Ir o contido principal

Aberto o prazo de matrícula para os cursos de competencias en información do segundo semestre

Imaxe: Unsplash
Imaxe: Unsplash
A matrícula realízase a través da Secretaría Virtual da USC dentro dos prazos establecidos para cada curso, normalmente un por titulación, pero algúns agrúpanse por áreas, polo que o alumnado deberá estar ben atento ao curso que lle corresponda. A USC recoñece tanto o curso de nivel básico como o avanzado con 1 crédito ECTS.

O prazo de matrícula para a realización dos cursos de competencias en información (CI), tanto básico como avanzado, xa está aberto para este segundo semestre. A matrícula realizarase a través da Secretaría Virtual escollendo o nivel e a área de coñecemento á que pertenza a titulación que curse o alumnado.
A formación en CI, desénvolvese de xeito virtual a través do Campus Virtual da USC, baseado na plataforma Moodle, e ten recoñecido, en caso de superarse, un crédito ECTS para cada nivel.
 

Como matricularse nos cursos
O proceso de matrícula realízase desde a Secretaría Virtual. Unha vez dentro, debes ir ao apartado Actividades, Cursos e Probas e picar en Oferta.

O seguinte paso será seleccionar entre a oferta dispoñible, os Cursos de Competencias en Información (CCI).

Deberás elexir o nivel do curso (básico ou avanzado) e a área de coñecemento á que pertence a túa titulación. Por último, preme en Matricularse.

No exemplo seleccionouse a área de Ciencias Sociais e Xurídicas.

A aula do curso CI aparecerá no teu Campus Virtual unha vez comece o prazo de desenvolvemento do curso​ (non no momento da matrícula). Lembra revisar o teu correo da USC, xa que nel recibirás a información relativa aos cursos.

Se tes algunha dúbida en relación ao contido dos cursos ou ao proceso de matriculación non dubides en contactar co persoal da biblioteca do teu centro. Tamén podes consultar as guías da BUSC en relación ás  CI.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2024.