ritmos, contextos e modificabilidade cognitiva.
7. Coñecer e comprender as funcións do proceso de actividade lúdica, a coordinación familia e escola infantil para o óptimo desenvolvemento nesta etapa evolutiva.
8. Recoñecer os factores persoais e/ou sociais que poden explicar a diversidade e as diferenzas no proceso de desenvolvemento dos nenos e nenas.
9. Aproximarse ao concepto de atención temperá e comprender a súa relevancia no eido da educación infantil.
PROCEDIMENTAIS.
1. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre as pautas evolutivas en distintos momentos da etapa 0-3 para adecuar programas educativos orientados a potenciar o desenvolvemento óptimo dos nenos/as, respectando o proceso evolutivo e fomentando a coordinación nas respostas educativas así como as boas prácticas a través da aprendizaxe e a estimulación óptima.
2. Favorecer o desenvolvemento de estratexias e habilidades dentro do marco da creatividade para xerar e adecuar apoios, actividades e recursos educativos que se axusten ás características propias da etapa evolutiva e as características diferenciais das persoas e contextos.
3. Favorecer o desenvolvemento de habilidades cognitivas e metacognitivas de análise, reflexión e organización da información.
4. Fomentar a capacidade de traballo cooperativo e o desenvolvemento de habilidades sociais en grupo.
5. Favorecer o desenvolvemento de habilidades de comunicación, empatía y rigor profesional no profesorado futuro.
6. Fomentar o manexo de recursos bibliográficos e documentais e TICs dentro do marco da competencia informacional.
7. Fomentar o uso e manexo de plataformas virtuais como medio didáctico que permite unha maior continuidade na comunicación profesor-alumno e un mellor seguimento da aprendizaxe.
ACTITUDINAIS.
1. Favorecer valores de tolerancia e respecto cara as outras persoas.
2. Fomentar o desenvolvemento de actitudes abertas, flexibles, comunicativas, empáticas e asertivas na interacción e o traballo en equipo.
3. Desenvolver o respecto á diversidade funcional e das persoas tanto como persoas como futuro profesorado.
A materia desenvólvese a través de cinco bloques teórico-prácticos e un práctico que diversifican os contidos, co fin de lograr unha mellor organización da materia e un mellor seguimento por parte do alumnado, tratando de condensar en cada bloque os coñecementos en función da súa finalidade temática: de rigor en canto a coñecemento actual e contemporáneo, relativa ao proceso de desenvolvemento en sí mesmo e contextual.
BLOQUE 1. PSICOLOXÍA, PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO E EDUCACIÓN INFANTIL. Psicoloxía, desenvolvemento e educación. Teorías, relacións desenvolvemento e aprendizaxe mais destacables e coñecemento psicolóxico e implicacións para a educación. Desenvolvemento e aprendizaxe escolar.
Factores e concepcións actuais do desenvolvemento desde as recentes teorías evolutivas: Principais aportacións da psicoloxía do desenvolvemento para a práctica educativa escolar. A caracter de modificabilidade do desenvolvemento humán, a plasticidade cerebral e a súa estimulación e cambeo. Implicacións para a práctica educativa escolar
BLOQUE 2. O DESENVOLVEMENTO INTELECTUAL E/OU COGNITIVO DE 0-3 ANOS. A intelixencia cognitiva e cognoscitiva. O desenvolvemento cognitivo desde os 0 a 3 anos. O desenvolvemento intelectual ou cognitivo: A explicación evolutiva contemporánea, dos estadios piageteanos e os períodos de crises vygotskianos. Etapas e factores do desenvolvemento intelectual. O estadio sensoriomotriz e o preoperacional temperá. Os períodos de crisis evolutivas e a súa explicación: características, implicacións educativas e coñecementos relevantes para a educación
BLOQUE 3: O DESENVOLVEMENTO DA PERSONALIDADE E AFECTIVIDADE INFANTIL. O desenvolvemento persoal e afectivo dos 0 a 3 anos. O apego, o razonamento moral, o autoconcepto e a identidade persoal. Autoconcepto, autoestima, construcción da personalidade e educación. O desenvolvemento do autoconcepto e características de 0 a 3 anos. O desenvolvemento da identidade humana e a súa explicación. O desenvolvemento moral, a construcción da conciencia moral e a vontade. Implicacións para a educación de 0 a 3 anos.
BLOQUE 4. O DESENVOLVEMENTO SOCIAL: COMPORTAMENTO SOCIAL E INTERACCIÓN SOCIAL DE 0 A 3 ANOS. O social e o individual do desenvolvemento: variables persoais e interpersoais. A importancia do factor social no desenvolvemento cultural. Os iguais e a súa aportación ao desenvolvemento persoal. Etapas e características do desenvolvemento das habilidades e interacción social de 0 a 3 anos. O desenvolvemento de boas prácticas educativas na intelixencia social. Contextos e situacións de capacidade e aprendizaxe. A vivencia coas dificultades e necesidades humáns. As experiencias de aprendizaxe na vida diaria. Etapas e características do desenvolvemento do comportamento de 0 a 3 anos. Autodeterminación e a funcionalidade do comportamento humano. A importancia da coordinación de apoios e atención para o desenvolvemento
BLOQUE 5. O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE E A COMUNICACIÓN DE 0 A 3 ANOS. Etapas e características do desenvolvemento lingüístico e comunicativo de 0 a 3 anos. Funcións da linguaxe e a comunicación no desenvolvemento humán: da etapa prelingüística á gramática estrutural de frase. Fitos da linguaxe comprensiva e expresiva. Comunicación verbal e non verbal no desenvolvemento das persoas de 0 a 3 anos. Apoios e boas prácticas para o desenvolvemento da linguaxe humana.
