Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 61.5 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 25 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia e dar a coñecer as diferentes alternativas tecnolóxicas das que se dispón cando se propón a instalación dun centro de procesamento de datos ou, en xeral, dunha instalación informática de tamaño medio/grande. Estudiaranse as diferentes configuracións de servidores (rack, blade, etc.), sistemas de almacenamento, buses e rede. Tamén, analizaranse mecanismos para medir o rendemento dos sistemas instalados e para optimizar a súa utilización. Por último, estudiaranse os diferentes estándares para a instalación e mantemento dunha instalación informática.
MÓDULO I: CENTROS DE PROCESAMENTO DE DATOS (CPDs)
- TEMA 1. Formatos de servidores: Racks e Blades
- TEMA 2. Centros de Procesamento de Datos e Dispoñibilidade en CPDs
- TEMA 3. Virtualización de Servidores
MÓDULO II: REDES DE ALMACENAMENTO
- TEMA 4. Dispositivos de Almacenamento
- TEMA 5. Subsistemas de Disco
- TEMA 6. Fibre Channel e as Redes de Área de Almacenamento (SAN)
- TEMA 7. Redes de Almacenamento baseadas en IP
- TEMA 8. Sistemas de Ficheiros e Almacenamento en Rede
MÓDULO III: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN DO ALMACENAMENTO
- TEMA 9. Virtualización do Almacenamento
- TEMA 10. Copias de Seguridade ou Backup
- TEMA 11. Software para Backup e Backup en Rede
- TEMA 12. Arquivado da Información
- TEMA 13. Hardware para Backup
Prácticas de Campo:
-- Visita o Centro de Procesamento de Datos da empresa Altia, Vigo.
Básica:
- Kailash Jayaswal. “Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP”. Editorial Wiley. ISBN 978-0471771838. 2005.
- Ulf Troppens & Rainer Erkens & Wolfgang Müller. „Storage Networks Explained: Basics and Application of Fibre Channel SAN, NAS iSCSI and InfiniBand”. Editorial Wiley. ISBN 978-0470861820. 2004.
Complementaria:
- Barb Goldworm & Anne Skamarock. “Blade Servers and Virtualization: Transforming Enterprise Computing While Cutting Costs”. Editorial Wiley. ISBN 978-0471783954. 2007.
- W. Curtis Preston. “Backup & Recovery: Inexpensive Backup Solutions for Open Systems”. Editorial O'Reilly. ISBN 978-0596102463. 2007.
- René J. Chevance. “Server Architectures: Multiprocessors, Clusters, Parallel Systems, Web Servers, Storage Solutions”. Editorial Digital Press. ISBN 978-1555583330. 2004.
Nesta materia promóvese que o estudante adquira un conxunto de competencias tanto de carácter global como específico. En particular, incídese no desenvolvemento das competencias
CG1, CG2, CG4, CG6, CG7, CG9, CG10, CG11;
TR1 e TR3;
FB5;
RI1, RI2, RI4, RI5, RI9 e RI11;
TI2, TI4 e TI5;
tal e como se recollen na Memoria do Título de Grao en Enxeñaría Informática da USC. Así como as competencias do módulo de Enxeñería de Computadores:
- Coñecer as diferentes alternativas tecnolóxicas das que se dispoñen cando se plantexa unha instalación informática de alto rendemento (posibles configuracións de servidores, sistemas de almacenamento, buses e redes, así como os mecanismos para medir o rendemento dos sistemas instalados e para optimizar o seu uso).
Con este obxectivo o alumno/a coñecerá as tecnoloxías relacionadas coa posta en marcha e mantemento de instalacións informáticas de tamaño medio-grande. Aprenderá a dimensionar unha instalación de acordo coas necesidades e a avalía-lo rendemento. Valorará o impacto de cada tecnoloxía e estará en condicións de tomar decisións sobre a organización dun centro de datos.
O material de traballo para esta materia inclúe os libros recomendados dispoñibles na biblioteca, notas de clase, copia das diapositivas empregadas nas explicacións e información de distintas fontes relacionadas sobre a evolución e dispoñibilidade das tecnoloxías. Usarase o soporte do Campus Virtual da USC.
As prácticas faranse na Aula de Informática empregando simuladores e recursos dispoñibles na rede.
En canto as competencias que debe adquiri-lo alumno, nas clases expositivas traballarase as competencias CG1, CG2, CG4, CG6, CG9, FB5, TI2, TI4 e TI5; e nas clases interactivas traballarase as competencias CG1, CG2, CG9, CG10, CG11, TR1, TR3 , FB5, RI1, RI2, RI4, RI5, RI9, RI11.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
- O 65% da nota virá dado polo exame teórico da materia. O exame incluirá o desenrolo de temas de teoría e a resolución de problemas e casos de uso comentados na clase, prácticas e/ou titorías.
- O 35% restante da nota obterase mediante a avaliación do traballo realizado durante as prácticas. As prácticas/exercicios propostos avalíanse na aula e no horario de prácticas; non hai entregas fóra dese horario. A asistencia a estas sesións é obrigatoria para aproba-la materia (artigo 1 da "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da USC", aprobada en Consello de Goberno do 25 de novembro de 2024). Só se permitirá a ausencia non xustificada nunha sesión de prácticas/exercicios, obtendo un 0 na nota da práctica/exercicios realizados en dita sesión. O profesor comprobará a asistencia a estas sesións pasando unha folla para asinar ou recollendo os traballos realizados na aula. A planificación detallada das sesións proporcionarase o primeiro día de clase e, tamén, a través do CV.
- Para aprobar a materia será necesario que a nota total sexa de alomenos un 5 sobre 10. Ademais, non se poderá aprobar se nalgunha das partes se obtén unha nota inferior ao 4 sobre 10.
- Considerarase "non presentado" a non asistencia á realización do exame teórico.
- Os alumnos que non aproben a parte da materia correspondente ás prácticas/avaliación continua antes do exame de Xuño, non poderán superar a materia no exame da segunda oportunidade.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
- O 65% da nota virá dado polo exame teórico da materia. O exame incluirá o desenrolo de temas de teoría e a resolución de problemas e casos de uso comentados na clase e prácticas. É condición indispensable para poder superar a asignatura no exame da segunda oportunidade, ter aprobado a parte práctica da asignatura durante o curso.
- Conservarase a cualificación obtida polo traballo realizado durante as prácticas/avaliación continua (35% restante da nota).
- Para aprobar a materia será necesario que a nota total sexa de alomenos un 5 sobre 10. Ademais, non se poderá aprobar se nalgunha das partes se obtén unha nota inferior ao 4 sobre 10.
- Considerarase "non presentado" a non asistencia á realización do exame teórico.
Avaliación de competencias:
- Dentro da parte teórica da materia (65% da nota), avaliaranse as competencias CG1, CG2, CG4, CG6, CG9, FB5, TI2, TI4 e TI5 mediante distintas preguntas e exercicios no exame teórico.
- Dentro da parte práctica da materia (35% da nota) a nota do traballo realizados terá en conta o grao de consecución das competencias CG1, CG2, CG9, CG10, CG11, TR1, TR3 , FB5, RI1, RI2, RI4, RI5, RI9, RI11.
EXAME EXTRAORDINARIO
- O 65% da nota virá dado polo exame teórico da materia. O exame incluirá o desenrolo de temas de teoría e a resolución de problemas e casos de uso.
- O 35% restante da nota se avaliará mediante a entrega das prácticas e traballos que durante ese curso se teñan esixido a os alumnos avaliados en avaliación ordinaria.
- Para aprobar a materia será necesario que a nota total sexa de alomenos un 5 sobre 10. Ademais, non se poderá aprobar se nalgunha das partes se obtén unha nota inferior ao 4 sobre 10.
- Considerarase "Non Presentado" a non asistencia á realización do exame teórico.
*** Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC e a Normativa propia da ETSE ***
O tempo total de traballo presencial na aula e traballo persoal do estudante será de 50 horas e 100 horas respectivamente, que se repartirán do seguinte modo:
Docencia expositiva: 25 horas presenciais e 50 de estudio autónomo por parte do estudante.
Aprendizaxe baseado en problemas: 5 horas e 20 horas de traballo persoal do estudante.
Sesións prácticas: 20 horas presenciais e 30 de traballo persoal do estudante para a realización de prácticas e outros traballos.
Asistencia as clase expositivas. Estudiar día a día a materia usando o material proporcionado e os libros recomendados para poder realizar as prácticas e problemas propostos. Ter unha actitude activa á hora de recoller e analizar información de distintas fontes. É necesario estar familiarizado cos conceptos das materias de Fundamentos de Computadores, Arquitectura de Computadores e Redes.
A materia impartirase en castelán e galego.
Juan Carlos Pichel Campos
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816437
- Correo electrónico
- juancarlos.pichel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Cesar Alfredo Piñeiro Pomar
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- cesaralfredo.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.04 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.S1 |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.04 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.S1 |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | IA.04 |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.04 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.01 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.11 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
19.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.11 |
23.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
23.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
23.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
23.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
23.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |