03.06.2025 | 16.00h-17.00h
A editorial Wiley organiza varios seminarios para dar a coñecer as claves da produción editorial entre bibliotecarios e investigadores. Teñen unha duración aproximada de 45-60 minutos

Os temas que se tratarán nesta formación serán os seguintes:
• Como entregar o teu manuscrito ás revistas de Wiley
• A importancia de publicar
• En que consiste o proceso de publicación e que esperar en cada paso
• Consellos á hora de escribir o manuscrito
A formación pode realizarse en dúas datas: o martes 3 de xuño e o mércores 25 de xuño, de 16 a 17 horas.
Podes inscribirte aquí.