Ir o contido principal

Seminario web con inscrición previa

Primeiros pasos con Journal Citation Reports (nivel básico)

02.04.2025 | 14.00h-15.00h

A FECYT e Clarivate organizan o I Ciclo de Formación Online de 2025 da base de datos Web of Science, co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos.

Xa está aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de abril
Xa está aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de abril

Esta formación, impartida durante o primeiro semestre de 2025 (xaneiro-xuño), está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e consta de tres sesións por mes de 60 minutos de duración.

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas.  As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión serán:

  • As revistas da Core Collection
  • Ler o perfil dunha revista
  • Buscar e comparar revistas

Apúntate ao webinar picando neste enlace.

As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2025.