Ir o contido principal

Visita comentada

A colección XÉNERO na Biblioteca Intercentros

17.03.2025 | 11.00h-12.00h

Sala de Ciencias Sociais (1º andar)
Biblioteca Intercentros de Lugo

A Biblioteca Intercentros de Lugo organiza unha visita comentada aos fondos da súa colección de Xénero encadrada nas actividades polo Día Internacional da Muller Traballadora.

A visita terá lugar ás 11 horas
A visita terá lugar ás 11 horas

En conmemoración do Día da Muller Traballadora, o persoal da Biblioteca Intercentros convida a todas as persoas interesadas a coñecer os fondos da súa colección de Xénero. O punto de encontro será a entrada da biblioteca ás 11.00 horas.

A continuación da visita guiada, ás 12.00h no Salón de Graos de Humanidades impartirase  a charla "Páxinas rebeldes: o poder das librarías feministas e a voz das mulleres" por parte das responsables da libraría "Lila de Lilith" sobre a posta en marcha e xestión dunha libraría feminista. 

Esta actividade está organizada pola Facultade de Humanidades coa colaboración da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, a Facultade de Ciencias, a Facultade de Formación do Profesorado e a Facultade de Veterinaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2025.