Ir o contido principal

Mostra bibliográfica

"Mulleres e arte: de obxecto a suxeito"

10.03.2025-17.03.2025 | 08.30h-21.30h

Biblioteca Intercentros de Lugo.
Vestíbulo de entrada

A Biblioteca Intercentros de Lugo presenta unha mostra bibliográfica sobre mulleres e arte, no que se recolle unha pequena escolma de obras ligadas ao feminismo, mulleres artistas e o rol da muller na arte.

A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 17 de marzo
A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 17 de marzo

Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, a Biblioteca Intercentros de Lugo presenta a mostra bibliográfica "Muller e Arte: de obxecto a suxeito". Localizada no vestíbulo de entrada da biblioteca, recolle unha pequena selección de obras dedicadas ás mulleres artistas pero tamén á reflexión dende o feminismo do papel da muller na arte. As obras pódense consultar en sala ou levar en préstamo a domicilio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2025.