Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer a lexislación sanitaria básica.
• Recoñecer os elementos esenciais da profesión de Dietista-Nutricionista, incluíndo os aspectos relacionados coa responsabilidade profesional, o segredo profesional e o respecto aos dereitos dos doentes.
• Compromiso ético, valoración do principio de xustiza aplicado á práctica profesional e respecto ás persoas.
• Desenvolver a profesión con respecto a outros profesionais sanitarios, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
• Capacidade de manter e actualizar a formación e competencia profesional, prestando especial fincapé á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos.
PROGRAMA TEÓRICO
1. Ética: introdución, fundamentación e método. Ética, dereito e deontoloxía profesional.
2. Deontoloxía profesional: concepto, obxectivo, fontes e importancia. Códigos deontolóxicos.
3. Responsabilidade profesional.
4. Bioética: desenvolvemento e principios da bioética. Problemas éticos na asistencia sanitaria.
5. Ética profesional. Secreto profesional. Historia clínica. Consentimento informado.
6. Lei Xeral de Sanidade.
7. Avaliación de tecnoloxías sanitarias.
8. Lexislación sobre seguridade alimentaria.
9. Lei de investigación biomédica.
10. Economía da saúde.
11. Planificación e xestión sanitaria.
12. Calidade asistencial.
PROGRAMA PRÁCTICO
1. Introdución á análise de normas xurídicas: definición, características e estrutura. Manexo de información lexislativa relevante e recursos electrónicos no ámbito alimentario, da dietética e nutrición a través de páxinas web de administracións, organismos e institucións públicas.
2. Emprego de boletíns oficiais e as súas bases de datos lexislativas (DOUE, BOE, DOG) para a procura de lexislación sanitaria comunitaria, estatal e autonómica.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-Aranaz, J.M, Aibar, C., Vitaller, J., Mira, J.J. La gestión sanitaria orientada hacia la calidad y seguridad de los pacientes. Fundación MAPFRE. 2017.
-Aranaz, J.M., Aibar, C., Vitaller, J.; Mira, J.J. Gestión sanitaria. Calidad y seguridad de los pacientes. Fundación MAPFRE y Ediciones Díaz de Santos. 2008.
-Gracia, D. Fundamentos de bioética. Humanidades médicas. Triacastela. Madrid. 2008.
-Gracia, D. Ética en la práctica clínica. Triacastela, 2004.
- Código Deontológico de la profesión de Dietista-Nutricionista (D-N) en España. (https://www.consejodietistasnutricionistas.com/wp-content/uploads/2019/…)
-Estatutos da profesión do dietista nutricionista.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-Antelo, M., Fraga, J.M., Reboredo, J.C. Fundamentos de economía y gestión de la salud. Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. 2011.
-Asenjo, M.A. Gestión diaria del hospital. Masson, S.A. Barcelona. 2006. 3ª edición.
-Cabo Salvador, J. Gestión de la calidad en las organizaciones sanitarias. Ediciones Díaz de Santos. Madrid. 2014.
-Cabo Salvador, J. Gestión sanitaria integral: pública y privada. Ediciones CEF. Madrid. 2010.
-De la Torre Díaz, J. Dignidad humana y bioética. Publicaciones de la Universidad Pontificia de Comillas. Madrid. 2008.
-González Morán, L. De la bioética… al bioderecho. Libertad, vida y muerte. Universidad Pontificia de Comillas y Editorial Dykinson S.L. Madrid. 2006.
-Meneu, R, Ortún Rubio, V. y Rodríguez Artalejo, F. Innovaciones en gestión clínica y sanitaria. Colección Economía de la salud y gestión sanitaria. Masson, S.A. Barcelona. 2005.
-Piédrola Gil, G. Medicina Preventiva y Salud Pública. Elsevier Masson. Barcelona. 2008. 11ª edición.
-Recuerda Girela, M.A. Tratado de derecho alimentario. Editorial Aranzadi, S.A. Pamplona. 2014.
-Rodés Teixidor, J.; Trilla García, A. El futuro de la gestión clínica. Ars Medica. Barcelona. 2009.
-Sánchez González, Miguel Ángel. Bioética en Ciencias de la Salud. Ed. Elsevier. 2021. 2ª edición.
-Smolin, L.A. y Grosvenor, M.B. Nutrition: science and applications. John Wiley & Sons. West Sussex (Reino Unido). 2010. 2ª edición.
-Temes Montes, J.L.; Mengíbar Torres, M. Gestión hospitalaria. McGraw-Hill-Interamericana de España S.A. Madrid. 2011. 5ª edición.
-Carrasco, M.A., Pastor, L.M., Valera, L. 50 años de Bioética. El futuro es hoy. Ed. Tirant Lo Blanch. 2022.
Competencias básicas
CB1: Que os estudantes teñan demostrado poseer e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e maila resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5: Que os estudantes teñan desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias xerais
CG1: Recoñecer os elementos esenciais da profesión del Dietista-Nutricionista, incluindo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social á práctica profesional e desenvolvela con respeto ás persoas, ós seus hábitos, creenzas e culturas.
CG2: Desenvolver a profesión con respeto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
CG3: Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial fincapé á aprendizaxe, de xeito autónomo e continuado, de novos coñecementos, productos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG5: Realizar a comunicación de xeito efectivo, tanto de forma oral coma escrita, coas personas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6: Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
Competencias transversais
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT3: Capacidade para traballar en equipo (incluida en CG2)
CT4: Demostrar compromiso ético (incluida en CG1)
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluida en CG5)
CT6: Capacidade para xestionar a información (incluida en CG6)
CT9: Capacidade para transmitir coñecementos (incluida en CG5)
CT11: Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluida en CG3)
Competencias específicas
CE8 - Coñecer o sistema sanitario español e os aspectos básicos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente os que estean relacionados con aspectos nutricionais.
CE38 - Coñecer a organización hospitalaria e as distintas fases do servizo de alimentación.
CE45: Coñecer os límites legais e éticos da práctica dietética.
CE48: Coñecer as organizacións e os sistemas de saúde nacionais e internacionais, así como as políticas de saúde.
A docencia desta materia impártese mediante:
— Clases expositivas: 16 horas. Nelas o docente desenvolverá o contido do programa teórico reflectido nesta guía, utilizando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, e favorecendo a participación dos estudantes.
— Prácticas: 6 horas, distribuídas en 2 sesións de 3 horas cada unha. Nelas desenvolverase o programa práctico contemplado nesta guía. O contido desta parte práctica vincularase e relacionará coa parte teórica, a fin de que as aprendizaxes e competencias adquíranse e “constrúanse” como un todo integrado. As prácticas serán na sala de informática e traballarase con distintos recursos e fontes de información e bibliográficas. Propoñeranse tarefas e exercicios que os estudantes realizarán de forma individual ou en grupo. O docente orientará sobre as cuestións básicas de cada un dos aspectos para traballar e impulsará, axudará, potenciará e guiará o traballo do estudante. A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia. Non hai dispensa para as prácticas.
— Seminarios: 2 horas. Poderanse expor como dinámicas interactivas a partir de supostos prácticos que susciten a reflexión, a análise crítica e o debate. Poderanse reservar, en todo ou en parte, á exposición dos traballos preparados polos estudantes en grupos ao conxunto da clase. Neste caso, a exposición de cada un dos traballos irá seguida dun tempo de discusión e debate.
— Titorías en grupo: 2 horas. Nelas o docente orientará aos estudantes sobre os aspectos para ter en conta para a realización das distintas tarefas (de estudo, de procura de información, de manexo de recursos, de realización de exercicios, de seminarios,…).
— Titorías individuais: 1 hora. Cada estudante exporá ao docente as súas dúbidas, dificultades, progresos ou calquera outra #cuestión particular relacionada co seu proceso de aprendizaxe da materia.
— Realización de exames e revisión: 1 hora.
— Horas totais presenciais: 28.
Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta de comunicación e soporte á docencia. A entrega de material de traballo para os estudantes por parte dos docentes, a comunicación docente-estudantes, a entrega de exercicios, etc. realizaranse de forma preferente a través do Campus Virtual.
As titorías adicionais (non programadas no horario da materia) realizaranse de forma presencial (no Departamento) ou de forma virtual sincrónica (a través da plataforma institucional TEAMS). En ambos os casos, desenvolveranse no horario oficial publicado polo docente e recoméndase solicitar cita previa por email.
Nesta materia non se concede dispensa total. En base ao Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC, aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa parcial, non terán o deber de asistir ás clases expositivas, pero mantense a obrigación de asistencia ás prácticas.
A avaliación do estudante incluirá unha avaliación continua (que supoñerá un 35% da cualificación final) e un exame final (que terá un valor do 65% da nota final). Para poder superar a materia requírese facer as prácticas e alcanzar unha puntuación mínima no exame final dun 50%.
A avaliación continua farase en base aos traballos e exercicios propostos nas clases prácticas (xa sexan realizados individualmente polos estudantes ou en grupos), ao nivel de aproveitamento (en termos de aprendizaxe) na realización e participación nos seminarios, así como á participación activa e achegas do estudante na aula, nas titorías ou nas actividades desenvolvidas a través da aula virtual.
Do 35% de peso na nota, correspondente á avaliación continua, un 10% obterase de controis das clases expositivas, un 15% obterase polas prácticas, nas que se avalían as seguintes competencias: CB3, CB5, CG3, CG5, CG6, CT1, CT5, CT6, CT11.
O 10% restante obterase da elaboración e exposición dos traballos propostos, que permiten avaliar as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG5, CG6, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6, CT9, CT11 e CE45.
A cualificación obtida polo estudante na parte de avaliación continua conservarase durante dous cursos académicos consecutivos.
O exame final sobre os contidos da materia (65% da cualificación) permite avaliar as competencias CB1, CB2, CG1, CT4, CT9, CE8, CE38, CE45 e CE48.
Soamente aos estudantes que non realizasen nin as prácticas, nin as tarefas correspondentes á avaliación continua, nin o exame final figuraralles nas actas: NON PRESENTADO. De acordo con a Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/o participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
De acordo con o Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC, as faltas, xustificadas ou non, ás clases expositivas non terán ningunha incidencia na avaliación continua, fóra daqueles días nos que se realizan os controis das clases expositivas nas que será necesario xustificar a falta para poder realizar o control nunha data distinta á programada. A asistencia ás prácticas e aos seminarios é obrigatoria. As faltas non xustificadas ás prácticas supoñerán a imposibilidade de superar a materia. As faltas non xustificadas aos seminarios supoñerán unha minoración da nota de avaliación continua (0,05 puntos de minoración na avaliación continua total por cada falta) e perderase a puntuación correspondente a esa actividade. Para as faltas xustificadas nos seminarios, propoñeranse actividades alternativas ao estudantado cun novo prazo de entrega.
O Sistema de Avaliación para aqueles estudantes con dispensa parcial concedida en base ao Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC, será o mesmo que para todos os estudantes, podendo alcanzar o máximo do 10% outorgado a todos os estudantes polos controis expositivos en liña, ou mediante unha proba en liña presencial co exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións (Artigo 16).
RESUMO. CUALIFICACIÓN FINAL: Controis expositivas (10%) + Prácticas (15%) + Seminarios (10%) + Exame final (65%)
A materia consta de 3 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 75 horas, das que 27 horas son presenciais e 48 horas son de traballo do estudante. A distribución detallada do tempo de traballo do estudante é a seguinte:
— Clases expositivas: 16 horas presenciais e 2 horas de traballo por cada hora de clase maxistral (32 horas totais).
— Prácticas: 6 horas presenciais e 3 horas para a realización das tarefas propostas nas sesións presenciais.
— Seminarios: 2 horas presenciais e 2 horas por cada sesión presencial de seminarios (4 horas totais).
— Titorías en grupo: 2 horas.
— Traballos en grupo: 5 horas.
— Traballos individuais: 3 horas.
— Titorías individuais: 1 hora.
— Realización de exames e revisión: 1 hora.
— TOTAL horas de traballo presencial na aula: 27 horas.
— TOTAL horas de estudo e traballo persoal: 48 horas.
— Asistencia a todas as actividades presenciais programadas para a materia.
— Participación activa, construtiva e respectuosa nas clases, seminarios e titorías.
— Preparar e complementar os contidos que se vaian traballando na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada.
— Desenvolver hábitos de procura autónoma de información científica.
— Aproveitar os recursos dispoñibles para o estudante, da biblioteca universitaria.
— Seguir o ritmo de estudo e traballo que se vaia marcando, dunha forma continua.
— Utilizar adecuadamente as titorías para coñecer en detalle as recomendacións do docente e aclarar calquera dúbida que xurda no proceso de aprendizaxe.
— Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.
As horas de titoría dos docentes figuran oficialmente no taboleiro de anuncios do Departamento (Facultade de Veterinaria, Pavillón 2) e na páxina da materia.
Coordinadora: Elena Lendoiro Belío (elena.lendoiro [at] usc.es (elena[dot]lendoiro[at]usc[dot]es))
COMUNICACIÓN POR EMAIL: É obrigatorio o uso da conta de correo institucional por parte do estudante (rai.usc.es).
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar na aula ou durante a realización das prácticas, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos docentes, responsabilizándose o estudante das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
PLAXIO: de acordo con a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións (Artigo 16), o plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame resultará nun suspenso global na materia. Pretender ignorar o que implica un plaxio non eximirá ao estudante da súa responsabilidade.
PROTECCIÓN DE DATOS: Debe cumprirse a normativa (http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html).
EXENCIÓN DE DOCENCIA: Os estudantes que teñan recoñecida a exención de docencia deben poñerse en contacto co coordinador da materia nos primeiros 15 días do curso para establecer as alternativas ás actividades de avaliación continua que desenvolverán o resto dos estudantes de forma presencial. As prácticas non teñen dispensa de docencia. A non asistencia ou a non superación das prácticas impedirá a superación da materia.
Elena Lendoiro Belio
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- elena.lendoiro [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Maria Cobo Golpe
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- m.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | AULA INFORMÁTICA 1 |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | AULA INFORMÁTICA 1 |
15.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
15.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
17.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |