Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (3ª ed)
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia ten como obxectivo xeral o coñecemento da cultura material romana e tardoantiga e os problemas que nela se dan. Preténdese diferenciar, analizar, comprender e interpretar os restos materiais en si mesmos e no contexto arqueolóxico, a relación entre eles e a súa funcionalidade. A dificultade para abranguer a gran variedade de aspectos que conflúen neste período lévanos a centrar este curso na cultura material cerámica (supón o 90% da totalidade do material exhumado) desde o período republicano ata o século VIII d.C. Centrarémonos no estudo dos materiais cerámicos importados, aqueles que poden estar presentes nos xacementos do Noroeste da Península deixando nun segundo plano outras cerámicas con difusións estritamente mediterránea. Tamén se abordará o estudo das producións locais/rexionais máis importantes e que circulan polo NW como as pezas cerámicas de Lugo e de Braga.
Se fose posible, tamén se tratarían aspectos xerais doutros tipos de materiais como os vidros e os obxectos metálicos, especialmente os de bronce. Preténdese que o alumnado adquira uns coñecementos básicos que lle permitan orientar e desenvolver a súa capacidade de investigación no período romano e tardoantigo, que coñezan as referencias bibliográficas máis importantes e as ferramentas on line que lle posibiliten o acceso ao coñecemento sobre as diversas producións e tipos cerámicos do mundo antigo.
1. INTRODUCIÓN Á CERÁMICA DO PERÍODO ROMANO E TARDOANTIGO.
1.1. Materias primas, tipos, técnicas, aspectos da produción...etc.
1.2. As cerámicas e o seu potencial como evidencia arqueolóxica.
2. AS CERÁMICAS ROMANAS FINAS IMPORTADAS.
Desde o séc. I a.C. ata o séc. VII d.C.
2.1. A cerámica “campaniense” e de “tipo campaniense”. Imitacións peninsulares de verniz negro.
2.2. A terra sigillata alto imperial.
2.2.1. A terra sigillata de Tipo Itálico. Imitacións peninsulares (cerámica Peñaflor).
2.2.2. A terra sigillata Gálica.
2.2.3. A terra sigillata Hispánica.
2.2.4. A cerámica bracarense.
2.3. As vaixelas finas tardoantigas de importación mediterránea.
2.3.1. A terra sigillata Africana (African Red Slip)
2.3.2. A terra sigillata Focense (Late Roman C)
2.3.3. A terra sigillata Chipriota (Late Roman D)
2.4. As vaixelas finas tardoantigas peninsulares.
2.4.1. A terra sigillata Hispánica Tardía (producións do Ebro, Douro e grises).
2.4.2. As vaixelas finas de produción rexional. O caso de la terra sigillata bracarense tardía (TSBT) e outras producións.
2.5. AS vaixelas finas tardoantigas de importación atlántica. O caso das DSP aquitanas.
2.5. As paredes finas.
3. A CERÁMICA COMÚN
3.1. Problemática de estudio.
3.2. Principais formas e a súa funcionalidade (mesa, cociña, despensa, almacenamento…etc.).
3.3. Producións importadas.
3.4. Producións locais ou rexionais. Os casos de Lugo e Braga.
4. AS ÁNFORAS
4.1. Introdución ao estudio de las ánforas.
4.2. Ánforas tardorrepublicanas.
4.3. Ánforas alto imperiais peninsulares: béticas, lusitanas, tarraconenses…
4.4. Ánforas alto imperiais de importación mediterránea: itálicas, orientais, africanas…
4.5. Ánforas tardoantigas peninsulares: béticas e lusitanas
4.6. Ánforas tardoantigas de importación mediterránea: africanas e orientais.
5. AS LUCERNAS
5.1. Introdución ao estudo de lucernas romanas. Produción e tipos.
5.2 Principais tipos alto imperiais.
5.3. Principais tipos tardoantigos.
6. INTRODUCCIÓN Á CERÁMICA DE CONSTRUCIÓN ROMANA
ADAM, J.P. 1996. La construcción romana, materiales y técnicas, Editorial Los Oficios, León.
