Ir o contido principal

Mostra bibliográfica

"Pon as gafas lilas para ler"

08.03.2025-30.03.2025 | 08.30h-21.30h

Biblioteca da Facultade de Formación de Profesorado (Lugo)

A Biblioteca da Facultade de Formación de Profesorado en Lugo organiza "Pon as gafas lilas para ler!", onde se presentan unha escolma de títulos que comprenden feminismo, diversidade e igualdade e identidade ou monografías sobre mulleres senlleiras sen perder de vista o adxectivo "traballadora" como parte da reivindicación do 8 de marzo.

A mostra comprende unha  escolma de títulos relacionados feminismo, diversidade, igualdade e identidade
A mostra comprende unha escolma de títulos relacionados feminismo, diversidade, igualdade e identidade

Os fondos levan cadanseu unha pequena tarxeta  co logo da exposición (gafas lila) cunha mínima curación de contidos aludindo ao argumento, o valor do libro escollido ou relación con outros. Incorporamos tamén un código QR onde se pode descargar a listaxe de toda a nosa signatura MULL. e a incorporación dun puntiño lila en todos os fondos sobre feminismo e mulleres.  O obxectivo da mostra é que tento alumnado como PDI poidan coñecer mellor os fondos que xa ten a biblioteca da Facultade, polo que non están excluídos de préstamo.

Detalle da mostra "Pon as gafas lilas para ler!"
Detalle da mostra "Pon as gafas lilas para ler!"
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2025.