Ir o contido principal

Seminario web con inscrición previa

Curso 3. Scopus: busca avanzada

27.11.2024 | 10.00h-11.15h

Elsevier e a FECYT organizan unha serie de formacións online da base de datos Scopus, gratuítas e en español. Nelas daranse a coñecer as últimas actualizacións e novidades da base de datos, así como as funcionalidades deseñadas para as institucións.

Para inscribirse nas sesións é necesario utilizar o correo electrónico institucional
Para inscribirse nas sesións é necesario utilizar o correo electrónico institucional

A formación está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e para inscribirse é necesario utilizar un correo electrónico institucional.

Na terceira sesión realizarase unha introdución á plataforma:

  • Como crear queries de busca coa axuda de operadores booleanos e de proximidade, códigos de campos e caracteres comodín.
  • Como son interpretados caracteres especiais, puntuacións e stop words.

Esta sesión está dispoñible en horario de mañá, de 10 a 11:15 h. , e de tarde, de 15 a 16:15 h.

Podes inscribirte nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.11.2024.