22.09.2025-30.09.2025 | 08.30h-21.30h
Con motivo do Día Europeo das Linguas o 26 de setembro, a biblioteca de Filoloxía organiza unha pequena mostra de obras de poemas sobre a natureza nas distintas linguas que se estudian na Facultade e un pequeno recital multilingüe.

No recital poético, o día 26 a partir das 10.00 h, leranse poemas de escolla libre dunha extensión de 100-150 palabras por lingua. A idea é ler en voz alta un texto significativo para cada persoa e dálo a coñecer aos demais.