Ir o contido principal

Mostra bibliográfica

"Economía con nome de muller: escolma para o 8 de marzo"

05.03.2025-14.03.2025 | 08.30h-21.30h

Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais expón nunha mostra bibliográfica algunhas obras de temática económica publicadas por mulleres senlleiras neste eido.

A Biblioteca da Facultade de Económicas organiza a mostra Economía con nome de muller
A Biblioteca da Facultade de Económicas organiza a mostra Economía con nome de muller

En conmemoración do Día da Muller de 2025, a Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais presenta a mostra bibliográfica "Economía con nome de muller : escolma para o 8 de marzo". Nela expóñense algunhas das obras máis destacadas de mulleres pensadoras no campo da economía. As obras expostas dan pe a que as persoas que se acheguen a visitar a mostra poidan resolver un pequeno encrucillado, tanto en liña como en papel. Entre as persoas que descubran a palabra oculta no encrucillado e a envíen a un formulario web, a biblioteca sorteará o vindeiro día 17 de marzo un pequeno agasallo.

A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 14 de marzo.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2025.