Atlante I: CARANDINI (A.) dir., ANSELMINO (L.), PAVOLINI (C.), SAGUÍ (L.), TORTORELLA (S.), TORTORICI (E.) – Atlante delle forme ceramiche, I. Ceramica fine romana nel Bacino mediterraneo (medio e tardo impero). Enciclopedia dell’arte antica. Suppl.1, Roma, 1981.
Atlante II: Atlante delle forme ceramiche II. Ceramica fine romana nel Bacino mediterraneo (tardo ellenismo e primo impero). Enciclopedia dell’arte antica. Suppl.2, Roma, 1985.
BAILEY (D.M.) – A Catalogue of the Lamps in the British Museum, III Roman Provincial Lamps, British Museum Publications, 1988
BARBERA (M.), PETRIAGGI (R.) – Le lucerne tardo-antiche di produzione africana, Roma, 1993.
BELTRÁN LLORIS, M.1990. Guía de la cerámica romana, Pórtico, Zaragoza.
BERNAL CASASOLA, D. y RIBERA i LACOMBA (eds. Científicos) 2008. Cerámicas hispanorromanas. Un estado de la cuestión.
BERNAL CASASOLA, D. y RIBERA i LACOMBA (eds. Científicos) 2012. Cerámicas hispanorromanas II. Producciones regionales, Universidad de Cádiz.
BONIFAY (M.) – Etudes sur la céramique romaine tardive d’Afrique, BAR International Series 1301, Oxford, 2004.
CABALLERO, L., MATEOS, P., y RETUERCE, M. 2003. Cerámicas tardorromanas y altomedievales en la península Ibérica. Ruptura y continuidad (II Simposio de Arqueología, Mérida 2001), CSIC, Madrid.
CAMPBELL (E.) – Continental and Mediterranean Imports to Atlantic Britain and Ireland, AD 400 – 800, Research Report 157, York, 2007.
DELGADO (M.), MORAIS (R.) – Guia das cerámicas de produçao local de Bracara Augusta, Braga, 2009.
DIAS DIOGO (A.M.) – Quadro tipológico das ânforas de fabrico lusitano, en O Arqueólogo Português, Série IV, 5, 1987, p.179-191.
ETTLINGER ET AL. 1990 : Conspectus Formarum Terrae Sigillatae Italico Modo Confectae. Materialen zur rômisch-germanischen Keramiek. Bon, 1990.
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A., 2014, El comercio tardoantiguo (ss. IV-VII) en el Noroeste Peninsular a través del registro cerámico de la Ría de Vigo. Roman and Late Antique Mediterranean Pottery 5, Archaeopress, Oxford.
GANDOLFI, D. 2005. La ceramica e i materiali di età romana. Classi, produzioni, commerzi e consumi, Istituto Internazionale di Studi Liguri, Bordighera.
GENIN, M. 2007, La Graufesenque, Millau, Aveyron La Graufesenque, volume 2 : Sigillées lisses et autre productions. Fédération Aquitania.
HAYES (J.W.) – Late Roman Pottery. A catalogue of Roman Fine Wares. Londres, British School at Rome, 1972.
ISINGS 1957: Roman galss from dates finds. Archaeologica Traiectina, Groningen/Djakarta, 1957.
KEAY (S.J.) – Late Roman Amphorae in Western Mediterranean. A tipology and economic study: the catalan evidence, BAR International Series 196, Oxford, 1984.
LAMBOGLIA (N.) – Nuove osservazioni sulla “Terra Sigillata Chiara” (Tipi A e B), en RSL, XXIV, nº 3-4, 1958, p. 257-330.
LÓPEZ RODRÍGUEZ, (J. R.) – Terra Sigillata Hispánica Tardía decorada a molde de la Península Ibérica, Valladolid, 1985.
MACKENSEN (M.) – Die Spätantiken Sigillata-und Lampentöpfereien von El Mahrine (Nordtunisien), Münchner Beiträge zur Vor-und Frühgeschichte 50, Munich, 1993.
MAYET, F. 1975. Les ceramiques a parois fines dans la Peninsule Iberique, Paris.
MAYET 1984: F. Mayet, Les céramiques sigillées hispaniques. Contribution à l’histoire économique de la Péninsule Ibérique sous l’Epire romain, París.
MENDES DÍAS DA CRUZ, M. R. 2009. O vidro romano no noroeste penínsular. Un Olhar a partir de Bracara Augusta, Universidade do Minho. Instituto de Ciencias Sociais, Braga.
MEZQUIRIZ, M. A. 1985. ˜Sigillata hispanica, EAA. Atlante delle forme ceramiche. II, Roma.
MEZQUIRIZ, M. A. 1961. Terra Sigillata Hispanica, Valencia.
MORAIS (R.) – Autarcia e Comércio em Bracara Augusta. Contributo para o estudo económico da cidade no período Alto-Imperial, Bracara Augusta, Escavaçoes Arqueologicas 2, Braga, UAUM/Narq, 2005.
MORILLO CERDÁN, A. (1999). Lucernas romanas en la región septentrional de la Península Ibérica: contribución al conocimiento de la implantación romana en Hispania. Monographies Instrumentum. Montagnac, Éd. Monique Mergoil, 8/2, I e II.
NAVEIRO LÓPEZ (J. L.) – El Comercio antiguo en el N. W. peninsular: lectura histórica del registro arqueológico, A Coruña, 1991.
PARKER (A. J.) – Ancient shipwrecks of the Mediterranean and the roman provinces, BAR Int. Ser. 580, 1992.
PAZ PERALTA (J. A.) – Cerámica de mesa romana de los siglos III al VI d. de C. en la provincia de Zaragoza, Zaragoza, 1991.
PIERI (D.) – Le commerce du vin oriental à l’Époque byzantine (V-VII siècles), Beirut, 2005.
PINTO RIBEIRO, J. M. 2010. Arquitectura romana em Bracara Augusta. Uma analise das técnicas edilizias.Universidade do Minho. Instituto de Ciéncias Sociais, Braga.
RAMÓN (J.) – Las ánforas fenicio-púnicas del mediterráneo central y occidental, en Instrumenta 2, Barcelona, 1995.
REYNOLDS (P.) – Settlement and Pottery in the Vinalopó Valley (Alicante, Spain) A. D. 400-700, BAR International Series 588, 1993.
REYNOLDS (P.) – Trade in the Western Mediterranean, AD 400-700: the ceramic evidence, BAR International Series 604, 1995.
REYNOLDS (P.) – Hispania and the Roman Mediterranean, AD 100-700. Ceramics and Trade, Duckworth, Londres, 2010.
RIGOIR (J.) – Les sigillées paléochrétiennes grises et oranges, en Gallia 26, 1968, p. 177-244.
RIGOIR (J. e Y.) – Les dérivées des sigillées paléochrétiennes en Espagne, en RSL, 37, 1971, p. 33-78.
ROCA ROUMENS, M. y FERNÁNDEZ GARCÍA, M. I. (coords.) 2005. Introducción al estudio de la cerámica romana. Una breve guía de referencia. Universidad de Málaga. Málaga.
XUSTO RODRÍGUEZ. M. 2001. O vidro provincial galaicorromano, Vigo.
ZARZALEJOS PRIETO, M.; GUIRAL PELEGRÃN, C.; SAN NICOLÃS PEDRAZ, M. P. 2010. Historia de la cultura material del mundo clásico. Colección Grado, UNED, Madrid.
Recursos de Internet
Amphorae Ex Hispania
http://amphorae.icac.cat/
Roman Amphorae: a digital resource
http://archaeologydataservice.ac.uk/archives/view/amphora_ahrb_2005/
Competencias básicas:
(CB1) Que os estudantes demostren unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con devandito campo;
(CB2) Que os estudantes demostren a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica;
(CB3) Que os estudantes realicen unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación avaliada a nivel nacional ou internacional;
(CB4) Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas;
(CB5) Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral achega das súas áreas de coñecemento.
Competencias específicas:
(CE1) Elaboración da Tese de doutoramento. Isto implica o coñecemento e uso, por parte do alumno, das regras que rexen a elaboración de tese de doutoramento, no ámbito de humanidades, isto é, unha expresión correcta na linguaxe elixida, a adecuada exposición e ordenación dos argumentos, o uso correcto das notas como instrumento para, entre outras cousas, recoñecer as débedas científicas contraídas, evitándose así cometer plaxio.
(CE2) Preparación e redacción de informes históricos e arqueolóxicos.
Competencias transversais:
(CT1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
(CT2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
(CT3) Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en contornas cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
Clases teóricas nas que desenvolvésense os temas do programa, utilizando os recursos tecnolóxicos dispoñibles (audiovisuais e informáticos).
Clases prácticas complementarias ás clases teóricas onde os alumnos poderán manipular materiais arqueolóxicos, analizar as súas características e aplicar os coñecementos adquiridos nas aulas teóricas.
Seminarios de debate sobre aspectos concretos da cultura material e da súa problemática nos que, coa base das lecturas recomendadas, o alumno poderá profundar nalgúns aspectos do programa.
Titorías para orientar ao alumno nas súas dúbidas ou na utilización da bibliografía.
Desenvolverase unha práctica de campo, que consistirá en ir a un xacemento, Cidadela (Sobrado dos Monxes), no caso de que se consiga financiación solicitada. A práctica de campo desenvolverase un xoves ou un venres dependendo do cuadrimestre, no caso de que non sexa posible realizala en horario de clase.
A materia é presencial, e utilizarase un entorno virtual como apoio, ofrecendo bibliografía e outra información de utilidade para o alumnado.
No caso de que non fose posible a docencia presencial a causa da emerxencia sanitaria manterase o uso da aula virtual, impartíndose as clases teóricas a través de Microsoft Teams ou nunha aula remota da UVigo. As clases prácticas e seminarios poderán impartirse igualmente a través destas ferramentas. De non poder levarse a cabo as prácticas de campo, as horas destinaranse a ampliar os semnarios e as prácticas xa deseñadas.
Calendario
Xornada 1. Presentación da materia. Tema 1
Xornada 2. Ánforas I
Xornada 3. Ánforas II
Xornada 4. Práctica ánforas
Xornada 5. Vaixelas Finas alto imperiais I
Xornada 6. Vaixelas Finas alto imperiais II
Xornada 7. Práctica vaixela fina alto imperial
Xornada 8. Vaixelas Finas Tardoantiga I +Clase práctica
Xornada 9. Vaixelas Finas Tardoantiga II
Xornada 10. Práctica vaixela fina tardoantiga
Xornada 11. "A CERÁMICA COMÚN
+ PRÁCTICA C. COMÚN BRAGA E LUGO"
Xornada 12. Outras categorías cerámicas
Xornada 13. Cerámica de Construción
Desenvolverase unha estratexia de avaliación continua na que se valorarán os seguintes aspectos da materia:
Seguimento do traballo do alumno na aula: seminarios, prácticas, titorías, asistencia e participación: 10 % da nota(1 punto sobre 10)
Proba práctica: 40 % da nota (4 puntos sobre 10)
Proba escrita tipo test sobre o contido da materia: 40% da nota (4 puntos sobre 10)
Prácticas de campo: Será en grupo. 10% da nota (1 punto sobre 10)
Convocatoria de segunda oportunidad: consistirá nunha proba práctica (50%; con iguais características que na primeira oportunidade) e un exame tipo test (50%). A cualificación obtida no traballo ou no exame na primeira oportunidade gardarase para a segunda se é superior a 5.
No caso de dispensa oficial, se examinará ao alumno cos mesmos criterios que os aplicados á docencia presencial.
Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro; BOE 18 de setembro).
O art. 16 de la Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”. En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS DO ALUMNO:
Clase maxistral 14
Clase práctica 6
Exposición de traballos 0
Seminario 1
Titorías 3
Avaliación 1
TRABALLO DO ALUMNO:
Estudo autónomo 30
Lecturas recomendadas 12
Preparación probas 4
Outras tarefas 4
TOTAL para 3 ECTS 25 TOTAL 50
O estudante debe coñecer o manexo básico de paquetes ofimáticos xerais, por exemplo, Libre Office ou Microsoft Office.
Do mesmo xeito, o estudante debe saber manexar programas colaborativos estándares, como Microsoft Teams, o programa oficial da USC, dispoñible gratuitamente no repositorio da USC.
Recoméndase a asistencia a clases e utilizar ou tempo de tutorias para realizar consultas sobre bibliografia e dúbidas sobre outras cuestións que teñan que ver coa materia e a elaboración do traballo persoal.
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 15 |
14.01.2025 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
16.06.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |