Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 199 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 250
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués, Romanés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
a) Adquirir competencias básicas da lingua portuguesa, orais e escritas, para satisfacer as necesidades comunicativas máis comuns na vida diaria.
b) Producir pequenos discursos, orais e escritos, sobre temas do programa ou a determinar.
c) Comezar a comprender e a valorizar as culturas portuguesa e brasileira, así como africanas de lingua portuguesa.
1. Apresentarse, atendendo ao contexto familiar, local e profisional.
2. Fonética e ortografía: indicacións xerais.
3. Desenvolverse nas relacións sociais do dia a dia.
4. A lingua portuguesa no espazo e no tempo. Variedades principais do portugués actual.
5. Aspectos culturais de destaque no día a día portugués.
6. Sintagma e oración simples. Formas e uso de determinantes, pronomes, xénero e número. Os nomes.
7. Aspectos culturais de destaque no cotidiano brasileiro.
8. Sintagma verbal. Verbos auxiliares. Verbos regulares. Verbos irregulares.
9. Aspectos culturais de destaque no cotidiano dos PALOP.
10. Presente do indicativo (verbos regulares e irregulares).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Kuzka, Robert/ José Pascoal (2016): Passaporte para Português 1 (livro do aluno). Lisboa:Lidel-Edições Técnicas.
Fagim, Valentim (2022): Estou a estudar português. Santiago de Compostela: Através Editora.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Almeida, J. - Sampaio e Melo, A. (2002), Dicionário da língua portuguesa. Porto: Porto Editora.
Cunha, C./ Cintra, L. F. Lindley (1984), Nova gramática do português contemporâneo. Lisboa: Sá da Costa.
Dell'Isola, Regina Lúcia Péret (2009), Terra Brasil: curso de língua e cultura. Belo Horizonte: Editora da UFMG.
Dias, A./ Frota, S (2015), Nota 10: português do Brasil. Lisboa: Lidel.
Espada, Franciso (2017): Manual de Fonética. Lisboa:Lidel-Edições Técnicas.
Iriarte Sanromán, Álvaro (coord.) (2008), Dicionário de Espanhol-Português. Porto: Porto Editora.
Monteiro, Deolinda/Pessoa, Beatriz (1993), Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel-Edições Técnicas.
Nível Limiar - Para o ensino e aprendizagem do Português como língua estrangeira ou segunda língua. Lisboa: Ministério da Educação/ICALP, 1988. Trabalho inserido no 'Projecto de Línguas Vivas' do Conselho de Cooperação Cultural do Conselho de Europa.
Oliveira, Carla/Ballman, Maria José - Coelho, Maria Luísa (2006). Aprender Português. Lisboa: Texto Editores.
Rosa, Leonel Melo (1998), Vamos lá continuar! Explicações e exercícios de gramática e de vocabulário. Lisboa: Lidel-Edições Técnicas.
Vários Autores (2019): Dicionário Visual Através. Santiago de Compostela: Através Editora.
Dominio xeral da estrutura comunicativa básica do portugués, tanto na oralidade como na escrita.
Actividades indutivas e dedutivas, formais e comunicativas, centradas nunha ou varias competencias, tendo sempre em conta as necesidades dos alumnos, favorecendo a integración de competencias, a reflexón intercultural, a aprendizaxe autónoma e o uso das novas tecnoloxías. Posibilidade de facer uso da aula virtual e do uso dun manual para a aprendizaxe da lingua portuguesa.
No caso de haber un número suficiente de alunos Erasmus/estranxeiros e de que estes teñan disponibilidade para mudar de horario, existe a posibilidade de crear un grupo para eles en que se ensinaría o portugués de xeito contrastivo co español.
AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Existen dúas modalides excluíntes: avaliación continua e avaliación final.
Avaliación continua
Unha ou dúas probas individuais escritas e presencials. Avaliarase a competencia comunicativa, o uso de estratexias, os aspectos socioculturais, a corrección formal. Punto de partida para poder optar por esta modalidade de avaliación: realización dun mínimo do 70% das tarefas e exercícios na aula virtual.
A nota da avaliación continua, sobre un total de dez puntos, distribuirase do seguinte modo:
a) participación activa nas aulas (redaccións, exposicións, exercicios de expresión oral, etc.): 3 puntos.
b) lectura(s) obrigatória(s): 2 puntos. Neste sentido, nos primeiros días de aulas, será ofrecida aos alunos unha lista de lecturas.
c) probas escritas nos últimos días de aulas: 5 puntos.
Os estudantes que obtiveron unha nota entre 4,5 e 5 puntos no total da avaliación continua poderán realizar unha proba oral para mellorar a nota.
Avaliación final
O aluno que non realizou o 70% das traballos da avaliación continua disporá dun exame final escrito na data oficial marcada polo decanato en que se terá na debida conta o nível práctico da lingua e o grao de coñecemento de cuestións do programa vistas nas aulas; tamén incluirá o control da lectura obrigatoria. Esta proba escrita será complementada cunha proba oral que será debidamente indicada.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
Para a avaliación da "segunda oportunidade", haberá o exame escrito tal como se describe no parágrafo anterior, incluída a proba da lectura, e tamén a proba oral.
Os alunos dispensos oficialmente de presenza terán que realizar os traballos indicados no campus virtual, así como traballar pola súa conta o manual que se usará nas aulas e a leitura elixida. O profesor estará disponíbel para atender as eventuais dúbidas que podan surxir na aprendizaxe autónoma destes alunos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A cadeira consta de 6 créditos ECTS correspondentes a 60 horas de actividades presencais e 90 non presenciais. As primeiras repartense da seguinte forma: sesións expositivas: 25, sesións de seminario/laboratorio de idiomas/sala de informática: 30, sesións de atendimento programado: 2, sesións de avaliazón: 3. As non presenciais distribuense como segue: estudo e preparación de actividades programadas na aula: 45, preparación de exames: 45.
Ler e ouvir falar portugués o máximo posíbel. Participación en actividades culturais luso-afro-brasileiras.
Como xa se indicou, ao falar do sistema de avaliazón, unha das actividades a realizar para a cadeira por parte do aluno será a leitura de obras de lingua portuguesa. Unha lista con suxestións de leituras, ainda que sempre aberta, será dada nos primeiros dias de aulas. É recomendábel iniciar o máis cedo posíbel esta actividade, escollendo cualquer obra que estea ao alcance do nível de leitura do aluno.
Jose Luis Forneiro Perez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- joseluis.forneiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_01 (A-G) | Portugués | D12 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Portugués | D12 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Portugués | D12 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Portugués | D09 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-G) | C07 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C07 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C07 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-G) | C08 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C08 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C08 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-G) | C07 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C07 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C07 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |