Ir o contido principal

Mostra bibliográfica

‘8 libros, 8 mulleres que cambiaron o mundo’

19.11.2024-29.11.2024 | 08.30h-21.30h

Facultade de Filosofía

A Facultade de Filosofía acolle dende o 19 de novembro a exposición itinerante ‘8 libros 8 mulleres que cambiaron o mundo’, que permanecerá no vestíbulo da Facultade ata o 29 de novembro.

A exposición poderá visitarse ata o 29 de novembro en Filosofía
A exposición poderá visitarse ata o 29 de novembro en Filosofía

A mostra, organizada pola Biblioteca Universitaria, presenta unha selección de obras escritas por mulleres que mudaron o mundo con palabras, obras senlleiras da ecoloxía, a literatura ou a política escrita por mulleres. 

Consta de nove paneis: un introdutorio e outros oito dedicados a unha muller e a súa obra, cun breve fragmento desta. As obras recollidas nos paneis son: Frankenstein ou o moderno Prometeo (1818), de Mary Shelley; A cabana do tío Tom (1851) de Harriet Beecher Stowe; Abaixo as armas (1889) de Bertha Von Suttner; O voto feminino e mais eu (1936) de Clara Campoamor; Matar un reiseñor (1960) de Harper Lee; Primavera silenciosa (1962) de Rachel Carson; Eichmann en Xerusalén (1963) de Hanna Arendt e A mística da feminidade (1963) de Betty Friedan.

En torno á mostra organizouse unha mesa redonda moderada por Guadalupe Jiménez Esquinas e Enrique Latorre Ruiz que terá lugar no salón de actos o xoves 28 de novembro de 17.00 a 19.00 h.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2024.