Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Produtos Financeiros pertence ao bloque de formación de Economía Financeira. A súa presenza nos estudos do Máster en Dirección e Xestión Contable e Financeira responde á necesidade de proporcionar aos estudantes o coñecemento dos instrumentos financeiros que existen actualmente no mercado a disposición da empresa, para levar a cabo unha política eficiente de investimentos e financiamento. En concreto, realizaremos un estudo descritivo de cada produto xunto coa súa análise financeira-fiscal.
1. Produtos Financeiros.
2. Produtos de aforro.
3. Produtos de financiación.
4. Seguros e xestión do risco na empresa.
Bibliografía básica e complementaria
Bodie, Z., Kane, A. y Marcus, A. J. (2004): Principios de Inversiones, McGraw-Hill, 5ª Edición, Madrid.
Brown, R.L., Kopp, S. e Zima, P. (2011): Mathematics of Finance, 7th Edición, McGraw-Hill.
Calvo, A., Parejo, J., Rodríguez, L. y Cuervo, A. (2014). Manual del sistema financiero español, Ed. Ariel Economía y Empresa, 25 edición.
Gómez Martínez, R. (2019) Productos y mercados financieros en España. Guía completa para el asesor financiero, Editorial Dykinson, S.L.
Igual Molina, D (2017) Productos y servicios bancarios, Ed. Profit, Barcelona. PDF lo tengo
López Penabad, M.C., Redondo López, J.A. e Rodríguez Sandiás, A. (2009): La Práctica de las Inversiones Financieras, Andavira editora, Santiago de Compostela.
Martín Marín, J.L.; Trujiillo Ponce (2004): Manual de Mercados Financieros, Thomson.
Martínez Carrasco, R. D. (2011): Productos Financieros Básicos y su cálculo, Ed. ECU.
Meneu, V., Jordá, M. P., Barreira, M. T. (1994): Operaciones financieras en el mercado Español. Ed. Ariel Economía.
Rescalvo Santiago, J. M. (2015) Tributación de operaciones y productos financieros, Editor: Lex Nova.
Ximénez Rodríguez, S., Fernández López, S., Otero González, L., Piñeiro Chousa, J. y Lalinde Roura, I. (2000): Análisis y cálculo de las operaciones financieras”. Tórculo Ediciones.
Consulta a dispoñibilidade da bibliografía no catálogo da BUSC:
http://iacobus.usc.es/search*gag/r?SEARCH=produtos+financeiros
LINKS y páginas web de interés para la asignatura:
Asociación Española da Banca: www.aebanca.es
Autoridad Bancaria Europea; European Banking Authority (EBA): www.eba.europa.eu/
Autoridad Europea de Seguros y Fondos de Pensiones; European Insurance and Occupational Pensions Autoridad Europea de Valores y Mercados; European Securities and Markets Authority (ESMA): www.esma.europa.eu/
Banco Central Europeo: www.ecb.int
Banco de España: www.bde.es
BME Renta Fija/AIAF/: www.aiaf.es
Bolsa de Madrid: www.bolsamadrid.es
Bolsas y Mercados Españoles (BME): www.bolsasymercados.es
Comisión Europea, Internal Markets, Financial Services and Capital: http://ec.europa.eu/internal_market/top_layer/financial_capital/index_e…
Comisión Nacional del Mercado de Valores: www.cnmv.es
Dirección General de Seguros y Planes de Pensiones: www.dgsfp.meh.es
European Central Bank: www.ecb.int
Federación Europea de Bolsas de Valores: www.fese.be/en/
Federación Mundial de Bolsas: www.world-exchanges.org
Instituto Español de Analistas Financieros: www.ieaf.es
Reuters España: www.reuters.es
Sociedad de Bolsas: www.sbolsas.com
Tesoro Público: www.tesoro.es
BÁSICAS e XERAIS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en escenarios novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos baseados en información que, incompleta ou limitada, inclúe reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os últimos coñecementos e razóns que os apoien a audiencias especializadas e non especializadas dunha forma clara e inequívoca
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
G1 - Capacidade para tomar decisións de xestión no contorno financeiro e contable da empresa, ante situacións de incerteza que imitan a realidade, así como para xestionar a información.
G2 - Capacidade para desenvolver e defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos coñecementos adquiridos sobre a realidade financeira e contable da empresa, teorías, modelos e métodos apropiados.
G3 - Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión financeira e contable e solucións propostas, empregando linguaxe verbal e escrita e técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
G4 - Capacidade para o traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades directivas. A toma de decisións implica certos riscos que é imprescindible tomar consciente. Esta toma de decisións require a integración da información proporcionada por persoas con diferentes puntos de vista e información que pode ser diferente ou responder a diferentes obxectivos. O alumno debe ser capaz de integrar estes diferentes puntos de vista, desenvolvendo habilidades sociais para interactuar como membro dun equipo de traballo.
G5 - Capacidade crítica e autocrítica. O alumno debe poder formar os seus propios criterios, integrando os coñecementos adquiridos, para determinar as bases sobre as que basear as súas posicións.
G6 - Capacidade de aprendizaxe autónoma para que o alumno poida seguir actualizándose constantemente nos campos financeiros e contables, nos que xorden continuamente novas teorías e prácticas.
TRANSVERSAIS
T2 - Conocimientos de tecnología de la información relativos al ámbito de estudio.
T3 - Trabajo en equipo
T4 - Sentido ético
T6 - Creatividad y capacidad innovadora
ESPECÍFICAS
E3 - Capacidade para analizar información relevante para comprender as implicacións financeiras dos negocios internacionais.
E4 - Capacidade de integrar a ética na xestión como valor incluído nos códigos de conduta, co obxectivo financeiro da empresa e a capacidade de xerar valor de xeito sostible.
E7 - Capacidade para determinar a adecuación, en termos de rendibilidade e risco, dos activos que se mercan nos mercados financeiros ao perfil do investidor ou para poder establecer puntos de referencia para a valoración de proxectos de investimento empresarial e financiamento.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
O logro destas competencias suporá que os estudantes ao cursar esta materia acaden os seguintes resultados de aprendizaxe:
· Capacidade de analizar diferentes alternativas de investimento.
· Capacidade de analizar diferentes alternativas de financiamento.
. Coñecemento dos produtos dos que dispón a empresa para levar a cabo unha política de investimento, financiamento e xestión de riscos.
· Avaliación dos riscos que afectan á empresa e á súa xestión mediante contratación de seguros.
· Capacidade para modelar diferentes produtos financeiros.
Ao tratarse dun máster, é especialmente importante que os estudantes perciban a aplicabilidade dos seus contidos. Todos os contidos que se explican nos temas irán acompañados de múltiples exemplos e a resolución de casos prácticos, que se realizarán individualmente e tamén en pequenos grupos de traballo. Ademais, unha parte importante da materia será impartida na aula de informática, co correspondente soporte de titoría que permita aos estudantes aprender correctamente mediante unha participación activa. Así mesmo, fomentarase a revisión de fontes bibliográficas que axuden ao alumno a ter unha visión máis ampla e favorezan a profundización de temas que poidan resultar de máis interese.
A aula virtual da USC será o punto de referencia para o desenvolvemento da docencia e o seguimento da materia, a través da páxina do curso que ofrece a programación periódica de clases e material.
O sistema de avaliación será continuo e constará de dous elementos. Un exame teórico-práctico que suporá o 60% da nota final, e o 40% restante, corresponderá a actividades programadas, realización de traballos e casos propostos durante o curso, e titorías. O sistema de avaliación será o mesmo en todas as convocatorias.
Os estudantes aos que se lles conceda unha exención de asistencia a clase (seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a renuncia á asistencia a clase en determinadas circunstancias), serán avaliados cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e o xeito no que se controlarán indicaranse na guía docente da materia que se publicará na aula virtual ao comezo do curso.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tendo en conta o conxunto de actividades que ten que desenvolver o alumnado desta materia ao longo do curso, a súa carga de traballo distribúese segundo detállase a continuación.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA
Clase Expositiva: 18h
Clase Interactiva seminario: 24h
Tutorías: 6h
Outras sesións con profesor. Avaliación 2h
Total horas traballo presencial no aula: 50h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40h
Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos relacionados coa materia: 20h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 8h
Total horas traballo persoal do alumnado: 68 h.
Necesitanse coñecementos básicos de finanzas. Considerase fundamental a asistencia a clase como forma de comprender e asimilar o contido da materia. Recomendase que os alumnos fagan uso das horas de titorías para a resolución de dúbidas ou aclaracións de conceptos. Por outro lado, tendo en conta o papel fundamental que o traballo sobre a folla de cálculo desempeña nesta materia, aconsellase que alumno que non se desenvolva con soltura neste terreo procure mellorar o seu manexo tanto co seu esforzo persoal como facendo uso das horas de titorías.
Martiño Castiñeira Carracedo
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- martino.castineira.carracedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 25 |
30.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |
30.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |
10.07.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |
10.07.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |