Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 34 Total: 52
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Interpretar un diagrama de fluxo de proceso para aplicar balances de materia e enerxía
Identificar as variables de proceso
Definir os coeficientes de transporte e resistencias ao transporte nun sistema de proceso químico.
Formular e resolver problemas de conducción de calor en estado estacionario
Formular e resolver problemas de difusión de materia en estado estacionario
Formular e resolver problemas de balance de cantidade de movemento en estado estacionario.
Formular e resolver problemas de transporte convectivo e condutivo conxuntamente
Utilizar un simulador industrial de procesos químicos
Desenvolver cálculos de enxeñaría en folla de cálculo
Estudar e avaliar experimentalmente os mecanismos e propiedades de transporte
Lección 1.Diagramas de proceso: diagrama de bloques e diagrama de fluxo. Balances de materia en réxime estacionario partindo dun diagrama de fluxo: sen reacción química, con reacción química, con recirculación, con recirculación e purga, sistema multifásico. Expresións do balance de enerxía. Sistemas con variación de temperatura. Sistemas con cambio de fase.
Sistemas con mestura e/ou disolución. Sistemas con reacción química.
Seminarios asociados á Lección 1
-Resolución de problemas: proporanse problemas de cálculo ao alumnado. Uso de follas Excel.
-En caso de dispoñibilidade no Centro, realizarán algunha visita técnica. Dedicarase un seminario previo para analizar os aspectos técnicos da visita e un seminario avaliable posterior á visita.
-En caso de non dispoñibilidade da visita, proporase unha actividade interactiva de contido asimilable.
Prácticas de aula de informática
-Simulación dun proceso mediante Hysys
Lección 2. Leis de Fourier, Fick e Newton. Coeficientes de transporte.
Seminarios asociados á Lección 2
-Resolución de problemas: proporanse problemas de cálculo ao alumnado. Uso de follas Excel.
Prácticas de laboratorio experimental asociadas á Lección 2
-Determinación experimental de coeficientes de transporte
Lección 3. Transporte de interfase. Coeficientes de transferencia. Resistencias.
Seminarios asociados á Lección 3
-Resolución de problemas: proporanse problemas de cálculo ao alumnado. Uso de follas Excel.
Prácticas de laboratorio experimental asociadas á Lección 3
-Determinación experimental de coeficientes de transferencia
Básica
VAN DEN AKKER, H., MUDDE, R.F. Transport Phenomena. Delft Academic Press, 2014, ISBN: 978-90-6562-3584
Complementaria
GEANKOPLIS, C.J. Transport phenomena and unit operations. Prentice Hall. ISBN: 0-13-045253-X.
Coñecementos ou contidos
Con17: Coñecementos sobre Balances de materia e enerxía ou Biotecnoloxía ou Transferencia de materia, operacións de separación ou Enxeñaría da reacción química ou Deseño de reactores ou Valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
Con18: Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
Habilidades ou destrezas
H/D05: Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica. H/D09: Destrezas informáticas.
Competencias
Comp05: Capacidade para: Análise e deseño de procesos e produtos ou simulación e optimización de procesos e produtos.
Comp06: Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química ou sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor ou operacións de transferencia de materia ou cinética das reaccións químicas e reactores.
Comp08: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial.
Clase maxistral. Presencial. Asistencia recomendable pero non obrigatoria.
Proporcionarase a información esencial estruturada, actualizada e contextualizada na contorna industrial, elaborada a partir de diversos libros de texto e documentación tecnolóxica e científica. Utilizarase como formato básico a presentación en PowerPoint apoiada en recursos multimedia para aclarar a mensaxe.
Clase interactiva de seminario. Presencial. Asistencia obrigatoria con control.
Nos seminarios realizaranse tres tipos de actividades: ordenar coñecementos de clases expositivas, resolver problemas de aplicación da teoría e no caso de que sexa factible a visita técnica realizarase a preparación previa e a avaliación posterior; se non é factible a visita técnica, proporase unha actividade alternativa e asimilable. Previamente a cada seminario facilitaráselle o plan de traballo ao alumnado. O alumnado entregará os resultados dos seminarios (cálculos numéricos e borradores do traballo tutelado) a través do Campus Virtual para a súa avaliación. Fomentarase a participación e discusión.
Clase interactiva de aula de informática. Presencial e obrigatoria. Control de asistencia.
Simulacións con Software Hysys. Alternaranse sesións academicamente dirixidas con outras de máis traballo autónomo por parte do alumnado. O traballo realizarase de maneira individual e entregaranse os ficheiros das simulacións ao final de cada sesión, a través do Campus Virtual.
Clase interactiva de laboratorio experimental. Presencial e obrigatoria. Control de asistencia.
Realizarase traballo en equipo, consistente en determinacións experimentais en laboratorio utilizando equipamento comercial e montaxes non comerciais. O alumnado realizará un caderno laboratorio, coa estrutura típica deste tipo de cadernos, que poderá ser en formato tradicional (papel) ou formato dixital (aplicacións de caderno da conta institucional). Entregarán unha folla Excel cos cálculos de cada práctica. Impartirase a formación relativa á seguridade en laboratorios segundo o establecido na normativa universitaria e nos protocolos internos da ETSE
Titorías de grupo. Presencial e obrigatoria. Control de asistencia. Desenvolveranse actividades complementarias de formación que poden incluír dende asesoramento personalizado ata asistencia a conferencias, foros, talleres e asimilables, dependendo de necesidades e dispoñibilidade.
Soporte ao alumnado en titorías personalizadas segundo a súa petición (individuais ou en grupo de estudo). Recomendables, pero non obrigatorias. Presencial e virtual (MSTEAMS) a petición do alumnado para unha mellor xestión do tempo.
Avaliación continua: 50 %
Exame: 50 %
Primeira oportunidade
1. Avaliación continua. Obrigatoria. Non é recuperable en segunda oportunidade.
a) Asistencia a seminarios e titoría de grupo. 10 %. Habilidades e competencias relacionadas: H/D03. Comp08.
b) Aula de informática. 10 % Habilidades e competencias relacionadas: H/D09. Comp05.
c) Laboratorio experimental. 30 % (Caderno 10%. Folla de cálculos 10 %. Desempeño no laboratorio 10 %). Habilidades e competencias
relacionadas: Comp06.
2. Exame. Obrigatorio
a) Cuestións teórico prácticas. 25 %. Habilidades e competencias relacionadas: : Con17, Con18.
b) Exercicios. 25%. Habilidades e competencias relacionadas: H/D05.
Avaliación da segunda oportunidade.
-Conservarase a nota de avaliación continua
-O exame terá o mesmo peso e formato que en primeira oportunidade.
Coas seguintes condicións:
1. A asistencia á aula de informática, laboratorio e titoría de grupo é obrigatoria. Calquera falta non xustificada suporá o suspenso inmediato e sen posibilidade de recuperación. Entenderanse como faltas xustificadas aquelas que se establecen como tal na normativa de avaliación universitaria. En todo caso, o número de faltas xustificadas non poderá ser superior a 2 horas en laboratorio e 1 hora en aula de informática, para poder superar esta parte da materia. En caso de falta xustificada á tutoría de grupo, darase opción de recuperación. A asistencia controlarase con lista de firmas ou os controis que permitan as ferramentas utilizadas.
2. Para sumar as cualificacións hai que obter como mínimo un 40 % da puntuación máxima asignada a cada ítem, a excepción do informe do profesor e a tutoría de grupo. Se non se alcanza este mínimo, a puntuación obtida nese item non se suma ás demais.
3.Se non se supera o mínimo nun ítem a nota que figure en Acta será a de devandito ítem.
4. A recuperación de segunda oportunidade da parte expositiva, seminarios e tutoría obrigatoria de grupo realizarase mediante proba. As partes de laboratorio e aula de informática non son recuperables.En caso de necesidades sobrevindas por masificación de grupos de prácticas, aplicaríanse as recomendacións da USC e se estudiaría se os repetidores poderían conservar a cualificación de prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
En horas
Presencial/ Traballo persoal Docencia teórica 17 /100
Docencia interactiva seminario/visita técnica 7 / 100
Docencia interactiva laboratorio 20 / 100
Docencia interactiva en aula de informática 7 / 100
Tutorización en grupo reducido 1 / 100
Exame e revisión 4 / 100
Traballo persoal do alumnado 94 / 0
Levar a materia ao día. Asistir as clases expositivas. Apoiarse na bibliografía.
Ter superadas a materia de Fundamentos de Procesos Químicos II
Utilizarase a Aula Virtual Moodle e o caderno-e da conta institucional como repositorio e para xestionar os entregables.
A comunicación co alumnado realizarase a través do servizo de mensaxes do Campus Virtual para que quede rexistrada. Non se admitirá ningunha comunicación por correo-e.
Non se admitirán entregas de material avaliable a través do correo-e
Habilitarase unha aula en MSTEAMS exclusivamente para soporte en tutorías, para o alumnado que solicite esta opción.
IDIOMA: Galego/castelán
PREVENCIÓN DE RISCOS: seguiranse os procedementos establecidos pola Dirección da ETSE.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da súa web.
Aplicarase a NORMATIVA DE PLAXIO da USC.
Maria Isabel Vidal Tato
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816798
- Correo electrónico
- isabel.vidal.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberte Regueira Lopez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alberte.regueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Brais Vázquez Vázquez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- braisvazquez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Adrian Ferreiro Salgado
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- adrianferreiro.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A2 |
19.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
19.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
19.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
19.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
19.05.2025 09:15-14:00 | Grupo/CLIL_04 | Aula A1 |
19.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
19.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
03.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
03.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
03.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
03.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
03.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
03.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
03.07.2025 09:15-14:00 | Grupo/CLIL_04 | Aula A3 |