Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Desenvolver a capacidade de reflexión sobre o funcionamento do sistema lingüístico galego desde a súa compoñente sintáctica.
• Avanzar no coñecemento dos conceptos e métodos fundamentais da análise sintáctica do galego.
• Coñecer os tipos de unidades sintácticas e as relacións que estas establecen entre si dentro do enunciado.
• Desenvolver a capacidade de lectura crítica de textos científicos sobre sintaxe.
• Desenvolver a capacidade de elaboración de pequenos traballos sobre a sintaxe do galego, estimulando o criterio argumentativo e a reflexión metalingüística.
• Salientar a importancia dos mecanismos e recursos sintácticos na comunicación verbal, tanto oral como escrita.
1. Introdución ao estudo da sintaxe
1.1. Multiplicidade de modelos teóricos: gramáticas formais e funcionais
1.2. Esbozo de gramática funcional
1.2.1. Predicadores, participantes e predicacións; o marco predicativo
1.2.2. A análise sintáctica: unidades, funcións e estrutura de constituíntes
2. Relacións sintácticas e unidades sintácticas
2.1. Relacións sintácticas: as funcións
2.1.1. Das funcións semánticas ás funcións sintácticas
2.1.2. As funcións informativas: estrutura do Tema e estrutura do Foco
2.2. Unidades sintácticas
2.2.1. A escala de unidades sintácticas: delimitación e tipos
2.2.2. Unidades simples e complexas; a construción coordinativa
2.2.3. Unidades sintácticas e unidades comunicativas: enunciado e oración; os enunciados non-oracionais
3. A oración
3.1. Oracións de predicador verbal e non-verbal; as construcións atributivas
3.2. As relacións funcionais dentro da oración
3.2.1. Procedementos de marcado das relacións funcionais: concordancia, marca de caso (preposicional) e orde de constituíntes
3.2.2. A transitividade preposicional: CD con preposición e CPrep
3.3. Diátese: construcións activas e pasivas. Construcións impersoais. Construcións pronominais
3.4. A oración complexa: oracións completivas, relativas e adverbiais
4. A frase
4.1. A frase como unidade sintáctica: caracterización e tipos
4.2. A Frase Nominal
4.2.1. O Núcleo e a súa determinación: Determinantes e Modificadores
4.2.2. A FN como predicación: FFNN con e sen estrutura argumental. Nominalizacións
4.3. Outros tipos de frase: FV, FAdx, FAdv e FP
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Álvarez, R. / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
- Cidrás, F (2004): "A sintaxe na gramática: problemas de prescrición e problemas de descrición", en R. Álvarez / H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: CCG/ILG, pp. 335-357
- Cidrás, F. (2021): "Syntax", en X. Sousa e E. González Seoane (eds.): Manual of Galician Linguistics. Berlín: De Gruyter (en prensa).
- Duarte, I. / A. Mª. Brito (1996): “Sintaxe”, en I. Hub Faria et alii (org.): Introdução à linguistica geral e portuguesa, Lisboa: Caminho, pp. 247-302.
- Freixeiro Mato, X. R. (2000): Gramática da lingua galega. II. Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.
- García Miguel, J.M. / C. Cabeza (2000): "Sintaxe", en F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais, 542-583.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Bosque, I. / Demonte, V. (dirs.) (1999): Gramática descriptiva de la lengua española. 3 vols. Madrid: Espasa-Calpe.
- Cidrás, F. (2012): “On the concept of syntactic function in a functional grammar”, en Functions of Language 19/2, 147-173.
- Cidrás, F. (2015): “Sobre la categorización de las relaciones gramaticales”, Revista Internacional de Lingüística Iberoamericana, 26, 145-169.
- Croft, W. / D. A. Cruse (2004): Cognitive Linguistics. Cambridge: CUP. Trad. esp. Lingüística cognitiva. Madrid: Akal. 2008.
- Demonte, V. (1991): Teoría sintáctica: de las estructuras a la rección. Madrid: Síntesis.
- Dik, S.C. (1997): The theory of Functional Grammar. Part I: The stucture of the clause. 2ª ed. rev., edit. por K. Hengeveld, Berlin /New York: Mouton de Gruyter.
- García-Miguel, J.M. (1995): Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes. Santiago: USC.
- García-Miguel, J.M. (2007): "Clause Structure and Transitivity", en D. Geeraerts e H. Cuyckens (eds.): The Oxford Handbook of Cognitive Linguistics. Oxford: OUP, 753-781.
- Halliday, M.A.K. (1985): An introduction to functional grammar. London: E. Arnold, 1989 (5ª ed.).
- Heine, B. / H. Narrog (eds.) (2010): The Oxford handbook of linguistic analysis, Oxford: OUP.
- Hernanz, M.L. / J.M. Brucart (1987): La Sintaxis. 1. Principios teóricos. La oración simple. Barcelona: Crítica.
- Jiménez Juliá, T. (1986): Aproximación al estudio de las funciones informativas. Málaga: Agora.
- Mateus, M.H.M. / A.M. Brito / I.S. Duarte / I.H. Faria (2003): Gramática da língua portuguesa, Lisboa: Caminho, 1989 (5ª ed., revista e aumentada).
- Moreno Cabrera, J.C. (1991): Curso universitario de lingüística general. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis general. Madrid: Síntesis.
- Peres, J. Andrade (1984): Elementos para uma gramática nova. Coimbra: Almedina.
- Peres, J. Andrade / T. Móia (1995): Áres críticas do Português. Lisboa: Caminho.
- Raposo, E.P. et al. (eds.) (2013/2020). Gramática do português. Vols. 1 e 2 (2013) Vol. 3 (2020). Lisboa: F. C. Gulbenkian.
- Rojo, G. / T. Jiménez Juliá (1989): Fundamentos del análisis sintáctico funcional. Santiago: USC.
- Solà, J. et al. (dirs.) (2002): Gramática del catalá contemporani. 3 vols. Barcelona: Empúries.
- Tomasello, M. (1998/2003): The new psychology of language. Cognitive and functional approaches to language structure. Vol. 1 (1998). Vol. 2 (2003). Mahwah (NJ): Lawrence Erlbaum.
• Capacidade para realizar, a un nivel intermedio, análises sintácticas e formular hipóteses explicativas de datos lingüísticos novos.
• Capacidade para avaliar criticamente diferentes propostas de análise sintáctica dadas.
• Capacidade para comprender e extraer os obxectivos e as conclusións principais de traballos de investigación sintáctica cun nivel intermedio de dificultade.
• Capacidade para elaborar, a un nivel intermedio, traballos de análise gramatical, correctamente estruturados, formalmente adecuados, coherentes e ben argumentados.
• Competencia comunicativa no rexistro académico, cun uso adecuado do galego, tanto oral como escrito, e unha utilización precisa dos conceptos e da terminoloxía sintáctica.
• Os contidos teóricos da materia desenvolveranse basicamente nas sesións expositivas. Como punto de partida ou como elementos complementarios estableceranse con frecuencia lecturas sobre aspectos concretos dos contidos.
• As sesións de seminario destinaranse esencialmente a traballar de forma aplicada determinados aspectos dos contidos desenvolvidos nas sesións expositivas.
• As horas de titorías en grupo dedicaranse a facer un seguimento do traballo do alumno e da súa marcha no curso.
• Con carácter complementario os alumnos e alumnas deberán realizar diversas actividades para a súa avaliación continua: exercicios, pequenos traballos, comentarios, resolución de casos prácticos... de carácter obrigatorio, que se realizarán de maneira presencial ou non presencial, segundo os casos. As lecturas que se establezan como obrigatorias deberán prepararse en horas non presenciais e no momento en que se determine.
Os alumnos/as gardarán nunha carpeta ou cartafol todos os exercicios e actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, organizado de maneira ordenada. Non se incluirá o material teórico, apuntamentos, lecturas propostas e todo o que non consista en traballo persoal. Esta carpeta do alumno poderá ser requirida polo profesor para a avaliación da materia.
Nesta materia farase uso da docencia virtual. O alumnado deberá por tanto atender a aula do Campus Virtual da USC e o seu correo rai.usc
Atención: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Para a avaliación da adquisición dos contidos e competencias terase en conta:
a) Participación activa na clase, realización das actividades do curso e avaliación continua: 30% da cualificación global.
b) Exame final escrito: 70% da cualificación global.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Na convocatoria de segunda oportunidade rexerán os mesmos criterios que na da primeira, tendo en conta que o 30% da cualificación correspondente a participación, actividades e avaliación continua será a obtida no curso.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
As/os alumnos/as que obteñan a dispensa de asistencia á clase pola Xunta do centro e a acrediten debidamente realizarán o exame escrito previsto no calendario oficial, no que se baseará integramente a súa cualificación, tanto na convocatoria de primeira como na de segunda oportunidade.
De maneira excepcional, as persoas sen dispensa de asistencia que demostren a imposibilidade de asistencia debida a unha coincidencia de horarios por motivo de forza maior e que precisen cursar a materia para completar os estudos de grao no propio ano académico, deberán comunicarllo ao profesor antes de rematar o mes de setembro para estudar a posibilidade de que sexan avaliadas co sistema reservado ao alumnado con dispensa.
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado repetidor que cursase a materia anteriormente de maneira presencial e con avaliación continua poderá optar polo sistema de avaliación xeral ou polo reservado ao alumnado con dispensa de asistencia á clase.
As persoas que opten por este último sistema (só exame) deberán comunicarllo ao profesor antes de rematar o mes de outubro.
As persoas repetidoras que non fosen avaliadas no seu día por avaliación continua (é dicir, tendo en conta a súa participación activa e a realización de actividades de curso) serán avaliadas conforme o sistema xeral (30%+70%), salvo que teñan dispensa de asistencia.
Estímase un total de 150 horas, distribuídas da seguinte maneira:
-Sesións expositivas: 30 hs.
-Sesións de seminario: 15 hs.
-Sesións de titoría: 2 hs.
-Sesións de avaliación: 3 hs.
TOTAL ACTIVIDADE PRESENCIAL: 50 hs.
-Estudo e preparación de actividades: 50 hs.
-Realización de traballos de diverso tipo: 20 hs.
-Lecturas: 15 hs.
-Preparación de exames: 15 hs.
TOTAL ACTIVIDADE NON PRESENCIAL: 100 hs.
Francisco Antonio Cidrás Escáneo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811905
- Correo electrónico
- francisco.cidras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | D04 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | D04 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D03 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D03 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C09 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C09 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D03 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D03 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |