Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Que o alumno:
- adquira un coñecemento físico-químico do medio océanico e costeiro
- comprenda o significado da Oceanografía e coñeza as principais fontes do seu coñecemento
- adquira coñecementos sobre os principais trazos das concas oceánicas e a súa evolución co paso do tempo
- entenda a orixe e distribución dos sedimentos e a súa relación con outros procesos oceánicos
- coñeza a penetración da radiación solar en augas costeiras e oceánicas
- comprenda o comportamento da temperatura e a salinidade das augas do océano
- coñeza as aplicacións do diagrama T-S na análise das masas de auga
- adquira coñecementos dos trazos básicos da circulación oceánica, superficial e subsuperficial, ondas e mareas.
Principales rasgos das concas oceánicas e os sedimentos que as tapizan. Propiedades físicas da auga do mar. Propiedades químicas da auga do mar. Os movementos do mar: as correntes mariñas e a circulación oceánica; as ondas; as mareas. A costa: augas costeiras e mares marxinais.
A OCEANOGRAFÍA. Concepto e divisións. Desenvolvemento histórico da Oceanografía.
AS CONCAS OCEÁNICAS. Orixe e evolución dos océanos. As concas oceánicas. As rexións xeolóxicas do océano. Xeografía das concas oceánicas actuais.
OS SEDIMENTOS OCEÁNICOS. Orixe. Clasificación. Mecanismos de control da acumulación de sedimentos oceánicos. Distribución dos sedimentos oceánicos.
PROPIEDADES FÍSICAS DA AUGA DO MAR. Temperatura. Salinidade. Densidade. Radiación solar e iluminación. Transparencia e penetración da luz. Viscosidade e tensión superficial. Presión. Propagación do soído.
PROPIEDADES QUÍMICAS DA AUGA DO MAR. Propiedades químicas da auga pura. Composición química da auga do mar. Clasificación dos elementos químicos presentes na auga do mar. Constituíntes maiores e menores. Micronutrintes. Gases disoltos. Materia orgánica.
OS MOVEMENTOS DO MAR: AS CORRENTES MARIÑAS E CIRCULACIÓN OCEÁNICA. As correntes mariñas. Tipos de correntes. A circulación oceánica. Circulación superficial. Circulación profunda. A circulación termohalina e o gran transportador oceánico.
OS MOVEMENTOS DO MAR: AS ONDAS. Definición. Características. Clasificación e tipos de ondas. Orixe das ondas. Interación coa costa. Medición e previsión da ondaxe. Enerxía das ondas e o seu aproveitamento. Importancia biolóxica da ondaxe.
OS MOVEMENTOS DO MAR: AS MAREAS. Definición. Características. Orixe das mareas. Teorías explicativas. Clasificación das mareas. Mareas oceánicas e sistemas anfidrómicos. Medición e previsión das mareas. Enerxía das mareas e o seu aproveitamento. Importancia biolóxica das mareas.
A COSTA. Terminoloxía costeira. Clasificación e desenvolvemento da costa. AUGAS COSTEIRAS E MARES MARXINAIS. Formacións costeiras. Mares marxinais. Mares profundos.
BÁSICA
CASTRO, P. & HUBBER, M.E. 2007. Biología marina. Interamericana. Barcelona, 486 pp.
COGNETTI, G. SARÁ, M. & MAGAZZÚ, G. 2001. Biología marina. Ariel. Barcelona, 619 pp.
THURTON, H.V. & BURTON, E.A. 2001. Introductory Oceanography. Prentice Hall, New Jersey, 554 pp.
COMPLEMENTARIA
GARRISON, T.S., 2005. Oceanography: Invitation to Marine Science. Brooks/Cole.
GRANT GROSS, M., 1992. Oceanography. A View of the Earth. Prentice-Hall.
MANN, K.H.& LAZIER, J.R.N., 2006. Dynamics of marine ecosystems: biological-physical interactions in the oceans. Blackwell
Publishing.
MILLERO, F. J., 2005. Chemical Oceanography. CRC Press.
OPEN UNIVERSITY, 1989. Ocean Chemistry and deep sea sediments. The Open University/Pergamon Press. Walton Hall.
Milton Keynes.
OPEN UNIVERSITY, 1995. Seawater: Its Composition, Properties and Behaviour. The Open University/Pergamon Press. Walton
Hall. Milton Keynes.
OPEN UNIVERSITY, 1998. The Ocean Basins: Their Structure and Evolution. The Open University./ Butterworth-Heineman Ltd.
OPEN UNIVERSITY,1999. Waves, Tides and Shallow-Water Processes. Butterworth-Heineman Ltd .
OPEN UNIVERSITY, 2001. Ocean Circulation. The Open University. Butterworth-Heineman Ltd.
ROSÓN PORTO, G. & VARELA, R.A., 2002. Manual de oceanografía física descriptiva. Manuais da Universidade de Vigo, 17. Servicio de Publicacións. Universidade de Vigo.
STEWART, R.H. 2007. Introduction to Physical Oceanography. http://oceanworld.tamu.edu/resources/ocng_textbook/contents.html
SUMMERHAYES, C.P. & THORPE, S.A., 1996. Oceanography. An illustrated Guide. Manson Publishing Ltd., London.
SVERDRUP, H.U., JOHNSON, M.W. & FLEMING, R.H., 1970. The Oceans. Their physics, chemistry and general biology.
Prentice-Hall. Englewood Cliffs, New Jersey.
TRUJILLO, A.P. & THURMAN, H.V., 2011 Essentials of Oceanography. 10th edition Pearson Prentice Hall ebook rapidshare.
BÁSICAS
CB1. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinaes) relacionados coa súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
GENERALES
CG1. Utilización de criterios e métodos científicos no plantexamento e resolución de problemas aplicando os coñecementos adquiridos.
CG2. Desenvolvemento de capacidades para aplicar coñecementos a entornos novos, especialmente en contextos multidisciplinares.
CG3. Búsqueda, análise e integración de información a partir de diferentes fontes e capacidade para a súa interpretación e avaliación.
CG6. Desenvolvemento da habilidade de elaboración, presentación e defensa de traballos e informes técnicos.
ESPECÍFICAS
CE1. Coñecemento físico-químico do medio oceánico e costeiro.
CE13. Divulgación de coñecementos da bioloxía e o medio mariños: programas de formación e docencia; planificación e dirección de acuarios, museos, centros de interpretación ambiental, parques naturais e espazos naturais protexidos.
CE14. Elaboración, discusión, interpretación, asesoramento e peritaxe de informes científico-técnicos, éticos, legais e socioeconómicos relacionados co ámbito mariño e pesqueiro.
TRANSVERSALES
CT1. Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análise e síntese.
CT2. Desenvolvemento da capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
CT3. Desenvolvemento das capacidades de traballo en equipo, enriquecidas pola pluridisciplinaridade.
CT5. Desenvolvemento das habilidades de comunicación e discusión de plantexamentos e resultados.
Clase maxistral. Seminarios e resolución de casos prácticos. Traballo tutelado en grupo e individual. Orientación na elaboración do traballo e resolución de dúbidas.
Lección maxistral: Avaliación continua da asistencia e actitude do alumnado nas sesións maxistrais.
Cualificación: 10%
Traballo tutelado: Avaliación dos coñecementos adquiridos mediante a elaboración en grupo dun traballo relacionado cos contidos da materia. A relación de traballos será proposta pola profesora.
Cualificación: 40%
Exame de preguntas de desenvolvemento: Avaliación dos coñecementos adquiridos mediante a realización dun exame escrito acerca dos contidos da materia
Cualificación: 50%
Na primeira oportunidade teranse en conta as catro metodoloxías. Na segunda, a avaliación realizarase mediante unha proba escrita, manténdose as cualificacións da avaliación continua obtidas ao longo do curso.
Para os alumnos que non desenvolveran as actividades de avaliación continua (asistencia a clase e elaboración e presentación do traballo), a proba escrita suporá o 100% da cualificación.
Estímanse unhas 75 horas totais de traballo por parte do alumno, desagregadas do modo seguinte:
- Asistencia ás actividades docentes (teoría, seminarios e titorías): 21 horas.
- Traballo complementario do alumno: 54 horas.
Recoméndase traballar na materia de forma continua. Asistencia ás actividades docentes e participación activa nas mesmas.
Na segunda oportunidade a avaliación realizarase mediante unha proba escrita final, manténdose as cualificacións obtidas nas actividades avaliadas positivamente ao longo do curso.
Maria Celia Besteiro Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 982822309
- Correo electrónico
- celia.besteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
16.10.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
20.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |