Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
De acordo coa "Memoria verificada do grao":
-Proporcionar un contexto social, cultural e político do movemento romántico.
-Estudar as innovacións ideolóxicas e estéticas propiciadas polos artistas románticos.
-Entender a pegada do Romanticismo na tradición literaria.
-Familiarizar ao estudantado cos principais xéneros e autores/AS Románticos e coas obras máis representativas da literatura inglesa e norteamericana.
-Explicar ao estudantado as diferencias e similitudes entre o Romanticismo inglés e norteamericano.
De acordo coa "Memoria verificada do grao":
-Contexto socio-cultural e político-internacional do movemento romántico
-A innovación estética e ideolóxica do Romanticismo
-A pegada do Romanticismo na tradición literaria
-Principais xéneros, autores/as e obras do Romanticismo das Illas Británicas
-Xéneros, autores/as e obras representativas do Romantisicmo norteamericano
-Diferencias e similitudes entre o Romanticismo inglés e norteamericano.
Estes contidos estrutúranse do seguinte modo:
MÓDULO 1: Romanticismo inglés
MÓDULO 2: Romanticismo norteamericano
BÁSICA:
Klancher, Jon (ed.). 2009. A Concise Companion to the Romantic Age. Malden & Oxford: Blackwell.
Middeke, Martin, Gabriele Rippl & Hubert Zapf (eds.). 2016. Handbook of Transatlantic North American Studies. Berlin & Boston: de Gruyter.
Perry, Seamus. 1999. “Romanticism: The Brief History of a Concept” in A Companion to Romanticism. London & New York: Blackwell.
Wu, Duncan (ed.). 1999. A Companion to Romanticism. Malden & Oxford: Blackwell.
COMPLEMENTARIA:
Bieber, Christina L. 2013. “Aylmer’s Moral Infancy. Nathaniel Hawthorne and the Quest for Human Perfection” in Prophets of the Posthuman: American Fiction, Biotechnology, and the Ethics of Personhood. Paris: University of Notre Dame Press.
Brennan, Zoe. 2010. “Language, Style and Form” in Brontë’s Jane Eyre. London & New York: Bloomsbury.
Campos, Noemi, 2022. “Sexual Imagery: Why Does It Still Matter?” in UC Merced Undergraduate Research Journal 14(1). DOI: 10.5070/M414157335
Deresiewicz, William. 2005. “Introduction” in Jane Austen and the Romantic Poets. New York: Columbia University Press.
Mellor, K. Anne. 2014. “The Debate on The Rights of Woman: Wollstonecraft’s Influence on the Women Writers of Her Day” in Called to Civil Existence: Mary Wollstonecraft’s A Vindication of the Rights of Woman”. Leiden: Brill.
Messent, Peter. 2012. “Edgar Allan Poe: ‘The Murders in the Rue Morgue’ (1841)” in The Crime Fiction Handbook. London & New York: John Wiley & Sons.
Messent, Peter. 2012. “Introduction” in The Crime Fiction Handbook. New York: John Wiley & Sons
Pollak, Vivian R. 2000. “Faith in Sex” in The Erotic Whitman. San Francisco: University of California Press.
De acordo coa "Memoria verificada do grao":
COMPETENCIAS BÁSICAS: CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5
COMPETENCIAS XERAIS: CG1, CG8
O estudantado recibirá CLASES EXPOSITIVAS (2 horas por semana), participará en SEMINARIOS INTERACTIVOS (unha hora por semana), e en TITORÍAS (en grupo e individuais).
Farase uso da PLATAFORMA VIRTUAL que oferta a USC para o ensino e a aprendizaxe, onde se subirá o material de lectura e se poderán realizar algúns dos exercicios avaliables.
O sistema de avaliación baséase nas seguintes normativas e regulamentos:
-"Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” do 15 de xuño de 2011
-"Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela” do 25 de novembro do 2024
-“Normativa de permanencia nas titulacións de grao e mestrado da USC” do 5 de xullo de 2012
-"Lei orgánica do sistema universitario" do 22 de marzo do 2023
Hai dous tipos de avaliación: avaliación continua (exercicios 40% + probas 60%) e exame final (100%). O estudantado de primeiro ano entra por defecto na avaliación continua, que poderá perder en caso de non asistir a un mínimo de horas de docencia.
A asistencia a clase é obrigatoria para seguir esta avaliación continua. Seguindo o "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela", entenderase como cumprida cando o estudantado asista ao 90% das sesións formativas.
Na convocatoria de xullo (segunda oportunidade), o estudantado irá co 100% da nota final.
O estudantado con dispensa poderá presentarse ao exame final na data oficial.
O fraude académico será penalizado de acordo co artigo 16 da "NORMATIVA DE AVALIACIÓN DO RENDEMENTO ACADÉMICO DO ESTUDANTADO E DE REVISIÓN DE CUALIFICACIÓNS".
Criterios de avaliación: coñecemento de contidos teóricos, capacidade crítica na presentación de ideas, claridade na exposición, coherencia na expresión e correcto uso da lingua.
Dado que esta é unha materia ECTS, o estudantado necesita realizar 150 horas de traballo presencial e autónomo para superala.
MÓDULO 1: 5 semanas
MÓDULO 2: 5 semanas
Sesións restantes reservadas para probas de avaliación e repaso de contidos.
Anímase ao estudantado a participar activamente en clase, a revisar e completar as súas notas, e a traballar en grupo.
A "Guía Docente e Material Didáctico" da materia proporcionará unha información moito máis detallada e estará a disposición do estudantado no Campus Virtual.
Maria Alonso Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- maria.alonso.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D10 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
30.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
30.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |