Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os principios da agricultura e gandaría de precisión e da robótica móbil para o sector primario. Coñecer os fundamentos da robótica de manexo animal e de sistemas de cultivo intelixentes.
Os contidos da materia recollidos na memoria da titulación son:
Introducción á aplicación da robótica nos sistemas de produción animal. Gandería de precisión e dixitalización na produción animal. A robotización nos sistemas de manexo animal e distribución dos alimentos. Introducción á agricultura de precisión. Introducción á automatización e robótica no sector agrícola. Automatización e robotización de operacións mecanizadas. Automatización e robotización de cultivos.
Os contidos citados desenvolveranse de acordo co seguinte programa de clases expositivas, seminarios de resolución de problemas e de prácticas
Programa
1. CLASES EXPOSITIVAS (24 h)
Bloque I. Automatización e robotización gandeira (12 h)
Tema 1. Posibilidades de aplicación da robótica nos sistemas de produción animal (2 h / 2 h)
Tema 2. Gandería de precisión e dixitalización na produción animal (2 h / 4 h)
Tema 3. Alimentación de precisión e robotización na distribución dos alimentos. (2 h /4 h)
Tema 4. Introdución aos sistemas de ordeño robotizado (2 h / 4 h)
Tema 5. Presente e futuro da robotización do ordeño (2 h / 4 h)
Tema 6. A robotización nas granxas avícolas (1 h /4 h)
Tema 7. Outras aplicacións da robótica nos sistemas de manexo animal (1h / 2h)
Bloque II. Automatización e robotización agrícola (12 h)
Tema 8. Automatización e robótica no sector agrícola (1 h/2 h)
Tema 9. Agricultura de precisión (3 h/ 6 h)
Tema 10. Automatización do tractor agrícola (3 h / 6 h) Tema 11. O tractor autónomo (3 h/6 h)
Tema 12. Automatización e robotización de operacións mecanizadas (2 h / 4 h)
2. PRÁCTICAS DE OBRADOIRO E DE CAMPO (24h)
Bloque I. Prácticas de robótica gandeira (12 h) Práctica 1: Ordeño de precisión (4h)
Práctica 2: Viaxe de prácticas: visita á "Granxa Gayoso Castro" Gandería de precisión e ordeño robotizado I (4h) Práctica 3: Viaxe de prácticas: robotización integral en explotacións gandeiras (4h)
Bloque II. Prácticas de robótica agrícola (12 h)
Práctica 4. Software para agricultura de precisión: SMS Advanced (6 h) Práctica 5. Comunicación entre máquinas agrícolas: Isobus (2 h) Práctica 6. Autoguiado de maquinaria agrícola (2 h)
Práctica 7. Sensores en maquinaria agrícola (2 h)
3. TITORÍAS EN GRUPO (3 h)
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas expostas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
Bibliografía básica:
Bechar A. 2021. Innovation in Agricultural Robotics for Precision Agriculture. Springer Nature Switzerland AG. 210 pp.
Giordano J.M., Gallardo M. , Bragachini M. , Peiretti J. , Cattani P. , Casini C. 2010. Mecanización de la alimentación. INTA E.E.A. Manfredi. Córdoba (AR) 100 pp.
Hulsen J., Rodenburg J. 2012. Robotic milking. Roodbont publishers. Zutphen 52 pp.
Karkee M., Zhang Q. 2021. Fundamentals of Agricultural and Field Robotics. Springer Nature Switzerland AG. 455 pp.
Lenain R., Peyrache J., Savary A., Séverac G. 2021. Agricultural robotics: part of the new deal? FIRA 2020 conclusions. Editions Quae. 80 pp. Pomiès D., Bony J. 2002. Le robot de traite. INRA editions. 120 pp.
Rodríguez F., Berenguel M. 2004. Control y robótica en Agricultura. Monografías Ciencia y Tecnología 25. Universidad de Almería. 433 pp.
Bibliografía complementaria:
Chen G. 2018. Advances in Agricultural Machinery and Technologies. CRC Press. 488 pp.
Krishna K.R. 2016. Push Button Agriculture: Robotics, Drones, Satellite-Guided Soil and Crop Management. Apple Academic Press. 470 pp.
Pereira J.M.; Castro A. (2014). Una visión actual de los sistemas de ordeño robotizado. Revista AFRIGA, vol. 112, pp. 32-46. Asociación Frisona Gallega.
Pereira J.M., Bueno J. 2011. Gestión de residuos orgánicos de uso agrícola: Manipulación y tratamiento de purines en las explotaciones ganaderas. Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico, Universidad de Santiago de Compostela pp. 85-96.
Singh R., Gehlot A., Swain M., Katal N. 2021. Robotics in Agriculture. New India Publishing Agency (NIPA). 120 pp. Zhang D., Wei B. 2018. Robotics and Mecatronics for Agriculture. CRC Press. 222 pp.
Zhang Q., Pierce F.J. 2013. Agricultural Automation: fundamentals and practices. CRC Press. 411 pp.
Coñecementos:
Con103. Coñecer os principios da agricultura e a gandaría de precisión.
Con104. Coñecer os fundamentos da robótica móbil para o sector primario.
Con105. Coñecer os fundamentos robóticos da climatización, colleita e poscolleita, no ámbito agroforestal.
Con106. Coñecer as técnicas de deseño de automatismos e sensores aplicados no ámbito agroforestal.
Destrezas:
H/D103. Aplicar técnicas de deseño de automatismos e sensores aplicados no ámbito agroforestal.
H/D104. Aplicar técnicas robóticas e de sensorización, para mellorar a agricultura e a gandaría de precisión.
Competencias:
Comp08. Capacidade para adaptar os sensores habituais en robótica e os métodos e técnicas para o tratamento da información captada.
Materia cuadrimestral, con 24 horas de clases maxistrais participativas, apoiadas na utilización do ordenador con presentacións, animacións e utilización da pizarra. Os alumnos deberán responder en non menos do 50% das aulas a cuestións breves ou exercicios relacionados cos contidos e a temas tratados polo profesor ao longo curso. (Comp08).
Prácticas de obradoiro e viaxes de campo (24 h), utilizando todos os medios dos que dispoñemos, aplicando metodoloxías e técnicas a casos concretos. (H/D103, H/D104, Comp08).
Recóllense tres horas de titorías en grupos reducidos nas que os alumnos abordarán conxuntamente problemas da temática abordada na materia e a implementación de casos prácticos (Comp08).
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno (Comp08).
Asistencia e cuestións entregadas e/ou presentadas, propostas nas aulas (10%): Con103, Con104, Con105, Con106, Comp08
Proba ou probas, orais e/ou escritas (70%): Con103, Con104, Con105, Con106, Comp08
Aproveitamento das prácticas (20%): H/D103, H/D104, Comp08
Para aprobar a materia é imprescindible superar, de forma independente, a teoría e as prácticas. Os alumnos deberán entregar un caderno de prácticas, trala súa finalización, explicando as metodoloxías desenvolvidas e respondendo as cuestións formuladas. Os alumnos que non asistan a un mínimo do 75% deberán superar obrigatoriamente un exame de prácticas.
Os aprobados en Teoría ou en Prácticas gardanse da primeira á segunda oportunidade pero non para o seguinte curso. Non está prevista a realización de exames parciais durante o período lectivo. Se durante o curso se decidira, por acordo entre profesor e alumnos, a celebración dalgunha proba parcial, será condición indispensable, para poder realizala, asistir a, polo menos, o 75 % das clases presenciais que a precederan.
Os criterios e sistemas de avaliación son os mesmos para tódalas convocatorias e tódolos alumnos da materia, tanto repetidores como os de dispensa académica.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
As horas dedicadas á materia axustaranse, segundo o previsto polo sistema de créditos ECTS: 6 créditos ECTS x 25 horas/crédito = 150 horas de dedicación.
DOCENCIA PRESENCIAL (54 h)
Clases expositivas: 24,0
Prácticas: 24,0
Titorías individuais: 3,0
Exames e revisións: 3,0
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (96 h):
Lectura e preparación de temas de teoría: 24,0 Realización de exercicios: 12,0
Prácticas (preparación previa e traballo posterior): 24,0 Exames (preparación): 36,0
TOTAL: 150 h
Asistencia a tódalas actividades docentes.
Facer uso das titorías para resolver dúbidas relacionadas coa materia.
Coñecer e utilizar documentación que se pon a dispoñer do alumno no Campus Virtual Organización, ordenación e posta o día da documentación (apuntes, etc).
Estudar día a día, non deixalo para os días previos ao exame.
Javier Bueno Lema
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823219
- Correo electrónico
- javier.bueno [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Pereira Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- j.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario de Mecanización (Pav.II-PBI) |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario de Mecanización (Pav.II-PBI) |
23.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 (Aulario 2) |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 (Aulario 2) |