Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Alemán, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Área externa M.U Erasmus Mundus en Lexicografía (2ªed)
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Facilitar a adaptación do estudantado ao lugar de traballo desenvolvendo a súa capacidade para resolver problemas en novos entornos.
- Proporcionar ao estudantado a formación necesaria para realizar investigacións tanto en España como noutros países europeos.
- Formar ao estudantado para traballar con ferramentas informáticas para o procesamento de datos lingüísticos.
1. Introdución ás tecnoloxías da información e comunicación (TIC)
1. Hardware e Software
2. Representación dixital da información textual e doutros tipos
3. Como funciona a Internet?
2. Introdución á programación con Python
1. Linguaxe de programación e IDLE
2. Variables e operacións
3. Condicións e bucles
4. Creación e uso de funcións
5. Procesamento de textos
6. Desenvolvemento dun programa completo
3. Procesamento de linguaxe natural e Python
1. Introdución ao procesamento de linguaxe natural
2. Procesamento de corpus e recursos lingüísticos con Python
3. Etiquetadores lingüísticos con Python
4. Exercicios prácticos de programación en Python para os capítulos anteriores
4. Python noutros campos do procesamento de linguaxe natural
1. Python e tradución automática
2. Python e clasificación automática de textos
3. Python e extracción de información
4. Capacidades dos grandes modelos de linguaxe para o PLN
5. Exercicios prácticos de programación en Python para os capítulos anteriores
Bibliografía básica e complementaria
• Subrata Dasgupta (2016), Computer Science: A Very Short Introduction. Oxford Very Short Introductions.
• Python Software Foundation, The Python Tutorial, documentación oficial de Python: https://docs.python.org/3/tutorial/
• Al Sweigart (2015), Automate the Boring Stuff with Python: Practical Programming for Total Beginners, No Starch Press.
• Steven Bird, Ewan Klein, e Edward Loper (2009). Natural Language Processing with Python, O'Reilly Media.
• Perkins Jacob (2010), Python Text Processing with NLTK 2.0, Cookbook
Outras referencias serán proporcionadas no curso.
Competencias
Os/as estudantes son capaces de:
- Usar as ferramentas teóricas e metodolóxicas con aplicacións no campo lexicográfico.
- Usar novas metodoloxías e técnicas no estudo científico.
- Recoñecer a necesidade dun estudo interdisciplinar.
- Considerar fenómenos de terminoloxía, tipoloxía, metodoloxía para ser aplicados.
Coñecemento ou contidos:
Con05: Distinguir técnicas e estratexias para a análise e desenvolvemento de recursos lexicográficos.
Con06: Descrición de linguaxes de programación para a análise cuantitativa e cualitativa de datos e a súa visualización.
Habilidades ou destrezas:
H/D05: Seleccionar e utilizar diferentes métodos, ferramentas dixitais e sistemas de información para a análise de datos e a súa visualización.
H/D07: Manexar e analizar linguaxes de programación e sistemas de información.
Competencias:
Comp03: Deseñar recursos e ferramentas lexicográficas atendendo a unha sociedade dixital e global.
Comp04: Desenvolver técnicas, ferramentas e recursos para a análise de datos, a programación e desenvolvemento de recursos.
- Método indutivo e deductivo
- Sesións prácticas de informática dentro e fóra da aula
- As tarefas previamente propostas como traballo individual fóra da aula serán obxecto de análise e debate na aula.
Sistema de avaliación
1. Primeira Oportunidade:
Realización e entrega de tarefas dentro do prazo acordado e participación activa: 100%.
2. Segunda Oportunidade:
Aplicaranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade
Aqueles/as estudantes aos que se lles concedeu permiso especial para non asistir ás clases regularmente polas autoridades da Facultade terán necesariamente que escribir un traballo final, que vale o 100% da nota final.
A mala conduta académica (trampas, plaxio en exercicios ou exames) será penalizada de acordo coas normas da Universidade sobre a avaliación dos/as estudantes ("Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións").
As horas de asistencia son 35, ás que se debe engadir o traballo individual dos/as estudantes.
Recoméndase cursar esta materia considerando o feito de que serve como unha introdución á informática, que o estudantado poderá usar nos seguintes cursos.
Esperase do estudantado preparación - antes e despois - das horas de clase.
É un módulo optativo dentro das competencias xerais. Está composto por materias: P5261201 Lingua inglesa, P5261202 Lingua alemá, P5261203 Outras linguas P5261204 Informática. Neste módulo é obrigatorio cursar 5 ECTS; Poden ser recoñecidos ata 10 ECTS.
Isaac Jose Gonzalez Lopez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U Erasmus Mundus Máster Europeo en Lexicografía
- Correo electrónico
- isaacjose.gonzalez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Marcos Fernandez Pichel
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Correo electrónico
- marcosfernandez.pichel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | D02-Aula de informática de docencia |
20.12.2024 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | D02-Aula de informática de docencia |
20.12.2024 09:30-11:30 | Grupo /CLIS_01 | D02-Aula de informática de docencia |
16.01.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLIS_01 | D02-Aula de informática de docencia |
16.01.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | D02-Aula de informática de docencia |