Ir o contido principal

Mostra bio-bibliográfica

"Kip S. Thorne. Buratos negros, evolución estelar e ondas gravitacionais: mostra bio-bibliográfica"

28.04.2025-16.05.2025 | 08.30h-21.30h

Biblioteca de Física. Sala de lectura

A Biblioteca de Física  presenta unha mostra bio-bibliográfica sobre a figura do científico estadounidense Kip S. Thorne, Premio Nobel de Física 2017, co gallo da súa visita á facultade no vindeiro mes de maio.

A mostra poderá visitarse do 28 de abril ao 16 de maio
A mostra poderá visitarse do 28 de abril ao 16 de maio

Con motivo da vindeira visita de Kip S. Thorne á Facultade de Física, entre os días 6 e 12 de maio de 2025, a biblioteca do centro quere sumarse ao evento organizando unha exposición sobre a vida e obra do investigador de Utah, galardoado co Premio Nobel de Física en 2017 xunto aos seus colegas estadounidenses Barry Barish e Rainer Weiss. Na mostra realizarase un percorrido pola súa biografía, actividade investigadora, premios acadados e academias e institucións nas que participa.

Poderá visitarse na sala de lectura da biblioteca do 28 de abril ao 16 de maio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2025.