Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 40 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 15 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e reflexionar criticamente sobre os principios éticos que deben guiar o exercicio da profesión veterinaria.
- Coñecer as normas xurídicas que regulan o exercicio profesional do veterinario.
- Coñecer as normas xurídicas que regulan o comercio e utilización de animais e os seus produtos.
- Coñecer as normas xurídicas da experimentación animal.
- Recoñecer os fundamentos da Patoloxía Forense e as implicacións legais da valoración do dano corporal e de determinadas causas de morte en animais.
- Coñecer a lexislación veterinaria relacionada coa alimentación e terapéutica animal.
- Coñecer e valorar as responsabilidades do veterinario en actuacións periciais.
- Resolver e interpretar informes médico-legais no ámbito veterinario.
- Empregar fontes de información adecuadas, en lingua estranxeira e TICs, para a procura, xestión e análise crítico da información.
- Preparar e expoñer un traballo científico de forma autónoma e en equipo.
- Valorar a importancia de manter actualizados os coñecementos sobre lexislación veterinaria e de fundamentar o seu traballo en principios científicos.
A. PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS EXPOSITIVAS
Bloque I.- Ética e Deontoloxía. (3 horas)
1. Ética e deontoloxía profesional. Secreto profesional. Exercicio legal da profesión. 2. Bioética. Desenvolvemento e principios.
3.- Indución da eutanasia en animais: criterios e técnicas.
Bloque II. Dereito veterinario. (5 horas)
4.- Responsabilidade no exercicio profesional veterinario. Responsabilidade civil e penal.
5.- Veterinaria Legal: concepto. Peritaxe: informes periciais.
6.- Identificación e recensión animal.
7.- Intervención veterinaria nos espectáculos. Dopaxe.
8.- Dereito comercial. Vicios redhibitorios.
9.- Protección e benestar animal.
Bloque III. Patoloxía forense. (4 horas)
10.- Tanatoloxía forense. Diagnóstico da morte. Data da morte. Causas da morte.
11.- Patoloxía forense. Características das feridas producidas por arma de fogo, feridas contusas, feridas punzantes, feridas incisas, feridas curto-punzantes e feridas inciso-contusas.
Bloque IV. Lexislación veterinaria. (4 horas)
12.- Lexislación sobre medicamentos veterinarios.
13.- Lexislación sobre seguridade alimentaria. Normativa para alimentos destinados a humanos e para a alimentación animal.
14.- Lexislación sobre o mercado e transporte de animais e os seus produtos. Mercado exterior. Mercado interior: comercio, transporte e movemento pecuario dentro do territorio nacional.
15.- Experimentación animal: Principios xerais, aspectos éticos e legais.
B. PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS PRÁCTICAS:
Ética LB. Métodos alternativos en experimentación animal: técnicas básicas in vivo e in vitro.
Ética OR1.- 1.1. Introdución á análise de normas xurídicas: definición, características e estrutura. 1.2. Uso de fontes lexislativas a través de recursos bibliográficos (bases de datos, libros, revistas) e electrónicos (páxinas web de administracións, organismos e institucións públicas).
Ética OR2.- Utilización de boletíns oficiais e as súas bases de datos lexislativas (DOUE, BOE, DOG) para a procura de lexislación veterinaria europea, estatal e autonómica.
- Código Deontológico para el ejercicio de la profesión veterinaria. Consejo General de Colegios Veterinarios. Madrid. 2018.
- Monterroso Casado, E. Aspectos legales y responsabilidades derivadas de la práctica veterinaria. Ed. Servet. Zaragoza. 2006.
- Jiménez Alonso, JJ; Fernández Álvarez, A. La responsabilidad del veterinario. Ámbito penal y civil. Ed. Amazing books. España. 2018.
- Capó Martí, MA. Veterinaria Legal con Deontología. Ed. Eutesa. Madrid. 1989.
- Merck, M. Veterinaria Forense. Investigaciones sobre crueldad hacia los animales. Ed. Acribia. Zaragoza. 2010.
- Cooper, JE y Cooper, ME. Introducción a la Medicina Forense Veterinaria y Comparada. Ed. Acribia. Zaragoza. 2009.
- Castro, C. Los animales y su Estatuto Jurídico. Protección y Utilización de los Animales en el Derecho. Ed. Aranzadi. 2019.
- De Torres, J. El nuevo Estatuto Jurídico de los Animales en el Derecho Civil. De su Cosificación a su Reconocimiento como Seres Sensibles. Ed. REUS. 1ª ed. 2020.
- Fernández, A. Elementos básicos del maltrato animal. Ed. Amazing Books. 1ª ed. 2019.
- Martínez, J; Moreno, M.A. La Responsabilidad Causada por Animales Sueltos. Ed. BOSCH EDITOR. 1ª ed. 2016.
- Melgar Riol, M.J. Unidade Didáctica 17 “Experimentación Animal: Principios xerais, aspectos éticos e legais”. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2022. usc.gal/publicacions.
- Pardo Caballos A. Ética de la experimentación animal. Directrices legales y éticas contemporáneas. Cuad. Bioét., XVI: 393-417, 2005.
- Pérez García CC, García Partida P, Díez Prieto MI. Principios éticos de la experimentación animal. En Pérez García CC, Partida P, Díez Prieto MI. Introducción a la experimentación y protección animal: 1-9. Serv. Public. Univ. León. León, 1999.
- Soria, M.; Querol, N.; Company, A. Violencia contra los animales. Relevancia en la Investigación Criminal y la delincuencia Violenta. Ed. PIRAMIDE. 1ª ed. 2021.
- Villanueva, E; Gisbert, JA. Medicina Legal y Toxicología. Masson. Barcelona. 2005. 6ª edición.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Alonso, L. Tanatología. Ed. YosYuna. 2ª ed. 2019.
- Amat, P. Derecho de la biotecnología y los transgénicos: especial referencia al sector agrario y alimentario. Tirant lo Blanch. Valencia. 2008.
- Amat, P. Derecho agrario y alimentario español y de la Unión Europea. Tirant lo Blanch. Valencia. 2007.
- Blázquez, N. Bioética y biotanasia. Ed. Visión Libros. Madrid. 2010.
- Buncic, S. Seguridad alimentaria integrada y salud pública veterinaria. Acribia, D.L. Zaragoza 2009.
- Domínguez, J. Inspección ante mortem y post mortem en animales de producción. Patologías y lesiones. Servet diseño y comunicación. Zaragoza. 2011.
- Ducauze, CJ. Fraudes alimentarios: legislación y metodología analítica. Acribia, D.L. Zaragoza. 2006.
- Freshney, RI. Culture of Animal Cells: A manual of basic technique and specialized applications. John Wiley & Sons. West Sussex (Reino Unido). 2016.
- Gallardo, MJ; Cruz, MJ. La responsabilidad jurídico-sanitaria. Ed. La ley. Madrid. 2011.
- Gracia, D. Fundamentos de bioética. Humanidades médicas. Triacastela. Madrid. 2008.
- Huffman, J; Wallace, J. Wildlife forensics: methods and applications. John Wiley & Sons. Reino Unido. 2011.
- Melgar Riol, MJ; Pérez López, M; Cantalapiedra Álvarez, JJ y Camiña García, M. Bienestar animal. Métodos de eutanasia y aturdimiento. Editado por la Consellería de Medio Rural e do Mar de la Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. 2015.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o estudiante adquire coa disciplina:
Competencias Xerais do Título:
GVUSC 01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC 02. Capacidade de análise e síntesis.
GVUSC 03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC 04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC 05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC 06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC 010. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber):
CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do/a veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
Competencias Específicas profesionales (saber facer):
D1VUSC17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas (querer facer), aplicables a todos os perfís:
CEAVUSC 02. Manter un comportamiento ético no exercicio das suas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar á información relacionada coa actividade do/a veterinario/a.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC 01. Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analízala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 06. Utilización de información en lingua extranxeira.
A docencia desta materia impártese mediante:
- Clases expositivas: 16 horas. Nelas o docente desenvolverá o contido do programa teórico, utilizando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, e favorecendo a participación dos estudantes. Esporadicamente o docente poderá realizar preguntas aos estudantes na aula para a súa contestación inmediata.
- Prácticas: LB (G1-G4), OR1 (G1-G4), OR2 (G1-G4): 13 horas. O contido das prácticas complementará o contido teórico e permitirán ao estudante adquirir habilidades e experiencias prácticas. As prácticas serán no laboratorio, LB (1 sesión de 4 horas) e na aula de informática OR1 e OR2 (2 sesións, de 5 e 4 horas) e traballarase con distintos recursos e fontes de información e bibliográficas. Propoñeranse tarefas e exercicios que os estudantes realizarán de forma individual ou en equipo, e deberán entregar resoltos. A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia. Non hai dispensa para as prácticas.
- Prácticas de encerado (PE1, PE2, PE3, PE4): 4 horas. Exposición dos traballos preparados polos estudantes en grupos ao conxunto da clase, e/o resolución de problemas presentados polo docente aos estudantes, seguido dun tempo de discusión e debate. A realización destes traballos é voluntaria, pero a asistencia a estas sesións é obrigatoria.
- Titorías en grupo (T1, T2): 2 horas. Nelas o docente orientará aos estudantes sobre os aspectos para ter en conta para a realización das distintas tarefas (de estudo, de procura de información, de manexo de recursos, de realización de exercicios, preparación das prácticas de encerado…). T2 será impartida na aula seminario do Dpto. É obrigatoria a asistencia á T1 para aqueles estudantes que realizan o traballo voluntario.
Horas totais presenciais: 35 horas.
Realización de exames e revisión: 1 hora.
Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta de comunicación e soporte á docencia. A entrega de material de traballo para os estudantes por parte dos docentes, a comunicación docente-estudantes, a entrega de exercicios, etc. realizaranse de forma preferente a través do Campus Virtual.
As titorías adicionais (non programadas no horario da materia) realizaranse de forma presencial (no Departamento) ou de forma virtual sincrónica (a través da plataforma institucional TEAMS). En ambos os casos, desenvolveranse no horario oficial publicado polo docente e recoméndase solicitar cita previa por email.
Nesta materia non se concede dispensa total. En base ao Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC, aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa parcial, non terán o deber de asistir ás clases expositivas, pero mantense a obrigación de asistencia ás prácticas de laboratorio e prácticas de ordenador, por ser necesaria a asistencia ás mesmas de maneira presencial.
A avaliación do estudante incluirá unha avaliación continua (que supoñerá un 40 % da cualificación final) e un exame final (que terá un valor do 60 % da nota final). Para poder superar a materia requírese que o estudante realizase as prácticas e alcance unha puntuación mínima no exame final dun 50% a efectos de sumar o resto das puntuacións.
A avaliación continua farase en base a: 2 controis das clases expositivas (un á metade e outro ao final), os traballos e exercicios propostos nas clases prácticas (xa sexan realizados individualmente polos estudantes ou en grupos), ao nivel de aproveitamento (en termos de aprendizaxe) na realización e participación nas prácticas de encerado, así como á participación activa e achegas do estudante na aula, nas titorías ou nas actividades desenvolvidas a través da aula virtual.
A cualificación da Avaliación Continua (Controis expositivas, Prácticas e Prácticas de encerado) conservaranse para os cursos seguintes.
CUALIFICACIÓN FINAL: CONTROL EXPOSITIVAS (10%) + PRÁCTICAS (20%) + PRÁCTICAS DE ENCERADO (10%) + EXAME FINAL (60%).
De acordo con o Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC, as faltas, xustificadas ou non, ás clases expositivas non terán ningunha incidencia na avaliación continua, fóra daqueles días nos que se realizan os controis das clases expositivas nas que será necesario xustificar a falta para poder realizar o control nunha data distinta á programada. A asistencia ás clases interactivas (prácticas e prácticas de encerado) é obrigatoria. As faltas non xustificadas ás prácticas supoñerán a imposibilidade de superar a materia. As faltas non xustificadas ás prácticas de encerado supoñerán unha minoración da nota de avaliación continua (0,05 puntos de minoración na avaliación continua total por cada falta). Para as faltas xustificadas nas prácticas de encerado, poderán propoñerse actividades alternativas ao estudantado cun novo prazo de entrega.
O Sistema de Avaliación para aqueles estudantes con dispensa parcial concedida en base ao Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC, será o mesmo que para todos os estudantes, podendo alcanzar o máximo do 10% outorgado a todos os estudantes polos controis expositivos en liña, ou mediante unha proba en liña presencial co exame final.
De acordo con a Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/o participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
RESUMO. Proba final, cunha ponderación do 60% e avaliación continua, cunha ponderación do 40%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións (Artigo 16).
A materia consta de 3 créditos ECTS.
Traballo presencial na aula:
- Clases expositivas: 16 h
- Prácticas de Laboratorio: 4 h
- Prácticas de ordenador: 9 h
- Prácticas de encerado: 4 h
- Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 2 h
- Total horas de traballo presencial: 35 h
O número total de horas de traballo persoal do estudante é de 40 horas. A distribución detallada do tempo de traballo autónomo do estudante é a seguinte:
- Estudo individual: 24 h
- Elaboración da memoria de prácticas: 2 h
- Elaboración de traballos: 8 h
- Resolución de casos/problemas: 2 h
- Presentacións orais: 3 h
- Realización de exames:1 h –
- Total horas de traballo persoal do estudante: 40 horas
- Asistencia a todas as actividades presenciais programadas para a materia.
- Participación activa, construtiva e respectuosa nas clases, prácticas e titorías.
- Desenvolver hábitos de procura autónoma de información científica, e uso da bibliografía recomendada.
- Seguir o ritmo de estudo e traballo que se vaia marcando, dunha forma continua.
- Utilizar adecuadamente as titorías para coñecer en detalle as recomendacións do docente e aclarar calquera dúbida que xurda no proceso de aprendizaxe.
- Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.
Horario de titorías individuais: As horas de titoría dos docentes figuran oficialmente no taboleiro de anuncios do Departamento (Pavillón 2) e na páxina da materia.
Idiomas: castelán e galego
Coordinadora: Elena Lendoiro Belío (elena.lendoiro [at] usc.es (elena[dot]lendoiro[at]usc[dot]es))
COMUNICACIÓN POR EMAIL: É obrigatorio o uso da conta de correo institucional por parte do estudante (rai.usc.es).
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar na aula ou durante a realización das prácticas, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos docentes, responsabilizándose o estudante das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
PLAXIO: de acordo con a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións (Artigo 16), o plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame resultará nun suspenso global na materia. Pretender ignorar o que implica un plaxio non eximirá ao estudante da súa responsabilidade.
PROTECCIÓN DE DATOS: Debe cumprirse a normativa (http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html).
EXENCIÓN DE DOCENCIA: Os estudantes que teñan recoñecida a exención de docencia deben poñerse en contacto co coordinador da materia nos primeiros 15 días do curso para establecer as alternativas ás actividades de avaliación continua que desenvolverán o resto dos estudantes de forma presencial. As prácticas non teñen dispensa de docencia. A non asistencia ou a non superación das prácticas impedirá a superación da materia.
Maria Julia Melgar Riol
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- mj.melgar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Elena Lendoiro Belio
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- elena.lendoiro [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Maria Cobo Golpe
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- m.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 5 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 5 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 5 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 5 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 5 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 5 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 5 |
02.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
02.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
02.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
23.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |