Ir o contido principal

Aberto o prazo de matrícula para os cursos de Competencias en Información para alumnado de grao

O prazo para inscribirse no curso básico remata o 15 de outubro
O prazo para inscribirse no curso básico remata o 15 de outubro
O alumnado poderá inscribirse no curso básico entre o 1 e o 15 de outubro. A partir do día 14 e ata o 27 de outubro abrirase o prazo para a matrícula do curso avanzado.

Desde hoxe e ata o día 15 de outubro está aberta a matrícula para o curso básico de Competencias en Información ofertado pola BUSC. Para o estudantado dos últimos cursos do grao, a BUSC contempla o curso de nivel avanzado, cuxo prazo de matrícula na primeira edición vai desde o 14 ata o 27 de outubro.

A matrícula para estes cursos realízase a través da Secretaría Virtual da USC en “Actividades cursos e probas" » "Oferta" » “Cursos de Competencias en Información (CCI)” (máis información ao final da páxina). A superación do curso permite obter 1 crédito ECTS e a BUSC emitirá un diploma acreditativo da superación deste curso, que será enviado por correo electrónico ao alumnado logo de que finalice a actividade.

Haberá, ademais, unha segunda edición, na que o prazo de matrícula comezará o 28 de xaneiro e rematará o 11 de febreiro para o básico, e do 19 de febreiro ata o 5 de marzo para o avanzado.

Para coñecer os obxectivos, contidos e metodoloxía de avaliación dos cursos, consulta as guías de Curso Básico de Formación en Competencias en Información e o Curso Avanzado de formación en Competencias en Información.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2024.