28.11.2024 | 10.00h-11.15h
Elsevier e a FECYT organizan unha serie de formacións online da base de datos Scopus, gratuítas e en español. Nelas daranse a coñecer as últimas actualizacións e novidades da base de datos, así como as funcionalidades deseñadas para as institucións.
A formación está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e para inscribirse é necesario utilizar un correo electrónico institucional.
Nesta sesión trataranse os seguintes temas:
- Como atopar o perfil de autores e coautorías
- Scopus ID; ORCID; Author Wizard
- Creación de alertas de autores
- Busca por afiliación: perfís institucionais
- Métricas de autor e organizacións
Esta sesión está dispoñible en horario de mañá, de 10 a 11:15 h. , e de tarde, de 15 a 16:15 h.
Podes inscribirte nesta ligazón.