Ir o contido principal

Seminario web con inscrición previa

As métricas nos perfís de investigadores de Web of Science (nivel avanzado)

12.06.2025 | 14.00h-15.00h

Web of Science crea automaticamente un perfil de investigador para cada autor que publica nunha revista da Colección Principal. Este perfil inclúe información como as súas publicacións, afiliacións e revisións por pares realizadas. Cada investigador pode validar o seu contido e os indicadores bibliométricos asociados.

Xa está aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de xuño
Xa está aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de xuño

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas.  As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión son:

  • As publicacións, as métricas asociadas e opcións de exportación
  • Interpretar as métricas normalizadas do beamplot de impacto do autor
  • Analizar publicacións e documentos citantes para obter unha visión panorámica

Apúntate ao webinar picando neste enlace.

As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2025.