BLOQUE PRÁCTICAS: O DESENVOLVEMENTO DE APOIOS EDUCATIVOS E BOAS PRÁCTICAS DE O A 3 ANOS: Versarán sobre os contidos teóricos e os problemas actuais en torno ao desenvolvemento e a educación, o crecemento e a súa estimulación, a formación das persoas e a construcción do coñecemento así como a o mundo social que queremos e xeramos coas persoas que formamos. Constará dunha rúbrica e os recursos necesarios para o seu desenvolvemento así como a titorización obrigatoria por parte do profesorado que guien a práctica e determinarán a súa posta en escea. Terán como obxeto a aproximación pola vía profesional e desenvolvemento de hábitos aos contidos da materia.
BERGER, K.S. (2007) Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Madrid: Médica Panamericana.
BERK, L.E. (2004) Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
CRAIG, G.J.; y BAUCUM, D. (2009) Desarrollo psicológico. Méjico: Prentice-Hall.
DELVAL, J. (2002) El Desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI.
DELVAL, J. (2001) Jean Piaget: El constructivismo (cap. 8) en F. Beltrán (Ed.). Pedagogías del Siglo XX. Barcelona: GRAO.
ELKONIN, A (1985) Psicología del Juego. Madrid: Visor.
FELMAN, R.S. (2008) Desarrollo en la infancia. México: Prentice Hall (4ª ed.)
FLAVELL, J (1982) El desarrollo cognitivo. Madrid: Visor.LEONTIEV, A (1984). Actividad, conciencia y personalidad. México: Cártago.
MIETZEL, G. (2005) Claves de la psicología evolutiva. Infancia y juventud. Barcelona: Herder.
MIRAS, F.; SALVADOR, F. e ÁLVAREZ, J. (2001) Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario
MOLL, L. (1993) Vygotski y la educación. Connotaciones y aplicaciones de la psicología sociohistórica a la educación. Argentina: Aique.
MORALEDA, M. (1992) Psicología del desarrollo. Infancia, adolescencia, madurez y senectud. Barcelona: Boixareu Universitaria
MUJINA, M.(1985) Psicología de la edad preescolar. Madrid: Visor.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.) (1990) Desarrollo psicológico y educación, I. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza Psicológica.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.) (2002) Desarrollo psicológico y educación, I. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza. Psicología y Educación (2ª ed.)
PAPALIA, D.E., WENDKOS, S. e DUSKIN, R. (2005) Desarrollo humano. Madrid: McGraw-Hill (9ªed.)
PERINAT, A. (2002) Psicología del desarrollo. Del nacimiento al final de la adolescencia. Barcelona: UOC.
PIAGET, J (1975) Seis Estudios de Psicología. Buenos Aires: Paidós-
PIAGET, J. (1976) De la lógica del niño a la lógica del adolescente. Buenos Aires: Aiqué.
PIAGET, J. (1984) Psicología del niño. Madrid: Morata
GARCIA MADRUGA, J.A. y Cols.(2002) Psicología Evolutiva (vol.I,II). Madrid: UNED.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y CARRETERO, M. (2004) Psicología evolutiva (vol. I, II). Madrid: Alianza.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y COLL, C. (2006) Desarrollo psicológico y Educación (vol. I, II). Madrid: Alianza.
PAPALIA, D.E.; OLDS, S.W. y FELDMAN, R.D.(2009) Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. Bogotá: McGraw-Hill.
SHAFFER, D.R.(2007) Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Méjico: Internacional Thomson.
SANTROCK, J.W. (2007) Desarrollo infantil. Madrid: McGraw Hill.
VYGOTSKI, L. S. (1982) Obras escogidas (Vol. 2). Madrid:Visor Distribuciones
WERSCHT, J. V. (1985) Vygotsky y la formación social de la mente. Barcelona: Paidós.
WERSCHT, J. V. (1989) Los mecanismos semióticos en la actividad cognitiva conjunta. Infancia y aprendizaje, 47, 2-22.
WERSCHT, J. V. (1991) Voces de la mente. Un enfoque sociocultural para el estudio de la acción mediada. Madrid: Visor Distribuciones.
WERSCHT, J.V. y SOHMER, R. (1995) Vygotsky on learning and development. Human Development, 38, 332-337.
WERSCHT, J. V. y STONE, C.A. (1985) The concept of internalization in Vygotsy's account of the genesis of higher mental functions. En J. Wertsch (Ed.), Culture, communication and cognition: Vygotskian perspectives (pp. 162-179). Cambridge, MA: Cambridge University
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA.
AEBLI, H. (1985) Doce formas básicas de enseñar. Madrid: Narcea, 1988.
AINSCOW, M. (2001) Desarrollo de escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Madrid,
Narcea.
AINSCOW, M.; BERESFORD, J.; HARRIS, A.; HoPKINS, D. y WEST, D. (2001) Crear condiciones para la mejora del trabajo en el aula. Manual para la formación del profesorado. Madrid: Narcea.
Arnaiz, P. (2003) Educación inclusiva: una escuela para todos. Málaga: Ediciones Aljibe.
BELTRÁN, J. y BUENO, J. A. (1995) Psicología de la Educación. Barcelona: Boixareu Universitaria.
BERK, L. (1999) Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
BERMEJO, V. (Coord.)(1994) El desarrollo cognitivo. Madrid. Síntesis.
BOADA, H. (1986) El desarrollo de la comunicación en el niño. Barcelona: Anthropos.
BOWER, T. (1979) El mundo perceptivo del niño. Madrid: Morata.
BOWLBY, J. (1986) Vínculos afectivos: formación, desarrollo y pérdida. Madrid: Morata.
BRADLEY, S. (1989) Concepciones
de la infancia. Madrid: Alianza.
BRONFENBRENNER, U. (1987) La ecología del desarrollo humano. Barcelona: Paidós.
BRUNER, J. (1988) Desarrollo cognitivo y educación. Madrid: Morata.
CARRETERO, M. y GARCIA-MADRUGA, J. (Comps.)(1984) Lecturas de psicología del pensamiento. Madrid: Alianza Psicología.
COLL, C. (1987) Psicología y currículum. Barcelona, Laia.
COLL, C y otros (2000) El constructivismo en el aula. Ed Grao
COLL, C. (2007) Una encrucijada para la educación escolar. Cuadernos de pedagogía, 370, 19-23
COLL, C., PALACIOS, J. y MARCHESI, A. (1990) Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la Educación. Madrid: Alianza Editorial.
COMELLAS,M.J. y PERPINYA,A. (1984) La psicomotricidad en preescolar. Barcelona: CEAC.
CORRAL, A. (1994) Capacidad mental y desarrollo. Madrid: Visor.
DELVAL, J. (Comp.) (1978) Lecturas de psicología del niño. Vol.1 y Vol.2. Madrid: Alianza.
DEMAUSE, Li. (1974) Historia de la infancia. Madrid: Alianza, 1982.
DONALSON, M. (1979) La mente de los niños. Madrid: Morata.
DUNN, J. (1993) Los comienzos de la comprensión social. Buenos Aires: Nueva Visión.
ECHEITA, G. (2006) Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. Madrid: Narcea.
ELBOJ, C. y cols. (2002) Comunidades de aprendizaje. Transformar la educación. Barcelona: Editorial Graó.
ENESCO, I. (2000) Psicología del Desarrollo. Enciclopedia Micronet. . Htpp//www.encicionet.es
ERIKSON, E.H. (1980) Identidad, juventud y crisis. Madrid: Taurus.
FLAVELL, J. H. (1992) Desarrolla cognitivo. Nueva edición revisada. Madrid: Visor, 1993
FOSS, B. (1978) Nuevas perspectivas en el desarrollo del niño. Madrid: Fundamentos.
FURTH, H.G. y WACHS, H. La teoría de Piaget en la práctica. Buenos Aires: Kapelusz.
GARCIA-MADRUGA, J.A. (1991) Desarrollo y conocimiento. Madrid: Siglo XXI.
GARTIN, B.C., MURDICK, N.L., IMBEAU, M., y PERNER, D.E. (2002) How to use differentiated instruction with students with developmental disabilities in the general education classroom. ALEXANDRIA, VA: A Publication of the Developmental Disabilities of
... (segue no apartado de observacións)
A. COMPETENCIAS XERAIS
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e
integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia no aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Desenvolver hábitos de observación en contextos de aprendizaxe e convivencia e analizalos de forma rigurosa e científica.
G.8.- Coñecer fundamentos de saúde e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e
destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo nos estudantes.
B. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E.2. Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3.
E.3. Identiviar os fundamentos de atención temperá.
E.4. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, comportamentais, comunicativas, sociais, afectivas.
E.5. Saber promover a adquisición de hábitos ao redor da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a
observación, a experimentación, a imitación a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e
heurístico.
E.21. Desenvolver o traballo en equipa (de forma colaborativa e cooperativa) con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo no aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3.
C. COMPETENCIAS BÁSICAS
B.2. Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para
emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
D. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
A metodoloxía do proceso de ensino-aprendizaxe diversificarase en tres tipos de traballo que implican sesións de distinta natureza, con grupos de distinta composición dacordo ao seu tamaño e ás posibilidades de desenvolver actividades de diferente índole en contextos determinados.
a) Sesións expositivas en gran grupo: inclúen clases de natureza explicativa e expositiva, nas cales facilitaranse ao alumnado os conceptos fundamentais dos bloques do programa, destacando os aspectos máis relevantes do contido de cada unha das temáticas. Empregaranse apoios educativos como presentacións ppt, ou materiais audiovisuais que faciliten o seguemento e a comprensión do contido por parte do alumnado así como o plantexamento de dúbidas e desequilibrios que faciliten a súa construcción de esquemas de coñecemento. O seu fin último é a consecución de organizacións e elaboración de esquemas e coñecementos que o alumnado precisará para outro tipo de traballos posteriores na materia.
b) Sesións en grupo mediano (grupo interactivo): inclúen sesións de natureza comprensivo-explicativa, nas cales tratase de profundar nos contidos dos bloques impartidos nas clases expositivas, a través de actividades de lectura persoal, reflexión e formulación de dúbidas ou debates en torno a información. Por outra banda, utilizanse estes tempos de sesións con grupos interactivos para organizar e orientar as directrices para a elaboración dos diversos traballos prácticos daqueles temas ou aspectos do temario que o requiran. Tamén se realizarán nestas sesións as presentacións ou exposicións dos traballos en grupo ou individualmente, segundo se sinale para cada traballo co obxeto de procurar habilitades e estratexias de aprendizaxe e desenvolvemento. Finalmente, nestas sesións facilitarase ao alumnado instrucións para o desenvolvemento de competencias cognoscitivas, en canto ao uso de recursos BUSC (bibliográfico-documentais) ou da plataforma virtual empregada para o desenvolvemento da materia así como a adquisición de destrezas do seu futuro laboral como comunicar en grupo, establecer dinámicas de grupo así como dirixir e guiar procesos de ensino e aprendizaxe.
c) Sesións en pequeno grupo. Organizarase o alumnado en pequenos grupos a partir dos grupos de traballo establecidos nas sesións interactivas. Nestas sesións realizarase o seguemento e titorización dos traballos e estableceranse as pautas de asesoramento e orientación necesarias para a elaboración oportuna dos mesmos. Tratando de reservar as titorías ordinarias para a atención de demandas e necesidades persoais.
d) Establecerase recursos de reflexión e a xeración de oportunidades para o desenvolvemento de solucións a posibles demandas e necesidades que se podan plantexar na demanda profesional por parte do alumnado incentivando a creatividade e a xeración de ideas.
O material base da asignatura son as lecturas expostas e presentadas na aula virtual representativas dos contidos expostos na aula; os demais instrumentos e recursos son de ensino e aprendizaxe para posibilitar o acceso polas distintas vías á aprendizaxe e a construcción de esquemas de coñecemento no alumnado polo que se exixe unha participación activa e interesada na materia. En función disto, os elementos de avaliación que darán lugar á calificación son:
A) PARTICIPACIÓN NA AULA: 10%: Control de asistencia e rexistro de participación. Interés e esforzo observado na participación na aula a través da disposición, participación e actividade observada nela e nas actividades propostas e a súa resolución.
B) PROBAS ESPECÍFICAS: 50%. Unha proba obxectiva tipo test de resposta verdadeiro/falso no que os erros contan e penalizan en forma de dous erros un acerto co obxeto de correxir o azar nas respostas e o seu impacto na avaliación; contará o 40 por cento da avaliación final. Asímesmo, realizarase un ensaio académico individual nas últimas clases presenciais contando ata un 10 % da avaliación
C) TRABALLOS DE CLASE, INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS 30%. Actividades presenciais e traballo académico realizadas na clase en torno aos contidos de cada bloque individual ou en grupo que facilitarán a aprendizaxe de hábitos profesionais e persoais para o ensino e aprendizaxe en contextos reais.
D)Prácticas da materia: 10%. Realizacións e Exposicións na aula de actividades de ensino e aprendizaxe sobre as que desenvolver ensaios e documentos académico-profesionais co obxeto de ir aprendendo a comunicar información rigurosa e acorde co obxeto da materia.
En concreto:
A) Observación da participación na aula: avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula xunto ao esforzo na elaboración e entrega de traballos e actividades realizadas nela. Contará ata un 10% da cualificación da materia. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado (1 punto). O alumnado que non participe sen xustificación a máis dun 20% das sesións presenciais (4 faltas), non terá puntuación neste apartado. O alumnado que, polas razóns que sexan, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos, nin actividades, nin participar nas presentacións orais, polo tanto, será avaliado unicamente no exame oficial, mantendo a proporcionalidade antes sinalada. Tradúcese en que debe ter como mínimo un 0,5 para poder aprobar este apartado.
B) Probas específicas. O alumnado deberá superar unha proba específica ou exame oficial na data especificada e aprobada pola Xunta de Facultade estando exposta na información na sua web. Consistirá nunha proba tipo test con resposta de verdadeiro-falso. Suporá ata un 40% da cualificación da materia. É condición necesaria para a superación da materia ter un aprobado (un 2 sobre 4 como mínimo) nesta proba. Unha vez superado este requisito, sumaranse as puntuacións do resto de apartados da avaliación. Si non existen ou no se cumpre coa entrega dos outros apartados, a nota que figurará nas actas será a nota da proba ou exame conforme o mesmo. Serán 40 preguntas con resposta de tipo V-F co obxecto de avaliar a claridade dos conceptos e o esforzo na comprensión da súa aprendizaxe. Durará 30 minutos e será realizado na data oficial da asignatura; a súa corrección será pola fórmula de A-E/2 todo elo dividido por 4 conforme a baremación global dos catros apartados de avaliación. Na última clase do curso académico presencial realizarase un ensaio académico segundo as normas APA expostas no campus virtual e será avaliado conforme a rúbrica na mesma plataforma da materia. (contará ata un 10 por cento da avaliación da materia: 1 punto)
C) Ensaios, Informes e outras producións escritas. Durante o curso, cada alumna/o debera presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais entregándoas no campus virtual en horario e data . O profesorado da materia que dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da materia (3 puntos). Neste apartado tamén se terá en conta a actividade desenvolvida polo alumnado na plataforma virtual cumprindo cos requisitos e ratio dos traballos globais e totais da materia. É necesario cumplir coa entrega e formas necesarias para ser contemplada e aprobada para o que deberá obter unha puntuación mínima de 1,5.
D) Prácticas e elaboracións orais académico-profesionais. Contarán ata un máximo do 10% da cualificación da materia. Consistirá na realización de traballos académico-profesionais en formación e a súa entrega e exposición escrita/oral polos recursos que se establezan na clase ou a través da plataforma virtual da materia; non serán recollidas fora da data de entrega.
A proba Oficial é aprobada pola Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade para o que será necesario que se siga a súa normativa e cumpla cos requisitos contemplados nela.
Ademais destas indicacións específicas, son tamén criterios para avaliar o rendemento académico do alumnado:
- A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de Educación Infantil.
- A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
- O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da materia e a capacidade para relacionalos cas demais materias do curso
- A habilidade para integralos no saber do alumnado, futuro mestre/a de Educación Infantil.
- A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
- A calidade da actividade autónoma (informes, traballos,…) que inclúe, ademais do contido, a presentación ordeada das actividades e a súa entrega nos prazos sinalados.
- A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección tanto oral como expresiva.
IMPORTANTE
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso realizar en prazo tódalas actividades de avaliación especificadas e superar a metade da puntuación total de cada un dos apartados.
É RESPONSABILIDADE DO ALUMNADO ASEGURARSE A ENTREGA, RECEPCIÓN E CUMPRIR COS REQUISITOS ESTABLECIDOS NESTES APARTADOS EN TRABALLOS, DATAS, CONSIGNAS...
Os traballos individuais ou grupais do alumnado deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade e preséntase A SEGUNDA OPORTUNIDADE, manterá todas as puntuacións acumuladas nos diferentes apartados da avaliación, tendo que facer unicamente A PROBA OFICIAL e superalo nas mesmas condicións da primeira oportunidade . Se non ten puntuacións nalgún dos apartados, participará igualmente da proba ou exame, pero neste caso a puntuación máxima PONDEDARASE conforme ao 70 % da calificación total. O alumnado de 2ª e sucesivas convocatorias, é dicir, alumnado repetidor, aplicaráselle este mesmo criterio. Únicamente, terá que presentarse á proba oficial cunha puntuación máxima de 7 puntos, podendo cumprir co requisito do 30% en forma de tres ensaios académicos que deben realizar ao longo do curso, excepto o alumnado repetidor que se incluia no curso ordinario, para os que se seguirán os mesmos criterios que para o resto do alumnado matriculado neste curso.
A USC é unha Uni versidade presencial polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatorio. No caso de que o alumnado presente unha ausencia de máis dun 20% das sesións, o alumnado non terá opción a ser avaliado na entrega de traballos ou outras producións escritas.
ALUMNADO CON DISPENSA.
O alumnado con dispensa de docencia deberá manter, desde o principio, contacto e comunicación co profesor, o cal informaralle pola canle máis oportuna para o seguemento da asignatura no seu caso así como dos traballos que terán oportunidade de realizar, e que, por razóns obvias, poden ser de distinta natureza a dos traballos do alumnado presencial. Neste sentido, deberán respetarse, igualmente, as datas de entrega e os criterios establecidos polo profesor en canto a forma e contido do traballo. PARA ILO ABRIRASE UNHA ENTREGA DE TRABALLO NA AULA VIRTUAL ESPECIFICADO PARA O MESMO CANDO SE TRATE DE TRABALLO ESPECIFICO.
- Presentarase á proba oficial da materia na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade e será do mesmo tipo para todo o alumnado, tanto presencial como con dispensa. Terá unha carga do 50 %. Con 40 preguntas do tipo Verdadeiro/Falso no que dous erros penalizan un acerto (A-E/2).
- Elaboración de dous ensaios académicos sobre a temática que se abrirá no curso en cada bloque (un ao final do segundo bloque temático e outro ao final do quinto) para o seu desenvolvemento sendo avaliados conforme a Rúbrica de avaliación contemplada na materia para ensaios académicos (20%)
-Elaboración dunha síntese dun bloque de contidos nun equema sintéctico e un resumo do esquema, nun folio cada unha das partes (10%); avaliarase segundo a rúbrica do campus virtual.
- Elaboración dunha presentación visual e gráfica dun bloque ou contido da asignatura en forma de recurso educativo onde presentar a documentación e organizala en forma de aprendizaxe académica. Será avaliada segundo a rúbrica de avaliación do campus virtual da materia. (10%)
- Participación e entrega das prácticas para o que se abrirá un bloque no campus virtual da materia na que deberán cumprir cos requisitos especificados nel. (10%). Serán obxeto as prácticas así como a elaboración de traballos prácticos relacionados coa materia sobre as que desenvolver ensaios e documentos académico-profesionais co obxeto de aprender a comunicar información rigurosa e acorde co obxeto da materia así como o traballo de elaboración en torno aos contidos de aprendizaxe.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Nº de horas presenciais------------------------------Actividades de traballo autónomo
Actividades en gran grupo-------24--------------------------------------------------35
Actividades en grupo mediano--24--------------------------------------------------45
Actividades en pequeno grupo---3--------------------------------------------------19
Total horas (25h x nº crédt)----51--------------------------------------------------99= 150 horas
Recoméndase ao alumnado
1. A organización e elaboración do traballo segundo os criterios establecidos polo profesor mostrando interés e esforzo nas actividades e tarefas a desenvolver nas mesmas
2. Aprender a preguntar, mantemento dunha comunicación continuada co profesor que garanta o seguimento oportuno da materia e a consulta de todas aquelas cuestións que lle poidan expor dúbida ou conflito para a máxima comprensión do contido.
3. A disponibilidade dun computador con acceso a rede ou na súa falta a posibilidade de uso dos computadores e os recursos dos que poda dispor. Este requisito é indispensable para o seguemento da materia a través da plataforma virtual que se utilizará como recurso didáctico na materia.
O seguemento do profesorado así como a demanda das instruccións son obrigatorias para o desenvolvemento e entrega das prácticas; así mesmo, pode demandarse a súa millora si estas non cumpren coas características da demanda.
NON SE ACEPTARÁN TRABALLOS FORA DOS PRAZOS E DATAS SINALADOS PARA ILO. AS ACTIVIDADES DE ENTREGA ESTÁN PENSADAS PARA SER REALIZADAS NA AULA E NA CLASE PERO CON MOTIVO DE SER REVISADAS E MILLOR ELABORADAS PODE FACILITARSE A SÚA ENTREGA EN TEMPO E DATA ESTIPULADO POLO PROFESORADO.
EN MATERIA DE ASISTENCIA, DEREITOS E DEBERES E AVALIACIÓN, RECOMÉNDASE CONSULTAR AS NORMATIVAS E DISPOSICIÓNS DA USC EXPOSTAS NO CAMPUS VIRTUAL E NO CAMPUS DA FACULTADE E UNIVERSIDADE.
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia e seguimento a un mínimo do 80% das sesións de clase, cumprimento e seguimento das actividades de ensino e aprendizaxe é obrigatorio.
Demándase por parte do alumnado a sua implicación, interés e esforzo na realización das actividades de aprendizaxe da materia, suxirindo que esta se faga de forma continuada e ao longo do curso conforme as directrices enunciadas ao longo deste programa; para ilo, presentarase nas primeiras clases e as actividades están elaboradas para cumplir co horario das mesmas sin que supoña un tempo engadido mais que o contemplado polas directrices do Grado.
O alumnado con dispensa de docencia deberá manter, desde o principio, contacto e comunicación co profesor, o cal informaralle da canle máis oportuna para o seguemento da materia no seu caso, así como dos traballos que terán oportunidade de realizar, e que, por razóns obvias, poden ser de distinta natureza á dos traballos do alumnado presencial. Neste senso, deberán respetarse, igualmente, as datas de entrega e os criterios establecidos polo profesorado en canto a forma e contido do traballo.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA.
AEBLI, H. (1985) Doce formas básicas de enseñar. Madrid: Narcea, 1988.
AINSCOW, M. (2001) Desarrollo de escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Madrid,
Narcea.
AINSCOW, M.; BERESFORD, J.; HARRIS, A.; HoPKINS, D. y WEST, D. (2001) Crear condiciones para la mejora del trabajo en el aula. Manual para la formación del profesorado. Madrid: Narcea.
Arnaiz, P. (2003) Educación inclusiva: una escuela para todos. Málaga: Ediciones Aljibe.
BELTRÁN, J. y BUENO, J. A. (1995) Psicología de la Educación. Barcelona: Boixareu Universitaria.
BERK, L. (1999) Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
BERMEJO, V. (Coord.)(1994) El desarrollo cognitivo. Madrid. Síntesis.
BOADA, H. (1986). El desarrollo de la comunicación en el niño. Barcelona: Anthropos.
BOWER, T. (1979) El mundo perceptivo del niño. Madrid: Morata.
BOWLBY, J. (1986) Vínculos afectivos: formación, desarrollo y pérdida. Madrid: Morata.
BRADLEY, S. (1989) Concepciones
de la infancia. Madrid: Alianza.
BRONFENBRENNER, U. (1987) La ecología del desarrollo humano. Barcelona: Paidós.
BRUNER, J. (1988) Desarrollo cognitivo y educación. Madrid: Morata.
CARRETERO, M. y GARCIA-MADRUGA, J. (Comps.)(1984) Lecturas de psicología del pensamiento. Madrid: Alianza Psicología.
COLL, C. (1987) Psicología y currículum. Barcelona, Laia.
COLL, C y otros (2000) El constructivismo en el aula. Ed Grao
COLL, C. (2007) Una encrucijada para la educación escolar. Cuadernos de pedagogía, 370, 19-23
COLL, C., PALACIOS, J. y MARCHESI, A. (1990) Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la Educación. Madrid: Alianza Editorial.
COMELLAS,M.J. y PERPINYA,A. (1984) La psicomotricidad en preescolar. Barcelona: CEAC.
CORRAL, A. (1994) Capacidad mental y desarrollo. Madrid: Visor.
DELVAL, J. (Comp.) (1978) Lecturas de psicología del niño. Vol.1 y Vol.2. Madrid: Alianza.
DEMAUSE, Li. (1974) Historia de la infancia. Madrid: Alianza, 1982.
DONALSON, M. (1979) La mente de los niños. Madrid: Morata.
DUNN, J. (1993) Los comienzos de la comprensión social. Buenos Aires: Nueva Visión.
ECHEITA, G. (2006) Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. Madrid: Narcea.
ELBOJ, C. y cols. (2002). Comunidades de aprendizaje. Transformar la educación. Barcelona: Editorial Graó.
ENESCO, 1. (2000) Psicología del Desarrollo. Enciclopedia Micronet. . Htpp//www.encicionet.es
ERIKSON, E.H. (1980) Identidad, juventud y crisis. Madrid: Taurus.
FLAVELL, J. H. (1992) Desarrolla cognitivo. Nueva edición revisada. Madrid: Visor, 1993
FOSS, B. (1978) Nuevas perspectivas en el desarrollo del niño. Madrid: Fundamentos.
FURTH, H.G. y WACHS, H. La teoría de Piaget en la práctica. Buenos Aires: Kapelusz.
GARCIA-MADRUGA, J.A. (1991) Desarrollo y conocimiento. Madrid: Siglo XXI.
GARTIN, B.C., MURDICK, N.L., IMBEAU, M., y PERNER, D.E. (2002) How to use differentiated instruction with students with developmental disabilities in the general education classroom. ALEXANDRIA, VA: A Publication of the Developmental Disabilities of the Council for Exceptional Children
GARVEY, C. (1985) El juego infantil. Madrid: Morata
GARVEY, C. (1986) Lenguaje infantil. Madrid: Morata.
GINÉ, C. y FONT, J. (2007) El alumnado con discapacidad intelectual y del desarrollo. En Joan Bonals y Manuel Sánchez-Cano (coord.) Manual de asesoramiento pedagógico (pp. 879-914). Barcelona: Editorial Grao.
GONZÁLEZ, Ma C. Y TOURÓN, J. (1992) Autoconcepto y rendimiento escolar. Pampiona: EUNSA.
GONZÁLEZ-CUENCA, A.M.; FUENTES, M.J.; DE LA MORENA, M.L. y BARAJAS, C. (1995) Psicología del desarrollo. Teoría y prácticas. Málaga: Aljibe.
GOOD, T.L. y BROPHY, J.E. (1983) Psicología educacional. México: Interamericana.
GREGORY, G.H. y CHAPMAN, C. (2002) Differentiated Instructional Strategies. Thousand Oaks, Ac: Corwin Press.
HARRIS, P. (1992) Los niños y las emociones. Madrid: Alianza.
HERNANDEZ DE LA TORRE, E. (1997) El grupo clase y sus diferencias individuales desde la perspectiva significativa del aula. En P. Darder y J. Gairín (Coords.). Organización y gestión de centros educativos (pp.114-120). Barcelona: Praxis.
HOFFMAN, L.; PARIS, S. y HALL, E. (1995) Psicología del desarrollo hoy. Vol.1 Madrid: McGraw-Hill.
INHELDER, B. y PIAGET, J. (1955) De la lógica del niño a la lógica del adolescente. Buenos Aires: Paidós, 1972.
INHELDER, B., SINCLAIR, H. y BOVE, M. (1975) Aprendizaje y estructuras del conocimiento. Madrid: Morata.
KAIL, R. (1984) El desarrollo de la memoria en los niños. Madrid: Siglo XXI.
KAMII, C. y DEVRIES, R. (1977) La teoría de Piaget y la educación preescolar. Madrid: Pablo del Río, 1988.
KAYE, K. (1986) La vida mental y social del bebé. Barcelona: Paidós.
KIMMEL, D. Y WEINER, 1. (1995) La adolescencia: una transición del desarrollo. Barcelona: Ariel, 1998.
KOZULIN, A. (1990). La psicología de Vygotsky. Madrid: Alianza Psicología, 1994.
LANE, H. (1979) El niño salvaje de Aveyron. Madrid: Alianza, 1984.
LANGFORD, P. (1987) El desarrollo del pensamiento conceptual en la escuela primaria. Madrid: Paidós/MEC, 1989.
LINAZA, J. y MALDONADO, A. (1987) Los juegos y el deporte en el desarrollo psicológico del niño. Barcelona: Anthropos.
LINAZA, J. (1985) El desarrollo físico y motor. Madrid: Ministerio de Educación.
LINAZA, J. (1991) Jugar y aprender. Madrid: Alhambra Longman.
LOPEZ, F. (1985) La formación de los vínculos sociales. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
LURIA, A.R. y YUDOVICH, F.I. (1984) Lenguaje y desarrollo intelectual en el niño. Madrid: Siglo XXI.
MARTÍN, C. (1999) Psicología del desarrollo y de la educación en edad escolar. Valladolid: Ámbito.
NELSON, C. (1988) El descubrimiento del sentido. Madrid: Alianza.
NICKERSON, R.S., PERKINS, D.N. y SMITH, E.E. (1985) Enseñar a pensar. Aspectos de la aptitud intelectual. Madrid: Paidós/MEC,
OVEJERO, A. (1990) El aprendizaje cooperativo: una alternativa eficaz a la enseñanza tradicional. Barcelona, PPU.
PARRILLA, A. (2001) 0 Longo camiño cara a Inclusión». Revista Galega do Ensino, 32 pp. 35-54
PALACIOS, J., MARCHESI, A. y COLL, C. (Comps.)(1990) Desarrollo psicológico y educación. VoL 1. Madrid: Alianza.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y CARRETERO, M. (1985) Psicología Evolutiva (3 vols.) Madrid: Alianza.
PAPALIA, D. Y WENDKOS, S. (1992) Psicología del desarrollo. De la infancia a la adolescencia. Madrid: McGraw-Hill.
PÉREZ GÓMEZ, A. y ALMARAZ, J. Lecturas de aprendizaje y enseñanza. Madrid: Zero S.A
PEREZ DE LARA, N. (1998) La capacidad de ser sujeto. Barcelona, Paidós.
PERRET-CLERMONT, A -N. (1989) La construcción social de la inteligencia en la interacción socíal Madrid: Visor.
PIAGET, J. e INHEIDER, B. (1966) La psicología del niño. Madrid: Morata, 1975.
PIAGET, J. (1978) Seis estudios de psicología. Barcelona: Seix Barral.
PIAGET, J. e INHELDER,B. (1981) Psicología del niño. Madrid: Morata.
PIAGET,J. (1983) El criterio moral en el niño. Barcelona: Fontanella.
POZO, J.I. (1987) Aprendizaje de la ciencia y pensamiento causa¡. Madrid: Visor.
POZO, J.I. (1996) Aprendices y maestros. La nueva cultura del aprendizaje. Madrid: Alianza editorial.
POZO, J.¡. (1996) Teorías cognitivas del aprendizaje. Madrid: Morata.
Pujolas, P. (2001) Atención a la diversidad y aprendizaje cooperativo en la educación obligatoria. Málaga: Aljibe
RODRIGO, M.J. (1994) Contexto y desarrollo social. Madrid: Síntesis.
SCHAFFER, R.H. (1994) Decisiones sobre la infancia. Madrid: Aprendizaje/Visor.
SELIGMAN, M.E.P. (1975) Desarrollo emocional y educación. Madrid: Debate.
SIEGEL, I.S. y BRAINERD, C.J. (1983). Alternativas a Piaget. Madrid: Pirámide.
SIGUAN, M. (Comp.) (1986) Estudios sobre Psicología del lenguaje infantil. Madrid: Pirámide.
SINCLAIR, H. y otros (1982) Los bebés y las cosas. La creatividad del desarrollo cognoscitivo. Barcelona: Gedisa, 1983.
STAIMBACK, S. y STAIMBACK, W. (1999) Aulas inclusivas. Madrid: Narcea
TOMLINSON, C. A. (2000) Differentiation of Instruction in the Elementary Grades. ERIC Digest. ED443572 2000-08-0
TURIEL, E.; ENESCO, I y LINAZA, J. (Comp.) (1989) El mundo social en la mente infantil. Madrid: Alianza.
UNESCO (1994) Declaración de Salamanca. Conferencia Mundial sobre Necesidades Educativas Especiales: acceso y calidad. Salamanca, Unesco.
UNESCO (2001) Understanding and responding to children´s needs in inclusive classrooms. A guide for teachers. Paris: UNESCO.
VASTA, R.; HAITH, M.M. y MILLER, S.A. (1996) Psicología Infantil. Barcelona: Ariel.
VILA, I. (1990) Adquisición y desarrollo del lenguaje. Barcelona: Graó.
VILLIERS, P.A. y VILLIERS, J.G. (1980) Primer lenguaje. Madrid: Morata.
VYGOTSKI, L. (1977) Pensamiento y lenguaje. Buenos Aires: Pléyade.
VYGOTSKI, L.S. (1979) El desarrollo de los procesos psicológicos superiores. Barcelona: Crítica.
WELLMAN, H.M. (1990) Desarrollo de la teoría de/ pensamiento. Bilbao: Desclée de Brouwe
Manoel Baña Castro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- manoel.bana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 21 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
Mércores | |||
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 21 |
21.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |